09/02/2009

Prensa 9/02/09

Fonte: Diario de Arousa 9/02/09

O Hospital do Salnés pechará a partir de hoxe e durante un mes, aproximadamente, entre seis e oito camas para facilitar as obras finais da terceira planta consistentes en conectar as bajantes coa planta inferior e realizar traballos de fontanaría.



A Consellería de Sanidade e a dirección do centro hospitalario de Ande coordinaron co CHOP e outros centros concertados todos os dispositivos para que dean cabida a ingresos do Salnés en caso de ser necesario. Trátase dunha solución similar á que puxeron en práctica durante o pasado verán co peche da segunda planta.
Para que as molestias sexan mínimas, os peches serán alternativos e non se inutilizarán nunca máis de oito camas. Os operarios traballarán nas bajantes para conectar os baños e as instalacións da nova planta coa segunda, o que obrigará a desaloxar aos pacientes desas habitacións. Cando finalicen as obras nunha zona, esta abrirase e pecharase outra para pechar o menor número de camas posible debido á alta ocupación que rexistra o Hospital desde o mes de decembro.

Estes traballos corresponden á primeira fase da ampliación do centro sanitario e o Sergas anuncia xa que nas próximas semanas sairá a adxudicación o proxecto para a segunda, que consistirá na construción dun novo edificio conectado ao actual, que será, á súa vez, totalmente reformado.

Nenhum comentário: