18/10/2007

Diario de Arousa 18/10/07

O Hospital do Salnés duplicou a espera para ciruxía con respecto ós datos do mes de xuño

Os últimos datos oficiais sobre as listas de espera nos centros hospitalarios galegos publicados polo Sergas desvelaron un importante incremento no tempo que os pacientes deben agardar para poder ser operados nos hospitais do Salnés e O Barbanza.

No centro de Ande o aumento nas listas de espera aumentou de xeito moi notable con respecto ó inicio do verán, chegando case a duplicarse os días de espera media nos últimos meses. Se en xuño os retrasos nas intervencións cirúrxicas no Hospital Comarcal do Salnés chagaban aos 34 días, as últimas cifras da Consellería de Sanidade ?do 30 de setembro? sitúan a demora en 67días.

Este incremento, achacado a diversos factores, entre os que se situarían as baixas de facultativos debido ás vacacións de verán, produciuse en todas as especializadades do centro, aínda que o incremento máis notable dase no servizo de Oftalmoloxía, no que os retrasos pasaron dos 42 aos 110 días de espera media, pese a que se rediciu o número de pacientes pendentes dunha intervención, xa que actualmente son 59 as persoas en espera.

Pola súa banda, no Hospital do Barbanza o incremento nas listas nestes meses foi de pouco máis de dúas semanas ?18 días?, colocándose a espera media nos 103 días, fronte aos 85 que se rexistraban en xuño pasado. O servizo de traumatoloxía segue a acarrexar o maior índice de retrasos no centro riveirense, xa que os 482 pacientes pendentes dunha intervención cirúrxica nesta especialidade deben agardar unha media de 123 días, mentras que catro non serán operados antes de doce meses.

Neste centro as listas de espera tamén se incrementaron en todos os servizos do Hospital barbanzán, sendo a especialidade de uroloxía a que rexistrou o menor aumento, xa que se pasou dos 52 aos 59 días de espera.

A pesar do aumento nas listas de espera que se rexistrou durante os meses de verán, a demora media para operacións tanto no centro de Riveira coma no de Rubiáns sitúase por debaixo das cifras do conxunto do sistema sanitario galego, no que os retrasos se sitúan nos 106 días.

En canto ao conxunto de Galicia, os retrasos son sensiblemente inferiores aos dos pasado ano, no que en setembro a espera media estaba nos 118 días.

2006 > A pesares do notable aumento con respecto ás cifras do mes de xuño, a demora para intervencións cirúrxicas no Hospital Comarcal do Salnés é inferior á do pasado ano nas mesmas datas. En setembro de 2006 os pacientes do centro sanitario de Ande debían agardar unha media de 70 días para poder operarse, sendo o servizo de xinecoloxía o que presentaba a maior espera (53 días).

Pola súa banda, no Hospital do Barbanza Traumatoloxía tamén era hai un ano a área na que maiores eran os retrasos nas operacións cirúrxicas, xa que os 432 pacientes en espera daquela debían agardar unha media de 126 para pasar por quirófano.

Nenhum comentário: