28/02/2009

Prensa 28/02/09

Faro de Vigo

El comité del Hospital pide la consolidación de los contratos laborales temporales

En la actualidad figuran un centenar de trabajadores eventuales



M.G. - VILAGARCÍA El comité de empresa del Hospital Comarcal do Salnés demanda de la dirección del centro la consolidación de los empleos que en 2008 se llevaron a cabo mediante contratos eventuales.

Enlace a noticia completa premendo eiquí

27/02/2009

Prensa 27/02/09

La Voz de Galicia

O Sergas investiga a médicos en folga que atenden na privada
A Administración fala de 45 operacións canceladas, e os convocantes, de quirófanos paralizados


Autor:
Ángel Paniagua ? / ? E. Álvarez
Data de publicación:
27/2/2009

O Servizo Galego de Saúde detectou que hai facultativos que aproveitan as súas horas de folga na sanidade pública para atender consultas privadas. Preguntado respecto diso, o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez Escudero , explicou a La Voz que recibiron queixas de pacientes de diferentes centros sanitarios que denuncian ser atendidos en consultas privadas por médicos que están en folga na pública. Segundo as protestas, eses médicos atenden na privada á mesma hora en que din estar facendo folga na pública. Ata sucede en centros concertados, é dicir, os que reciben financiamento da Xunta

Enlace a noticia completa premendo eiquí

26/02/2009

Prensa 26/02/09

La VOz de Galicia

O paro médico obrigou a suspender medio centenar de operacións
Usuarios xa preparados para baixar ao quirófano tiveron que regresar á habitación ao estar o cirurxián en folga

Os facultativos manterán ata mañá, venres, a protesta, que onte tivo unha incidencia desigual


Enlace a noticia completa premendo eiqui

Convocatoria OPE 2008/2009

Publícase hoxe a convocatoria da OPE.

Prazo de presentación solicitudes ata o 31 de marzo de 2009.

Consulta a resolución no DOG premendo eiquí

Accede a páxina sergas premendo eiqui

25/02/2009

Prensa 25/02/2009

La Voz de Galicia

A comarca disporá dun hospital de día a partir de marzo
O centro de Rubiáns habilita un área para tratamentos intravenosos e transfusións


Enlace a noticia completa premendo eiquí

Sancionan con 25.000 euros ao hospital pola denuncia dunha doutora
A oftalmóloga foi apartada do quirófano despois de que dous pacientes sufrisen infeccións


Enlace a noticia completa premendo eiqui

Diario de Arousa

Confirman una sanción de 25.000 euros al Hospital por suspender a una oftalmóloga

REDACCIÓN > VILAGARCÍA


Esta profesional denunció la falta de material adecuado en quirófano.
La Dirección Xeral de Relacións Laborais confirmó la imposición de una sanción a la actualmente extinta Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés por un importe de 25.001 euros. La infracción corresponde a la suspensión por parte de la dirección de una oftalmóloga.

La dirección del centro había adoptado esa medida después de que la trabajadora hubiera denunciado en la comisión interna del Hospital las condiciones en las que desarrollaba su trabajo, especialmente en lo que correspondía a la “falta de material adecuado para las intervenciones quirúrgicas” y al hecho de tener que compartir quirófano con las urgencias.
Esta profesional y un compañero, que después fue despedido, presentaron por registro un escrito en el que ponían de manifiesto este tipo de situaciones, haciendo especial incidencia en “lo inadecuado de operar en un quirófano compartido con las intervenciones quirúrgicas de urgencias”. Entonces, desde los sindicatos hicieron constar incluso que se habían registrado varias infecciones en personas operadas en este quirófano compartido y el Hospital do Salnés realizó lo propio para garantizar que las instalaciones eran seguras.

Sin embargo, la Xunta levantó un acta de infracción y ya en abril del año pasado indicaba que “se concluye que la decisión de la gerencia sobre la que se centra el contenido de la actuación inspectora, se adoptó vulnerando el principio general de buena fe y sin tener en cuenta en su adopción la consideración debida a la dignidad de la trabajadora”. Además, en el documento de la Consellería de Traballo se tipifica esta situación como “muy grave”.

Posterior a esta acta de infracción es la decisión de la Consellería de Sanidade de trasladar al Hospital do Salnés la obligatoriedad del “levantamento da suspensión da actividade cirúrxica da interesada, con notificación formal a esta, e promover todas aquelas medidas que sexan necesarias para repoñer, se fora o caso, á facultativa na situación anterior á dita suspensión, con consideración debida a súa dignidade laboral”.

Finalmente, la Dirección Xeral de Relacións Laborais de la Xunta de Galicia confirma, finalmente, la imposición de la sanción por 25.001 euros a la actualmente extinta Fundación Hospital Comarcal do Salnés.

Esta resolución tiene como fecha el 15 de enero de este año y contra ella cabe formular un recurso de alzada que el interesado de interponer en un plazo máximo de un mes después de recibir la notificación correspondiente. En caso de que el Hospital do Salnés no opte por esta vía, deberá abonar la sanción impuesta y que pondrá fin a una situación que llevó incluso a que la facultativa sufriera una crisis de ansiedad, teniendo que ser atendida por médicos de urgencias.

El Sergas autoriza el Hospital de Día en O Salnés y el servicio abrirá el 9 de marzo

REDACCIÓN > VILAGARCÍA


El Hospital de Día se ubicará en la planta baja del centro sanitario.
O Salnés contará a partir del 9 de marzo con un Hospital de Día con el que mejorarán la calidad de vida de los pacientes. En este espacio administrarán tratamientos por vía intravenosa, así como permitirá realizar autotransfusiones.

El Servizo Galego de Saúde autorizó este nuevo servicio en el Hospital do Salnés y estará situado en la planta baja del centro, en un lugar cómodo y accesible para los usuarios porque se encuentra en la zona de consultas que hay en la entrada del Hospital.
El 9 de marzo echará a andar este nuevo servicio que ofrecerá numerosas ventajas para los usuarios de esta área sanitaria. El Hospital de Día permitirá tratar a pacientes con diferentes patologías sin necesidad de hospitalización, lo que aportará una mayor comodidad al mismo tiempo que permitirá liberar camas para otros pacientes que sí necesitan estar ingresados en el centro.

Durante estos días se están realizando las obras de acondicionamiento de un espacio en el que se administrarán tratamientos intravenosos a los pacientes. Es el caso de las personas que necesiten quimioterapia, aunque este servicio tardará unas semanas en ponerse en marcha. En un principio, esta nueva sala implantará tratamientos menos complejos, como es la administración de hierro intravenoso a las embarazadas que tengan carencia de este mineral.

Otra de las ventajas que reportará este nuevo servicio del Hospital do Salnés será que permitirá realizar autotransfusiones. Así, podrán extraer sangre a una persona que tenga programada una cirugía evitando complicaciones durante el proceso o incluso retrasos en la operación debido a una falta de reservas cuando llegue el momento.

Este servicio será un avance importante para los pacientes que tengan programadas operaciones de Traumatología, en las que es frecuente contar con un importante número de unidades de sangre. Este servicio se podrá aplicar a otras muchas especialidades y pacientes evitando así riesgos de transmisión de enfermedades infecciosas y de aloimnuización, así como las reacciones transfusionales.

La sala destinada al Hospital de Día dará cabida a cuatro pacientes de forma simultánea y estará supervisada por una enfermera especializada en este puesto. Los usuarios serán citados en función de sus dolencias, de forma que habrá días y horas diferentes para cada tipo de tratamiento.

Acondicionar esta nueva sala costará 12.000 euros y la dotación anual de este servicio rondará los 50.000.

24/02/2009

Prensa 24/02/09

La Voz de Galicia

Tres sanitarios de urxencias foron agredidos nas últimas semanas
O coordinador recorda que estas prácticas, ademais de ser un delito, deterioran a sanidade pública

A saturación do servizo provocou un aumento nas ameazas aos traballadores do Hospital do Salnés

Enlace a noticia completa premendo eiquí

13/02/2009

OPE 2008 categorías non facultativas

Publícase hoxe no DOG a oferta de emprego para as categorías non facultativas da OPE 2008.


Consulta o DOG premendo eiquí

12/02/2009

Prensa 12/02/09

Fonte Diario de Arousa 12/02/09

A terceira planta do Hospital estará rematada en abril e a segunda fase licitarase “nos vindeiros días”

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

A primeira fase da ampliación rematará en abril e a segunda sairá a licitación en breve.
A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, confirmou onte que a segunda fase dos traballos de ampliación do Hospital do Salnés sairán a licitación “nos vindeiros días”, incluso antes do remate da terceira planta, prevista para mediados de abril. Desta forma, a conselleira deixou patente o seu compromiso coa mellora sanitaria na comarca, logo de ter revertido a Fundación e integrado o centro sanitario no Servizo Galego de Saúde. A ampliación non será máis que a confirmación dunha búsqueda de espazos necesarios para mellorar a calidade asistencial para á área sanitaria, o que xa levou ao centro a mellorar as súas instalacións, como a dotación de sete novas consultas no soto no pasado mes de outubro.

A Consellería de Sanidade está disposta a non acumular máis retrasos na demandada ampliación do Hospital do Salnés e por este motivo onte a titular deste departamento autonómico, María José Rubio Vidal, confirmou que nos “vindeiros días” sairá a licitación a segunda fase, incluso antes de ter rematada a primeira, posto que as obras da terceira planta deberán estar listas a mediados do mes de abril.
A segunda fase, explicou a conselleira, inclúe a construcción dun novo edificio que contempla as urxencias, consultas externas, a hemodiálise e os gabinetes de exploración. Será na terceira fase cando se acometa a reforma do inmoble actual e de zonas como a do bloque obstétrico, rehabilitación e incluso ampliación de servizos como a Hospitalización a Domicilio (HADO).

A ampliación do Hospital do Salnés non será máis que o incremento de posibilidades ao crecemento que o Hospital está a buscar incluso dentro das súas infraestructuras actuais. Hai que lembrar que recentemente, no pasado mes de outubro, comezaron a funcionar no soto sete novas consultas. Catro son de Xinecoloxía, unha de Pediatría e dúas de Anestesia.

Este novo espazo, indican dende a Consellería, ocupa arredor de 400 metros cadrados e permite aumentar nun 50% a capacidade de atención en Xinecoloxía ao tempo que se fai máis cómodo o traballo dos profesionais e a estancia das pacientes, posto que agora as consultas e os espazos de espera son máis amplos que con anterioridade.

Son os novos espazos que precisa o Hospital e que se crearán a través da ampliación. O principal, e o que máis necesita na actualidade o centro sanitario, é precisamente esa terceira planta, posto que permitirá facer frente a todos os ingresos hospitalarios que se produzan, evitando os colapsos que en ocasións se rexistran en Urxencias por mor de non ter camas disponibles para ubicar aos pacientes que precisan de estancia.


Fonte: La Voz de Galicia

Sanidade calcula investir 4 millóns no macroambulatorio de Vilagarcía
María José Louro e Javier Gago sentaron ante Dolores García as bases para a cesión da antiga Comandancia


Enlace a noticia completa premendo eiqui

11/02/2009

Actas XXVIII, XXIX

Publicase a continuación as ACTA XXVIII, XIX do pleno da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés trala súa aprobación no pleno ordinario do comité de empresa do Hospital Salnés, celebrado hoxe día 11 no que se trataron ademais os seguintes puntos:

1-Lectura e aprobración, se procede, das acta: XXVII, XXVIII, XXIX
2-Recoñecemento de antiguidade e atrasos estatutarización.
3-Seguridade nas pertenzas e enseres dos traballadores do centro.
4-Preparación reunión con xerencia.
5-Rogos e preguntas.



ACTA XXVIII, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Felipe García Calvo (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)


Convócase comisión permanente do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 28/10/08, ás 12:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Proposta formación ano 2009 Hospital do Salnés. Valoración cursos solicitados pola Dirección de Enfermaría. AFCAP 2009. 60 horas para o Hospital do Salnés

II. Despedimento de traballadores da empresa subcontratada para o servizo de Cociña e Restauración do Hospital.










I.-Proposta formación ano 2009 Hospital do Salnés. Valoración cursos solicitados pola Dirección de Enfermaría. AFCAP 2009. 60 horas para o Hospital do Salnés

Dáselle lectura a proposta de formación da Dirección para o ano 2009, detectándose a concentración da actividade formativa en tres categorías profesionais.


• RCP AVANZADA NEONATAL E PEDIÁTRICA (22 horas) (Pediatras e DUEs)

• ¿CÓMO UTILIZAR O PAE? (16 horas) (DUEs)

• OBRADOIRO DE DIABETES PARA ENFERMERÍA ( 8 horas) (DUEs)

• COMUNICACION ESCRITA E ELABORACION DE INFORMES(16 horas) (Auxiliar administrativo)


Elabórase tras lectura completa do catálogo AFCAP a proposta do comité de empresa en base a accesibilidade de tódalas categorías profesionais presentes no centro aos cursos propostos, cun total de 60hs repartidas en sete cursos tal como segue:


1) ACTUALIZACIÓN NA CALIDADE DE MOSTRAS DE LABORATORIO

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 12
iii) Destinatarios: por orde preferente: 1º) técnicos superiores en laboratorio de diagnóstico clínico e enfermeiros/as que traballen no servizo de urxencias, intensivos ou reanimación. 2º) persoal sanitario que traballe en unidades de hospitalización e e laboratorio clínico.


2) OBRADOIRO SOBRE A MANIPULACIÓN DO DOENTE ENCAMADO
i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: técnicos en coidados auxiliares de enfermaría e celadores. Terán preferencia os que traballen en unidades de hospitalización.




3) PREVENCIÓN DE RISCOS EN QUIRÓFANOS

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: persoal de quirófano (médicos, enfermeiros/as, auxiliares de enfermaría, técnicos superiores en diagnóstico por imaxe e celadores

4) VIOLENCIA NO LUGAR DE TRABALLO, ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN

i) Nº de prazas: 20
ii) Nº de horas: 12
iii) Destinatarios: Nas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1) persoal dos servizos de urxencias, admisión e psiquiatría; 2) resto de persoal de atención especializada

5) RISCOS LABORAIS NAS ÁREAS ADMINISTRATIVAS

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 4
iii) Destinatarios: por orde preferente: 1º) Persoal de xestión e servizos da función administrativa que use o equipo informático durante a maior parte da xornada laboral. 2º) Resto do persoal de xestión e servizos da función administrativa.

6) INTRODUCCIÓN Á FISIOTERAPIA RESPIRATORIA

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: médicos, fisioterapeutas, enfermeiros/as e técnicos en coidados auxiliares de enfermaría que traballen en relación co tratamento dos doentes con patoloxía respiratoria.

7) OBRADOIRO DE OSTOMÍAS

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: enfermeiros/as de atención primaria e atención especializada.





II.-Despedimento de traballadores da empresa subcontratada para o servizo de Cociña e Restauración do Hospital.

Dende a UGT maniféstase os traballadores afectados o apoio ante a situación que esta a vivir e ofrecéronselle de precisalos, os servizos xurídicos do sindicato entendendo que, dende o coñecemento que tiñamos como usuarios do servicio de cafetería, non houbo ningún motivo que xustificara o despedimento disciplinario dos traballadores.






En Vilagarcía de Arousa 28 de Outubro do 2008.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente do Comité de Empresa) (Secretario do Comité de Empresa)



ACTA VIXESIMONOVENA, XUNTA DE PERSOAL HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón Gonzalez Campaña ( UGT/D.S UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)
Lidia Costa Cruz (CIG)







Convócase polo presidente, pleno extraordinario da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés con data 21/01/09, ás 09:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Plan funcional. 1ª e 2ª fase.
II. Acoplamento interno.
III. Promoción interna.
IV. Situación dirección de Enfermaria.
V. Cita previa.
VI. Rogos e preguntas.
i. Recepción traballadores cita previa, a súa petición as 12hs.





I. Plan Funcional 1ª e 2ª Fase

O presidente da Xunta de Persoal informa ao pleno das comunicacións levadas a cabo perante os medios de comunicación o 6, 14 e 20 de Xaneiro, ante a situación de paralización aparente das obras de ampliación do centro hospitalario e que recibiron resposta atraveso dos mesmos medios por parte da Dirección Provincial o 15/01/09. Segundo a información barallada polo presidente, dita Dirección Provincial levou acabo accións de control e intervención para o remate da primeira fase no mes de Abril. Dito retraso probablemente conleve a demora da segunda fase do plan funcional polo que e vontade do pleno seguer reclamando a normal execución nos prazos acordados das obras.

Toma a palabra Sol Barreiro pra manifestar a “situación crítica dos servizo centrais” debido a saturación do conxunto do Hospital, situación que valora a dicente se agravará coa ampliación do centro e a infradimensión do laboratorio na actualidade, citando un total de 4000 determinacións sanguíneas no pasado mes de Decembro.


II. Acoplamento interno.

Sométese a votación plenaria a solicitude dun novo acoplamento interno en base o cumplimento do criterio temporal establecido no anterior que fixa en dous anos o periodo para un novo proceso, sendo os resultados tal como seguen:

Votos a favor: 7
Abstencións: Bea Poceiro.


III.Promoción interna.

Toma a palabra Rafael (UGT) trasladando ao pleno a petición de solicitude de apertura das listas de promoción interna.

Toma a palabra Celia (CCOO) para manifestarse dacordo co presidente, sinalando que a apertura das listas abrangue a tódalas categorías profesionais.

Por unanimidade dos asistentes acórdase solicitar a dirección do centro que se inicien os trámites para que posibilite o acceso a promoción interna a tódalas categorías profesionais do centro.

Así mesmo acórdase solicitalo seu tratamento na vindeira reunión conxunta.





IV. Situación dirección de Enfermaría

Tralo cese da directora de Enfermaría o pleno da xunta considera preciso e por unanimidade solicitar unha reunión coa dirección para atender os puntos pendentes da Dirección de Enfermaría e non concluídos na data do cese, con esta parte.


V . Cita Previa


O pleno da Xunta de Persoal por unanimidade dos asistentes acorda solicitala integración do servizo de cita previa así como a cobertura das prazas que se xeneren mediante as listas de contratacións vixentes.

Non existe acordo no tocante a solicitude de apertura de listas de contratación de xeito extraordinario para a inclusión exclusiva destes traballadores, someténdose a votación sendo os resultados tal como seguen:


Votos a favor apertura listas: 4, Bea (CEMSATSE), Charo (CCOO), Sol (CCOO), Nieves (CIG)

Votos en contra da apertura listas: Celia (CCOO), Rafa (UGT), Ramón (UGT), Felipe (UGT).

Sendo ás 11:50hs ten lugar un receso de 10min tralo cal incorpórase Lidia Costa Cruz (CIG/D.S CIG)


Tras debate plenario hai unanimidade en asumir a legalidade vixente entendendo que as posibles contratacions xeradas pola asunción do Servicio de Cita previa por personal estatutario se faga pola lista de contratacions vixente no Hospital, mais non existe acordo no tocante a posibilidade de apertura de estas listas para novas incorporacions de xeito prevío a contratación, retrasándose o seu tratamento a un pleno posterior.







VI. Rogos e preguntas

1. Toma a palabra Celia (CCOO) indicando que no tocante as comisións de seguimento da carreira profesional extraordinaria e tal como se recolle nas bases correspóndelle a representación legal dos traballadores o nomeamento de seis dos seus membros pra categoría de persoal sanitario non facultativo e un por cada organización sindical para o caso do persoal de servizo e xestión. Propón que teña lugar a elección neste pleno co fin de non dilatalo proceso.

Toma a palabra o presidente para manifestar que na actualidade non existe requirimento por parte da dirección para dito nomeamento, polo que e ante a ausencia de varios membros da xunta a este pleno propón a celebración dunha comisión permanente no intre que teña lugar citado requirimento.

Por unanimidade aceptase a proposta do presidente.

2. Esperabase para as 12.00 horas a comparecencia dos traballadores de Cita Previa despois da sua solicitude e invitación feita polo presidente a súa representante sindical, non obstante no se presentou ninguen aludindo, según informou Sol, problemas de axenda. Farase unha nova invitación para recibilos tralo peche da sesion plenaria ordinaria do próximo 11 de Febreiro.

Dáselle lectura ao escrito remitido por varios traballadores de cita previa, a cal se anexa a esta acta como Anexo I.

Por unanimidade o pleno da Xunta de Persoal reitera o manifestado en sesión plenaria ordinaria do 12/12/07 (Acta XVII), expresándose en termos de recoñecemento da lexitimidade do dereito individual e colectivo de calquera traballador de mellorar as súas condicións laborais, e que débense tender as pontes de dialogo entre a Empresa e a Administración para correxir as deficiencias obxetivas.

Sen embargo non lle corresponde a este órgano a representación legal dos traballadores de cita previa a cal é propia dos seus delegados sindicais e do Comité de Empresa de Eulen tal como se recolle no E.T, sen ser esto óbice para por de manifesto a solidaridade coa reclamacións lexítimas de este ou outro colectivo que desempeñe a súa actividade profesional no centro hospitalario.




En Vilagarcía de Arousa 21 de Xaneiro do 2009.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente da Xunta Persoal) (Secretario da Xunta de Persoal )

Prensa 11/02/09

Fonte Diario de Arousa 11/02/09

O Hospital do Salnés é unha das principais empresas xeradoras de emprego na comarca

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

O Hospital do Salnés conta con máis de 350 traballadores e o plantel incrementarase coa terceira planta.
O Hospital do Salnés é na actualidade unha das principais empresas xeradoras de emprego na comarca. Nestes momentos son un total de 350 traballadores os que forman parte do plantel deste centro sanitario. O cadro de persoal foi medrando de forma progresiva dende a apertura das instalacións, adecuándose en todo caso á demanda, que foi en incremento nos últimos anos. Un destes exemplos é a recente incorporación de celadores, no pasado mes de outubro, que reforzaron unha plantilla na que se carecía desta categoría profesional, de forma que o Sergas logrou non só aliviar o traballo dos profesionais, senón mellorar a atención aos pacientes da área sanitaria do Hospital do Salnés.

A demanda sanitaria e a mellora dos servizos que o Sergas está a prestar no Hospital do Salnés son claves á hora de abordar o número de persoas que traballan no centro sanitario. Na actualidade son 350 profesionais os que están a atender á poboación de referencia deste centro sanitario, o que converte ao Hospital nunha das principais empresas xeradoras de emprego da comarca.
O plantel foi crecendo conforme se incrementaron os servizos dende a apertura do centro e, por suposto, atendendo á demanda de atención sanitaria que non deixa de crecer no Salnés. De entre as cifras máis recentes hai que salientar que no ano 2006 había 310 traballadores, mentras que no exercicio seguinte contabilizáronse 317. Actualmente a cifra supera xa os 350 profesionais.

Sen embargo, esta cantidade non é un teito para o plantel do centro sanitario, ao que non lle quedará máis remedio que continuar crecendo para responder ao constante aumento de demanda da área de referencia. De feito, as íncorporacións de traballadores realizadas dende a apertura do Hospital obedeceron a dar unha mellor resposta ás necesidades dos pacientes, incluso con novos servizos que eviten os desprazamentos ao centro de referencia.

A incorporación de máis persoal ao centro permitiu mellorar incluso a calidade de vida de todos os pacientes. Non só non é preciso realizar moitos desprazamentos a Pontevedra, un exemplo é que as mulleres xa poden someterse no Hospital do Salnés á proba de amniocentese, senón que agora é posible superar as doenzas na casa a través da Unidade de Hospitalización a Domicilio e os enfermos de coidados paliativos están actualmente atendidos por profesionais do centro sanitario, mentras que ata o momento eran traballadores do Complexo Hospitalario de Pontevedra os que se facían cargo das necesidades destes pacientes.

O incremento de persoal estivo en todo caso acompañado de medios técnicos para facer doado o seu traballo e dar respostas rápidas aos pacientes do Salnés

09/02/2009

Prensa 9/02/09

Fonte: Diario de Arousa 9/02/09

O Hospital do Salnés pechará a partir de hoxe e durante un mes, aproximadamente, entre seis e oito camas para facilitar as obras finais da terceira planta consistentes en conectar as bajantes coa planta inferior e realizar traballos de fontanaría.



A Consellería de Sanidade e a dirección do centro hospitalario de Ande coordinaron co CHOP e outros centros concertados todos os dispositivos para que dean cabida a ingresos do Salnés en caso de ser necesario. Trátase dunha solución similar á que puxeron en práctica durante o pasado verán co peche da segunda planta.
Para que as molestias sexan mínimas, os peches serán alternativos e non se inutilizarán nunca máis de oito camas. Os operarios traballarán nas bajantes para conectar os baños e as instalacións da nova planta coa segunda, o que obrigará a desaloxar aos pacientes desas habitacións. Cando finalicen as obras nunha zona, esta abrirase e pecharase outra para pechar o menor número de camas posible debido á alta ocupación que rexistra o Hospital desde o mes de decembro.

Estes traballos corresponden á primeira fase da ampliación do centro sanitario e o Sergas anuncia xa que nas próximas semanas sairá a adxudicación o proxecto para a segunda, que consistirá na construción dun novo edificio conectado ao actual, que será, á súa vez, totalmente reformado.

05/02/2009

Prensa 5/02/09

Fonte: Diario de Arousa 5/02/09
O persoal do Hospital reclama a Sanidade o pago dos atrasos e o recoñecemento da antigüidade

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

O Hospital do Salnés integrouse na rede do Sergas o pasado 1 de xaneiro, extinguíndose a Fundación.

O proceso de integración do persoal da extinta Fundación do Hospital do Salnés no Sergas aínda ten trámites pendentes que desde o comité de empresa do centro sanitario reclaman á Consellería de Sanidade. é o caso do pago dos atrasos e o recoñecemento da antigüidade daqueles profesionais que antes de traballar para a Fundación xa exerceran dentro do Servizo Galego de Saúde. Indican que en moitos casos supoñen unha cantidade económica importante para os traballadores, polo que o comité de empresa trata agora de liquidar este floco pendente do proceso da integración, á vez que reclaman que se saque a concurso xa a segunda fase da ampliación.

O Hospital do Salnés é desde o 1 de xaneiro da rede do Sergas e os traballadores sono de forma efectiva desde marzo de 2008, con todo a súa integración aínda ten asuntos pendentes como o pago dos atrasos e o recoñecemento da antigüidade. Son cuestións que tratan de axilizar actualmente desde o comité de empresa do centro sanitario de Ande, xa que lembran que en moitos casos supoñen unha cantidade de diñeiro importante para os traballadores.


No que respecta aos atrasos, débense a que aínda que a estaturización fíxose efectiva en marzo de 2008, esta tiña carácter retroactivo ao 1 de xullo de 2007. O período comprendido entre estes meses non o cobraron os traballadores coas táboas de nóminas do Sergas, senón coas que tiña a Fundación, polo que agora demandan o pago dese diñeiro.

Ademais, os profesionais que antes de traballar na Fundación do Hospital do Salnés xa exerceran no Sergas non recibiron a notificación aínda do recoñecemento da súa antigüidade. Neste sentido, desde o comité de empresa apuntan que hai persoal interino ao que si lles constan eses trienios, pero non é así para o persoal da Fundación propietario.

Por este motivo, desde o comité de empresa poranse en contacto de novo coa Consellería de Sanidade para urxir a solución destas contas pendentes da integración e liquidar así a estaturización tan demandada polos traballadores.

Este é un dos principais asuntos nos que o comité traballa na actualidade, ademais doutras cuestións internas como o denominado axuste interno, é dicir, a posibilidade de que o persoal que é propietario póidase recolocar en prazas ocupadas por eventuais. Trátase dun proceso que prevén que se realice cada dous anos e do que se encargarán no primeiro semestre.

Por outra banda, un total de 628 profesionais do Hospital do Salnés recibirán estes días unha nómina complementaria por liquidación do segundo semestre de 2008 que o Sergas fará efectiva con motivo do Acordo Retributivo 2008-2012. Trátase dun acordo asinado entre as organizacións CIG, UXT e Cemsatse e o Servizo Galego de Saúde destinado á dinamización das políticas de persoal da sanidade pública galega. Este documento recolle outras melloras, como un incremento substancial no salario por hora de garda.

Desde a Consellería indican que este acordo permitirá captar ou reter a profesionais de alta especialización no Sistema Sanitario Público de Galicia e proporcionar unhas condicións laborais para ampliar servizos


As obras da terceira planta obrigan a inutilizar camas da segunda durante un mes

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

Os traballos de construción da terceira planta do Hospital do Salnés atópanse na recta final, segundo indican desde o Sergas. Anuncian que o vindeiro luns comezarán os traballos finais consistentes na conexión das bajantes, polo que será necesario o peche dalgunhas habitacións da segunda planta.
Coa intención de causar as mínimas molestias, realizarán peches alternativos, de forma que nunca teñan que inutilizar máis de seis ou oito camas. Os operarios traballarán nas bajantes para conectar os baños das dúas plantas, o que obrigará a desaloxar aos pacientes desas habitacións. Cando finalicen nunha zona, esta abrirase e pasarán a outra, de forma que se inutilice o menor número de camas posibles debido á alta ocupación que rexistra o centro sanitario nos últimos tempos.

Do mesmo xeito que ocorreu cando pecharon a segunda planta no verán, o Sergas coordinou todos os dispositivos para dar cabida, en caso de ser necesario, aos ingresos procedentes da área sanitaria do Salnés que non tivesen cama dispoñible no centro.

Desde a Consellería e desde a dirección do Hospital do Salnés confían en que estes traballos non se prolonguen máis de catro semanas e solicitan a comprensión de todos os usuarios do centro sanitario polas molestias que puidese causar esta medida. Lembran que se trata de finalizar de forma definitiva a terceira planta para pola en funcionamento canto antes e aliviar a carga asistencial que rexistra o Hospital.

Desde o Sergas anuncian tamén que nas próximas semanas sacarán a adxudicación o proxecto da segunda fase. Esta será máis complexa porque consiste na construción dun novo edificio conectado ao actual, que será totalmente remodelado. Para isto último, non paralizarán ningún servizo, senón que arranxarán o espazo cando este se traslade á súa nova localización.

Fonte das dúas novas Diario de Arousa 5/02/09