02/07/2009

Pleno extraordinario 2/07/09

Tralo pleno extraordinario celebrado hoxe 2 de Xullo, nomeouse por acordo maioritario en funcións de presidenta a Celia Iglesias Franco, e en funcións de secretario a Jaime Grande Freire, pendente da elección definitiva no próximo pleno extraordinario.

Comunicar tamén que esta será a última entrada desta páxina, trala renuncia de Felipe García como administrador da mesma, e non ter continuidade por parte de ningún membro da xunta de persoal.

Agradecer a tódolos que fixeron posible esta páxina coa súa participación.

01/07/2009

Dimisión Presidente e Secretario Xunta de Persoal

O pasado martes 30 de xuño, o Presidente e o Secretario da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés presentaron a súa dimisión na Asemblea de Traballadores/as convocada en esa data pola UXT.

A dimisión como Presidente e Secretario, non implica que as persoas que ata o de agora ocupaban ditos cargos (Rafael Martínez Almeida e Felipe García Calvo) cesen a súa actividade dentro da Xunta de Persoal.

A designación dos postos, que trala dimisión figuran vacantes, dirimirase no próximo pleno da Xunta de Persoal.