10/10/2007

ACTA DECIMOCUARTA

ACTA DECIMOCUARTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES



Convócase pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 17/09/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta 11, 12 e 13.
2. Preparación da reunión con xerencia.
3. Rogos e Preguntas.







Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Juan Carlos García García (CIG)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)


María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Monserrat Villar Mouriño (CIG)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)







1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta 11, 12 e 13

Apróbanse por unanimidade as actas undécima, duodécima e decimoterceira do comité de empresa.


2. Preparación da reunión con xerencia.

O pleno do comité debate cada un dos dez puntos que se trataran na reunión con xerencia, acordándose por unanimidade no relativo a:

1) Praza interinidade técnico grupo A (proceso de convocatoria).

Exixir o cumprimento do itinerario previsto no Sergas para a cobertura de dito posto onde se garantan os principios de mérito, publicidade, igualdade e capacidade.


2) Interinidade PSX

Reclamarase unha vez mais o cumprimento do pacto de contratacións nos termos que este establece.



3) Interinidades pendentes de adxudicar.

Exisirase o cumprimento do acordo establecido entre o Comité de Empresa e a xerencia tal como se recolle na acta número catro da reunión acaecida o 30 de Maio do 2007 que reza textualmente “Interinidades.- A dirección informa que antes do 30 de decembro de 2007, mentres se tramita o proceso de integración, vanse cubrir con persoal interino todas as vacantes existentes no hospital.”, solicitando tamén que se proporcione a relación de adxudicación por servizos.


3) Reforzo da seguridade e vixiancia no Hospital.

A solicitude de mellora na dotación do servizo de seguridade respaldada esta polos últimos acontecementos xurdidos no centro que deixan patente un déficit no mesmo; entendendo que para dar unha cobertura eficiente a dito servizo habería que incrementar os recursos humáns en tres gardas de seguridade en turno de mañá e tarde e dous no turno de noite así como exixir unha política de visitas firme.

5) Seguimento da integración. Aspectos da solicitude e procedemento.

Recadar información ao respecto así como solicitar ao departamento de persoal a clarificación do procedemento e requisitos da solicitude.


6) Negociación dos criterios e procedementos para a aceptación ou denegación dos días de libre disposición o abeiro do artigo 34 do convenio colectivo vixente.

Manter a proposta feita na reunión mantida con xerencia e recollida na ACTA 1:

Período de petición:
Dende o un de xaneiro a 15 de Xaneiro do seguinte ano.

Procedemento para a solicitude:
Establecer un prazo de cinco días previos a data solicitada para a súa petición.
Prazo de resolución de tres días hábiles seguintes a data de recepción da petición.

Criterios de Concesión e exclusión:
Enténdese como único criterio de exclusión a imposibilidade de dar cobertura o servizo; dando conta dos motivos ó comité de empresa.


7) Tratamento da concesión de “J” e permisos recoñecidos no convenio colectivo.

8) Incumprimento do artigo 26 do convenio colectivo no relativo a denegación do cambio das datas sinaladas, logo de solicitude do interesado.

No relativo os dous puntos anteriores exixir o cumprimento do convenio colectivo vixente nos termos legalmente establecidos

9) Concesión horas de lactación ata os doce meses.

Solicitar a concesión das mesmas aplicándose o criterio e normativa vixente no Sergas.

10) Seguimento do Acoplamento interno.

Exercer unha labor de vixiancia no cumprimento das regras que rexen dito proceso.



3. Rogos e Preguntas.

Dáselle lectura no pleno as actas número V e VI das reunións mantidas polo Comité coa Xerencia do centro presentándose ao respecto as seguintes alegacións:

En relación ou documento entregado por Dirección e nomeado como Acta nº5 o pleno acorda desestimar a súa firma, pois este escrito é unha comunicación das opinións e decisións unilaterais tomadas pola Dirección en relación coa actividade do Servizo de Oftalmoloxia e os seus facultativos. A convocatoria por parte da Empresa da reunión informativa tampouco reuniu os requisitos das reunións entre Dirección e Comité de Empresa. Os representantes dos traballadores queren facer notar que en ningún momento o documento expresa a opinión e posicionamento do pleno do comité sobre o problema xerado en Oftalmoloxia.
Devandito texto será arquivado polo secretario como unha información máis remitida desde a Dirección e non como un acta froito da relación entre a Empresa e o Comité.



En relación Acta nº6 onde figura “A representación do persoal quere tamén que conste en acta que se iniciou o uso do quirófano 3 para cirurxía programada” e “Solicítase tamén que as intervencións de oftalmoloxía se fagan dentro dun quirófano con programación por día para evitar os trastornos que as urxencias producen tanto nos doentes como no persoal, propoñendo tamén que as intervencións do departamento de oftalmoloxía se fagan en horario de tarde.” Debería figurar que “A representación do persoal denuncia a realización de ciruxía programada no quirófano 3” e “Solicítase tamén que as intervencións de oftalmoloxía se fagan dentro dun quirófano con programación por día para evitar os trastornos que as urxencias producen tanto nos doentes como no persoal”. O pleno do comité non propuxo que se realizaran intervencións do servizo de oftalmoloxía se non que manifestou que esta foi unha proposta feita polo propio servizo con anterioridade os feitos acaecidos no centro.







En Vilagarcía de Arousa 17 de Setembro do 2007.



Presidente do Comité de Empresa Secretario do Comité de Empresa

Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo


















O presente documento consta de 3 páxinas numeradas

Nenhum comentário: