30/09/2008

INSTRUCCIÓNS INCORPORACIÓN E CESAMENTO DE PERSOAL. OPE/TRASLADOS

INSTRUCCIÓNS DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE EN RELACIÓN COA INCORPORACIÓN E CESAMENTO DE PERSOAL COMO CONSECUENCIA DOS CONCURSOS DE TRASLADOS E OS PROCESOS SELECTIVOS.

Co fin de conseguir un tratamento uniforme nas incorporacións e cesamentos do persoal que se deban producir nos centros de xestión do organismo como consecuencia da resolución dos procesos de mobilidade voluntaria (concurso de traslados) e dos procesos selectivos, así como de clarexar outros efectos derivados dos mesmos, este centro directivo, partindo do establecido no
Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, considera necesario dictar as presentes I N S T R U C C I Ó N S

1.- CONCURSO DE TRASLADOS:

A.- PRAZOS DE CESAMENTO DO PERSOAL ADXUDICATARIO:

Primeiro.- Co fin de coordinar os cesamentos en todos os centros de xestión, o centro de orixe cesará, de oficio, ao persoal que tendo participado no concurso obtivera destino noutro centro o último día hábil do prazo establecido para o cesamento.

Segundo.- En relación co persoal que participou no concurso desde a situación de excedencia por coidado de familiares ou calquera outra situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza e obtivo novo destino, en ningún caso permitirase que se incorpore o seu centro de orixe, debendo este expedir unha dilixencia na que se faga constar a perda do dereito de reserva (non procede o seu cesamento xa que o interesado non está en situación de activo). Dita dilixencia, que deberá ser expedida igualmente o último día hábil do prazo de cesamento, será remitida ao centro de destino con carácter inmediato. Nesa mesma data procederase ao cesamento do substituto, no caso do que o houbese.

Terceiro.- Cando deba cesarse a un adxudicatario, que por encontrarse en comisión de servicios noutro centro teña un substituto na súa praza de orixe, o cesamento do substituto producirase o mesmo día en que deba cesar o titular da praza.

Cuarto.- No suposto de que o interesado se encontre disfrutando de permiso, licencia, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade o cesamento deberá quedar diferido ata que o interesado se incorpore á súa praza de orixe. Ao día seguinte da incorporación o centro formalizará o seu cesamento e enviará a baixa ao centro de destino. Nesa mesma data cesará o substituto, no caso de que o houbese.

Quinto.- Non obstante o anterior, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, por necesidades do servizo debidamente acreditadas, e previo informe dos centros afectados, poderá ampliar o prazo de cesamento ata un máximo de tres meses.

B.- PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN DO PERSOAL ADXUDICATARIO:

Primeiro.- A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse, a opción do interesado, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se formalizou o cesamento se as prazas son da mesma área de saúde, no prazo de quince
días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.
Non obstante o anterior, a alta no centro de xestión de destino terá efectos administrativos do día seguinte ó do cesamento, se ben para os efectos económicos deberá terse en conta o establecido no apartado D segundo destas instruccións.

Segundo.- Non disporán de prazo posesorio algún aqueles adxudicatarios do concurso que xa viñesen ocupando praza no mesmo centro de estino en virtude de comisión de servicios ou reingreso provisional.

Terceiro.- En relación co persoal en comisión de servicios os prazos posesorios entenderanse sempre referidos á praza efectivamente desempeñada con independencia do centro no que teña a praza en propiedade.

Cuarto.- Cando o adxudicatario da praza desexe manterse na situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza (excedencia por coidado de familiares, servizos especiais, etc), deberá manifestarlo no momento da toma de posesión no centro de xestión de destino. Debe terse en conta que a pesar de estar na citada situación administrativa e aínda que pretenda manterse nela, a súa participación no concurso de traslados obrígalle a cumplimentar os trámites administrativos derivados do mesmo, e en concreto, a tomar posesión, dentro do prazo dun mes, da praza obtenida no concurso, o que necesariamente non implica a súa incorporación efectiva ó desempeño da mesma.

Igualmente, nese intre, deberá solicitar á Dirección Provincial respectiva ou á División de Recursos Humanos, segundo corresponda, a declaración da situación administrativa correspondente, que dictará a resolución con efectos desa mesma data e nas condicións e cos límites legalmente establecidos.

Neste suposto no que o interesado solicita continuar na situación administrativa que lle dea dereito a reserva de praza, o centro de xestión de destino, con efectos do día seguinte a aquel no que o centro de xestión de orixe expedira a dilixencia de perda do dereito de reserva, procederá a darlle de alta ós efectos
administrativos.

A incorporación efectiva do interesado á praza determinará, de ser necesario, a aplicación dos criterios de cesamento.

Quinto.- No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes (obviamente non retribuído).

Sexto.- Se así o permiten as necesidades do servizo, e a pedimento do interesado, o prazo de toma de posesión poderá ser prorrogado pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.

C.- CRITERIOS DE INCORPORACIÓN E CESAMENTO:

Primeiro.- Os concursantes que obtiveron praza no concurso de traslados tomarán posesión de acordo cos criterios establecidos nos artigos 37 e seguintes do Decreto 206/2005, do 22 de xullo aplicándose estes mesmos criterios para efectuar os cesamentos que procedan.

Segundo.- O persoal en situación de reingreso provisional que, debendo participar no concurso de traslados, non obteña praza nel deberá ser cesado, sempre que sexa necesario, xa que de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, a praza terá a consideración de vacante. O cesamento deste persoal producirase coa efectiva incorporación á praza do adxudicatario da mesma.

No caso de que existan vacantes suficientes no centro para permitir a incorporación de todo o persoal propietario, non se producirá o cesamento daquel.

O persoal en situación de reingreso provisional que non cumpriu coa súa obriga de participar no concurso de traslados, con independencia de que a
praza que ocupa fose ou non adxudicada no concurso, deberá ser declarado na situación de excedencia voluntaria pola respectiva Dirección Provincial con efectos do día seguinte ó que se publique no D.O.G. a resolución pola que se
abren os prazos posesorios do concurso de traslados. Por tal motivo o centro de orixe procederá a expedir a dilixencia de cesamento con efectos do primeiro día hábil de prazo de cese e comunicar tal incidencia, de xeito inmediato, á Dirección Provincial respectiva.

O persoal que o seu reingreso lle foi concedido con posterioridade a data de publicación da convocatoria do concurso de traslados, e que polo tanto non acadou praza no mesmo, non debe ser cesado, sempre que exista praza vacante.

D.- OUTROS EFECTOS DERIVADOS DO CONCURSO:

Primeiro.- Os destinos adxudicados son irrenunciables polo que, cando un concursante non tome posesión da praza adxudicada no prazo establecido ou, no seu caso, no da prórroga concedida, estarase ó disposto no apartado 5º do
artigo 30 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo.
Neste suposto, o centro de xestión de destino, de xeito inmediato, procederá a comunicar tal incidencia á Dirección Provincial correspondente ós efectos oportunos.

Segundo.- Excepto cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo (incluída a excedencia por coidado de familiares), o prazo de toma de posesión e, no seu caso, o da prórroga, será retribuído, percibíndose os correspondentes haberes con arreglo ás normas establecidas na orde pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas de persoal ó servicio da Administración Autonómica.

- Con carácter singular para o proceso de cesamentos e tomas de posesión derivados da resolución do concurso de traslados citado, o aboamento de salarios correspondentes ó prazo posesorio do persoal que se traslada con orixe e destino en institucións sanitarias dependentes do Servizo Galego de Saúde axustarase ó establecido na devandita orde para tal suposto.

Dacordo co anterior, o centro de orixe aboará os haberes do persoal adxudicatario ata o último día do mes do cesamento. Nesa mesma data procederá a formalizar a súa baixa tanto na Seguridade Social coma na nómina remitindo a correspondente certificación de haberes o centro de destino. Na citada certificación incluirase a liquidación da parte proporcional da paga extra e deberá igualmente reseñarse se desfrutouse dalgún permiso, vacacións, días de libre disposición ou calquera outra consideración que se entenda necesaria.

- Con respecto ó persoal que en virtude da resolución do citado concurso de traslados obteña praza nunha institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde proveniente dunha institución sanitaria allea a este organismo, as
remuneracións correspondentes ao prazo posesorio faranse efectivas íntegramente polo centro de destino, con referencia e efectos económicos ó día seguinte do cesamento na institución de orixe.

Terceiro.- Os centros de orixe deberán remitir ós centros de destino copia cotexada dos ocumentos que obren no expediente dos interesados que poidan ter relevancia administrativa.

2.- CONCURSO-OPOSICIÓN:

Primeiro.- Para a incorporación do persoal de novo ingreso que superou o concurso-oposición deberán seguirse os mesmos criterios de incorporación e cesamento establecidos no apartado C primeiro do punto 1º destas Instruccións.

Segundo.- O prazo para a toma de posesión deste persoal será dun mes (non retribuido) a contar desde ó día seguinte o da publicación no D.O.G. da resolución pola que se abra o prazo posesorio.

Non obstante o anterior, en casos de forza maior, e a instancia do interesado, o órgano convocante poderá prorrogar o citado prazo.

Non poderán tomar posesión da praza as persoas que se atopen en situación de incapacidade temporal nin en incapacidade permanente, posto que a tomade posesión implica a efectiva incorporación o desempeño da praza.

Non obstante o anterior, e para o caso concreto da maternidade, e de conformidade cos promunciamentos xurisprudenciais máis recentes, o centro de xestión , con efectos do primeiro día hábil do prazo de toma de posesión, deberá expedir dilixencia de toma de posesión, aos únicos efectos administrativos.

Terceiro.- O persoal que viña prestando servicios con anterioridade a toma de posesión da praza adxudicada como consecuencia do concurso-oposición, deberá cesar no correspondente centro, a lo menos, o día anterior ó da dita toma de posesión. Neste suposto o centro de orixe deberá efectuar, con cargo ós seus respectivos orzamentos, as correspondentes liquidacións de haberes, nas que se incluirá a parte proporcional da paga extra así como das vacacións nos termos nos que proceda.

Cuarto.- Respecto o persoal que teña superado o proceso selectivo en varias categorías, únicamente poderá tomar posesión nunha delas (aquela que desexe o interesado). No mesmo acto de toma de posesión o interesado deberá solicitar á Dirección Provincial correspondente a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na outra categoría, acompañando á solicitude unha copia da dilixencia de toma de posesión. A Dirección Provincial dictará a correspondente resolución con efectos da data na que tomou posesión da praza da categoría pola que optou.

O persoal que teña superado o proceso selectivo nunha categoría que preste servizos temporais noutra categoría estatutaria distinta ou como persoal laboral temporal ou funcionario interino, xa sexa na mesma ou distinta categoría, poderá solicitar a declaración de excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público na categoría na que aprobou.

Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instruccións desta División do 30 de setembro de 2005.

Quinto.- O persoal propietario que pola superación deste concurso-oposición acade nomeamento en propiedade noutra categoría distinta, poderá optar, dentro do prazo de toma de posesión, por ser declarado unha delas en excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público.

Dacordo coas instruccións desta División do 30 de setembro de 2005, a excedencia voluntaria por prestar servizos no sector público autorizarase tanto se o persoal fixo presta servizos noutra categoría estatutaria, xa sexa como persoal fixo xa sexa como persoal temporal, como se presta servizos baixo outro réxime xurídico distinto ao estatutario (laboral ou funcionario), xa sexa
como persoal fixo ou como persoal temporal.
Para a declaración de calquera outra excedencia ou situación administrativa estarase ás instruccións desta División do 30 de setembro de 2005.

Sexto.- Por último, respecto ó persoal que se encontre disfrutando dunha excedencia por coidado de familiares concedida con anterioridade a superación deste proceso selectivo, e pretenda manterse nesta situación ó tomar posesión da súa praza en propiedade, deberá solicitar a Dirección Provincial correspondente a declaración dunha nova excedencia nas condicións e nos límites legalmente previstos.

3.- UBICACIÓN DO PERSOAL NAS UNIDADES OU SERVICIOS ORGANIZATIVOS:

Primeiro.- A ubicación do novo persoal nas unidades ou servicios organizativos dos centros de destino, tanto os adxudicatarios do concurso de traslados como os aprobados no concurso-oposición, poderá ter carácter provisional, a lo menos ata que se esgoten os distintos prazos posesorios, con respecto ós regulamentos internos de organización do traballo dos distintos centros asi como, no seu caso, ós acordos acadados cos órganos de representación do persoal correspondentes.

Segundo.- Os centros de xestión, no seo da Comisión de Centro, poderán promover os procedementos para a ubicación deste persoal atendendo a criterios obxectivos e co estricto respecto as funcións propias de cada categoría.

Terceiro.- Os profesionais que se atopen prestando servizos no centro continuarán provisionalmente prestando servizos no mesmo posto que viñan desempeñando.

Cando non teña que procederse ao cesamento de persoal temporal a regla xeral para a ubicación provisional será a elección de destino pola orde de puntuación no concurso de traslados ou no proceso selectivo, segundo corresponda, polo que os centros deberán citar a todo o persoal que debe tomar posesión no mesmo, para que elixan pola devandita orde.

Cuarto.- Nas Xerencias de Atención Primaria, ó terse ofertadas as prazas por localidade, centro e quenda a incorporación producirase no centro e quenda adxudicada ao interesado. Cando existan varios postos de traballo no mesmo centro e quenda, os interesados elixirán pola orde de puntuación no concurso de traslados ou do proceso selectivo, segundo corresponda.

4.- OUTRAS NORMAS EN RELACIÓN COS CESAMENTOS DO PERSOAL TEMPORAL:

Primeiro.- En relación coa situación do persoal temporal substituto dun titular
con dereito a reserva de praza, de producirse a perda dese dereito de reserva
do titular por mor do proceso selectivo, aplicaranse as Instrucións de 22 de
setembro de 2000 sobre xestión das listas de vinculacións temporais.
Xa que logo:

1º.- O persoal temporal substituto cesará no nomeamento que viña desenvolvendo no momento en que o titular substituído perda o dereito á reserva da súa praza, praza que, polo tanto, pasará a ser vacante para os efectos da incorporación do persoal propietario como consecuencia do concurso de traslados ou da OPE.

2º.- Ao persoal temporal substituto que cese por aplicación do punto anterior, de ter sido chamado no seu momento para unha vinculación de longa duración (nomeamentos de duración igual ou superior a un ano), pola súa orde de preferencia nas listas vixentes naquel intre, corresponderalle o nomeamento de interinidade na devandita praza vacante de conformidade coas mencionadas instrucións de 22 de setembro de 2000.

3º.- Unha vez vinculados como interinos en vacante serán tidos en conta para os ceses de acordo co disposto no artigo 39 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo.- Polo que se refire ao cesamento do persoal temporal de categorías nas que non existen listaxes vixentes de aspirantes á vinculacións temporais, segundo o artigo 39.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o cesamento producirase por orde crecente de menor a maior antigüidade na praza desempeñada, debendo entenderse por praza desempeñada, no suposto de
existir varios nomeamentos sucesivos, como sinónimo de vinculacións desempeñadas polo mesmo profesional sen solución de continuidade, na mesma especialidade e centro e realizando, xa que logo, a mesma actividade, por teren eses nomeamentos concatenados a súa orixe na idéntica causa da vinculación inicial.


Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2008
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL
Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua.

24/09/2008

Diario de Arousa

Gestionan la contratación de 18 celadores para que se incorporen el 1 de octubre al Hospital

S.L. > VILAGARCÍA


Prevén que los celadores lleguen con la apertura de la segunda planta.

La Dirección Provincial del Sergas inició ya las gestiones para contratar a los 18 celadores que trabajarán en el Hospital do Salnés a partir del próximo 1 de octubre. Los sindicatos que representan a los trabajadores del centro velan ahora porque la dirección cumpla este acuerdo.

Las protestas de los trabajadores del Hospital do Salnés para la equiparación de este centro con otros de la red del Sergas finalizaron con un acuerdo en el que uno de los primeros pasos a dar por parte de la dirección era la contratación de celadores, una categoría profesional que hasta ahora no existía en la plantilla de este centro sanitario. La fecha prevista entonces para su incorporación era el 1 de octubre, coincidiendo con la apertura de la segunda planta, que está cerrada con motivo de las obras de ampliación.
Por el momento, según confirmó tanto el presidente del comité de empresa del Hospital, Rafael Martínez-Almeida, como representantes de CIG, las previsiones es que se cumplan los plazos acordados, no sólo en la reapuertura de la segunda planta, sino también en la incorporación de este personal.

La contratación de los celadores se encuentra ahora en manos de la Dirección Provincial, que recurrirá, explicaron los representantes de los trabajadores del Hospital do Salnés, a la lista de trabajadores del Sergas para el área norte de Pontevedra en busca de voluntarios que quieran desarrollar su trabajo como celadores en el centro sanitario de Ande.

Martínez-Almeida destacaba su próxima incorporación, puesto que la integración de esta categoría profesional implicará, recordó, la equiparación con otros centros sanitarios del Sergas.

Con respecto a la evolución de las obras de ampliación, tanto Martínez-Almeida como desde la CIG confirmaron que durante el periodo de cierre de la segunda planta no hubo ningún inconveniente en cuanto a las hospitalizaciones, tanto en otras áreas del Hospital como en los traslados al Complejo Hospitalario de Pontevedra. Aunque reconocen que hubo momentos de mucho trabajo en urgencias, las cifras de hospitalización no se elevaron.

17/09/2008

OPE 2006.Prazas


prazas que se publicaran mañá no DOG para os actos de eleción de destino que se celebraran a próxima semana. Estan sinalados os cambios realizados

11/09/2008

OPE 2006

Podes consultala relación de prazas ofertadas na ope premendo no seguinte enlace sergas: http://www.sergas.es/gal/personal/Doc/OPE2006/Plazas%20setembro-200891112534.pdf

10/09/2008

OPE 2006.Elección de destino-

ACTO DE ELECCIÓN DE DESTINOS



Edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, en San Lázaro s/n de Santiago de Compostela, coa seguinte distribución de categorías:




Día 23 de setembro de 2008, ás 11 horas: cociñeiro, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Día 24 de setembro de 2008, ás 16 horas: grupo auxiliar da función administrativa; ás 18 horas: persoal de servizos xerais, quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 120 puntos e 100 puntos; ás 19 horas: persoal de servizos xerais, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 99,999 puntos.

Día 27 de setembro de 2008, ás 10 horas: auxiliar de enfermaría: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 109 puntos e 98,500 puntos; ás 11 horas: auxiliar de enfermaría: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 98,499 puntos e 94,250 puntos; ás 12,15 horas: auxiliar de enfermaría: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 94,249 puntos e 91,700 puntos; ás 13,15 horas: auxiliar de enfermaría, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 91,699 puntos.

Día 27 de setembro de 2008, ás 16 horas: celador: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 109 puntos e 93 puntos; ás 17 horas: celador, resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 92,999 puntos.

Día 28 de setembro de 2008, ATS/DUE: ás 9 horas: quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 108 puntos e 95,500 puntos; ás 10,30 horas: ATS/DUE: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 95,499 puntos e 91,400 puntos; ás 12 horas: ATS/DUE: aspirantes cuxa puntuación total estea comprendida entre 91,399 puntos e 88,600 puntos; ás 13,15 horas: ATS/DUE: resto de aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 88,599 puntos.

Enlace a páxina web sergas

OPE 2008 Licenciado Sanitario

Decreto 199/2008, do 28 de agosto, polo que se aproba a oferta de emprego público
das categorías de persoal estatutario licenciado sanitario do Servizo Galego de
Saúde para o ano 2008.

05/09/2008

Listado Contratación temporal Agosto 2008

A continuación podes consultar as listas de contratacións temporais que se produciron no mes de Agosto do 2008 no Hospital do Salnés, nas categorías de DUE, Técnico en coidados auxiliares, Técnico de Laboratorio, Técnico de Raios, e PSX.

A liña horizontal de números correspóndese coa relación de días do mes, a vertical co número da lista de contratación, e os "x" indican os días traballados.

Asi mesmo recórdarvos que según se recolle no pacto de contratacións de constatarse un erro material ou de feito nos chamamentos e posterior vinculación a prol dun aspirante, que pola súa orde de puntuación no lle corresponde, procederase, no prazo dos 15 días seguintes á revogación do nomeamento expedido por tal circunstancia, previa denuncia dalgún dos interesados.

Recordárvos tamén, que o e-mail do comité de empresa é _SALComitedeEmpresa@sergas.es.


Podes descargar o listado de contratación temporal en excel premendo eiquí

02/09/2008

Sanidade publica o decreto co que se extinguen definitivamente catro fundacións hospitalarias

Sanidade publica o decreto co que se extinguen definitivamente catro fundacións hospitalarias


Autor:
La Voz
Data de publicación:
2/9/2008

Enlace a noticia completa premendo eiquí


As fundacións públicas Hospital dá Barbanza, Hospital Virxe dá Xunqueira, Hospital de Verín e Hospital Comarcal do Salnés teñen oficialmente os días contados. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o decreto que regula a súa extinción, despois de que o persoal destes catro centros sanitarios xa se integrase como persoal estatutario do Sergas.

A orixe das fundacións sanitarias era o de crear unha fórmula flexible para facer fronte ás esixencias de rendibilidade dos recursos públicos, pero o tempo demostrou que o modelo organizativo non alcanzou os obxectivos de eficacia, eficiencia e mellora da calidade dos servizos. De feito, no período 2005-2006, os catros hospitais e os outros cinco entes sanitarios (Fundación Pública Galega de Medicamento Xenómica, Centro de Transfusión de Galicia, Urxencias Sanitarias 061, Escola Galega de Administración Sanitaria e Instituto Galego de Medicamento Técnico) acumulaban unha débeda de 16 millóns de euros que tivo que sanear a Xunta. Por iso é polo que a Administración decidise suprimir estas fundacións, que pasarán a integrarse como centros do Sergas, co que os seus traballadores (ao redor de 1.200 nos catro centros) terán as mesmas oportunidades para presentarse a procesos selectivos e a concursos de traslados que o resto dos profesionais dos hospitais públicos. Un decreto publicado o 26 de abril do 2007 establecía as bases para integrar ao persoal, polo que a norma publicada onte culmina este proceso.


Comisión liquidadora
A partir de agora o Consello da Xunta designará unha comisión liquidadora para cada unha das fundacións a extinguir, que integrarán tres peritos. Este órgano elaborará -nun máximo de dous meses- unha proposta sobre o procedemento para disolver a fundación, e unha vez aprobada esta proposta polo Consello da Xunta efectuarase a liquidación.
A extinción destas fundacións inscribirase no Rexistro de Fundacións e publicarase no DOG.