12/01/2008

PERMISOS E LICENZAS dende o 1/01/08

PERMISOS TENDO EN CONTA A LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO, DA FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA, A LEI 7/2007, DO 12 DE ABRIL, DO ESTATUTO BASICO DO EMPREGADO PUBLICO E A LEI 7/2004, DO 16 DE XULLO, PARA A IGUALDADE DE MULLERES E HOMES, MODIFICADA POLA LEI 2/2007, DO 28 DE MARZO, DO TRABALLO EN IGUALDADE DAS MULLERES EN GALICIA.

MOTIVO DURACIÓN
Permiso por parto.
16 semanas ininterrompidas (6 delas deberán ser disfrutadas pola nai no periodo inmediatamente posterior ao parto).

Permiso por parto no suposto de discapacidade do fillo.
16 semanas ininterrompidas máis 2 semanas máis.

Permiso por parto no suposto de parto múltiple.
16 semanas ininterrompidas máis dous semanas máis por cada fillo a partir do 2º.

Permiso por parto en caso de falecemento da nai 16 semanas ininterrompidas.
O outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou de se-lo caso, da parte que reste do permiso.

Permiso por parto prematuro e aqueles que por calquera outra causa o neonato deba permanecer hospitalizado a continuación do parto.

Ampliarase en tantos dias como o neonato estea hospitalizado ata una máximo de 13 semanas adicionais.

Permiso por adopción ou acollemento.

16 semanas ininterrompidas a elección do funcionario/a a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. En ningún caso un mesmo menor pode dar dereito a varios períodos de disfrute deste permiso.

Permiso por adopción ou acollemento no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido.
16 semanas ininterrompidas máis 2 semanas máis.

Permiso por adopción ou acollemento no suposto de adopción ou acollemento múltiple.
16 semanas ininterrompidas mais dous semanas máis por cada fillo a partir do 2º.

Permiso por adopción ou acollemento internacional.
16 semanas ininterrompidas. Se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido, poderá iniciarse o permiso ata 4 semanas antes da resolución xudicial, pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

Permiso retribuído por adopción ou acollemento internacional se fose necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado ou acollido.

2 meses, percibindo exclusivamente as retribucións básicas.
Poderá disfrutarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os dous meses de duración máxima.


Permiso de paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo/a.
15 días naturais a disfrutar polo pai ou polo outro proxenitor, a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial, pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, adopción ou acollemento múltiples: 20 días naturais.

Permiso de lactación por fillo menor de 12 meses

Ausencia de 1 hora diaria do traballo.Poderá sustituirse por unha reducción da xornada normal en ½ hora ao inicio e ao final da xornada,ou nunha hora ao inicio ou ao final da xornada. Poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores no caso de que ambos traballen. Incrementarase proporcionalmente en caso de parto múltiple.

Permiso sustitutivo: poderá sustituirse o tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente (4 semanas ininterrompidas), ou ben por crédito horario (150 horas).Pódese aproveitar en calquera momento despois do desfrute do permiso de maternidade. Incrementarase proporcionalmente en caso de parto múltiple.
Requisitos da solicitude: o dereito de opción do permiso por lactancia dun fillo menor de doce meses, deberá exercerse antes da conclusión da baixa por maternidade. Unha vez se opte por unha das modalidades deste permiso, ben o desfrute fraccionado, crédito horario ou a acumulación en xornadas completas, dita opción deberá manterse ata o seu remate.

Ausencia por nacemento de fillo prematuro ou que por calquera outra causa deba permanecer hospitalizado a continuación do parto.
2 horas diarias como máximo, percibindo as retribucións íntegras.

Permiso retribuído para asistir a tratamentos de fecundación asistida.
Tempo necesario con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada, sempre que se faga en centros do ámbito do Sistema Nacional de Saúde.
Se fose necesario o desprazamento o permiso será de 2 días, sempre que se pernocte fóra do domicilio habitual.

Ausencia para exames prenatais e técnicas de preparación ao parto.
Tempo necesario previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. Disfrute por funcionarias embarazadas.

Permiso retribuído a favor de funcionarios/as para acompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida.
Tempo necesario con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada, sempre que se faga en centros do ámbito do Sistema Nacional de Saúde.
Se fose necesario o desprazamento o permiso será de 2 días, sempre que se pernocte fóra do domicilio habitual.

Permiso retribuído a favor de funcionarios/as para acompañar o seu cónxuxe o parella en análoga relación de afectividade a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto.
Tempo necesario previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do 1º grao de consaguinidade ou afinidade na mesma localidade.
3 días hábiles

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do 1º grao de consaguinidade ou afinidade en distinta localidade.
5 días hábiles

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do 2º grao de consaguinidade ou afinidade na mesma localidade.
2 días hábiles

Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do 2º grao de consaguinidade ou afinidade en distinta localidade.
4 días hábiles

Permiso retribuído por accidente ou enfermidade moi graves de fillos/as, acollidos/as ou conviventes menores de idade, ou familiares que polas súas enfermidades ou pola súa avanzada idade necesiten asistencia doutras persoas.

30 días naturais

Reducción de xornada para coidar a un familiar de 1º grao, por razóns de enfermidade moi grave.

Ata o 50% con carácter retribuído e opr un prazo máximo de 1 mes.

Reducción de xornada con diminución proporcional de retribucións para o coidado directo dun menor de 12 anos, persoa maior que requira especial dedicación ou persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída.
Reducción de 1/3 ou 1/2 da xornada.

Reducción de xornada con diminución proporcional de retribucións para o coidado directo dun familiar ata o 2º grao de consaguinidade ou afinidade que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.
Reducción de 1/3 ou 1/2 da xornada.


Permiso para asuntos persoais sen xustificación.
9 días
Ademais 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio, incrementándose 1 día adicional por cada trienio cumprido a partir do 8º. O dereito ao seu desfrute nace a partir do día seguinte do cumprimento do trienio.

Permiso para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.
Tempo indispensable

Permiso por traslado de domicilio sen cambio de residencia.
1 día

Permiso para realizar funcións sindicais, de formación sindical, ou de representación do persoal.
Nos termos legalmente establecidos.
Permiso para concurrir a exames finais e demáis probas de aptitude. Os días da súa celebración.


Ausencias do posto de traballo do persoal por razón de violencia de xénero. As ausencias e faltas de asistencia totais ou parciais terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou saúde segundo o proceda. Terán dereito á reducción da xornada coa diminución proporcional da retribución ou a reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables.

Licenza por matrimonio.
15 dias naturais ininterrumpidos.


Licenza por asuntos propios sin retribuir.
Ata 3 meses cada 2 anos

Licenza por estudios sobre materias relacionadas coa Administración Pública.
Sen determinar
(previo informe favorable do superior xerárquico), percibindo as retribucións básicas e o complemento familiar.

Nenhum comentário: