02/06/2009

Prensa 2/06/09

Diario de Arousa


Os médicos do Hospital ameazan con pechar os quirófanos ao carecer de aire acondicionado

REDACCIÓN > VILAGARCÍA


A actividade cirúrxica do Hospital do Salnés está a piques de ser paralizada se a Consellería de Sanidade non toma cartas no asunto para dotar ao centro de aire acondicionado suficiente. Os médicos do centro reclaman a posta en marcha das torres de climatización que se instalaron tras a construción da terceira planta e que levan sen conectarse desde o mes de abril. O cambio de goberno deixou sen efectuarse a entrega destas obras, polo que desde que comezaron o centro sanitario funciona cunha torre de climatización provisional, con capacidade unicamente para os quirófanos e no inverno. Con estes días de calor, pacientes e traballadores din que están a soportar até case corenta graos.

Os profesionais do Hospital do Salnés están dispostos a paralizar a actividade cirúrxica do centro sanitario se a Consellería de Sanidade non conecta as torres de aire acondicionado para facer fronte ás altas temperaturas que se rexistran. Aínda que están instaladas, non funcionan e desde que comezaron as obras da terceira planta o Hospital funciona cunha torre provisional con capacidade suficiente para atender as necesidades de quirófano no inverno.
A situación até agora foi de normalidade, pero as altas temperaturas das últimas semanas dispararon a alerta entre os traballadores, tendo en conta tamén os inconvenientes que esta situación ten tamén para os pacientes, especialmente para os que se atopan ingresados no centro sanitario.

A pesar de que os traballadores aseguran que se puxeron en contacto coa Consellería de Sanidade para reclamar unha solución, polo momento non obtiveron resposta e os quirófanos xa se paralizaron durante dous días.

Actualmente atópanse funcionando, pero os profesionais aseguran que deixarán a actividade cirúrxica se non dotan ao centro sanitario da climatización necesaria.

Hai que lembrar que a instalación das torres de climatización foi un dos últimos pasos dados na construción da terceira planta do Hospital. Con todo, a finalización destes traballos no mes de abril coincidiu co cambio de goberno e, por tanto, a entrega da obra quedou no aire.

A pesar de que recentemente anunciaron a apertura da terceira planta para o mes de outubro, o certo é que aínda quedan cuestións pendentes e entre elas atópase a conexión destas novas torres de aire acondicionado.

Desta forma, os traballadores confían en que o Sergas solucione sen máis atraso este inconveniente, que está a causar moitas incomodidades no desenvolvemento do seu traballo. Esperan non ter que recorrer finalmente ao peche de quirófanos, porque atrasarían a atención aos pacientes.


O persoal está á espera de que Sanidade anuncie o futuro do centro sanitario




REDACCIÓN > VILAGARCÍA
A falta de aire acondicionado suficiente é un problema máis engadido á inseguridade coa que o persoal se atopa actualmente traballando no Hospital do Salnés. Os profesionais están á espera de coñecer as intencións que a Consellería de Sanidade ten para o centro sanitario de Ande e quéixanse do atraso na súa comunicación.

O primeiro paso, aínda que aínda non é oficial, é o cesamento de Pedro Adoitar á fronte da Xerencia do Hospital. A súa substitución é o primeiro cambio que a nova administración autonómica realiza neste centro sanitario.

Con todo, o que máis preocupa aos traballadores é a posibilidade de que a Xunta de Galicia decida a integración deste centro na área sanitaria de Pontevedra. Esta posibilidade fixo saltar todas as alarmas, de forma que a alcaldesa de Vilagarcía, Dores García, xa asegurou que desde o Concello farían todo o posible para que se mantivese a área sanitara do Salnés. Na administración local entenden que a desaparición desta sería un paso atrás na atención dos miles de persoas que residen na zona.

Neste sentido, tamén están á espera de que a Consellería de Sanidade informe sobre como continuarán a ampliación do Hospital do Salnés, da que só se executou unha das tres fases previstas no proxecto posto en marcha polo bipartito.

O que polo momento teñen claro é que a terceira planta, xa construída, abrirase no mes de outubro e solucionará a falta de espazo para hospitalización que desde hai anos rexístrase no centro sanitario.

Polo momento, a deputada autonómica Marta Rodríguez asegurou que a área sanitaria se reforzaría, lonxe de desaparecer. Así tamén o quixeron deixar claro durante o mitin que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu en Vilagarcía con motivo das eleccións europeas

Fonte Diario de Arousa 2/06/09. Enlace a xornal www.diariodearousa.com

8 comentários:

Anônimo disse...

¿quienes son estos médicos que se niegan a trabajar en "malas condiciones" (verano)?

Anônimo disse...

Relevo nos cargos directivos e xefaturas... XA¡¡

Anônimo disse...

Perdona, médicos, enfermeras y demás......y no es que nos neguemos sinó que 30 grados con 60% humedad dentro de un quirófano, + bata + mascarilla (no hablemos si hay que poner mandil de plomo)....no hay Diós que lo aguante....y si lo aguantas ¿en qué condiciones?
A mi no me gustaría que me operase nadie en estas condiciones...porque no va a estar al 100%.
Por no hablar de las infecciones.....Ustedes juzguen.
Solución YA.

Anônimo disse...

Por que será que siempre se quejan los mismos; "los ricos", los que si es en `"peonada" trabajan a destajo y no reparan ni en las condiciones del paciente, ni en la temperatura del quirofano,... entre otros déficits...
Reparto del pastel entre todo el personal que lo trabaja YA.

Anônimo disse...

La envidia es muy mala compañera de viaje, compañero....Te recuerdo que esos dos días anulados por temperaturas elevadas, se anuló tanto la cirugía programada como la peonada. No te confundas.

Anônimo disse...

Te equivocas porque no hubo dos dias de anulación, ni se anuló por calor, sino por miedo.... INFORMATE.

Envidia No.

Reparto Sí.

Anônimo disse...

Hombre claro, a la Dirección le importa un comino las condiciones en que trabajamos...sólo les importan los resultados...y estoy conforme contigo : se anuló por miedo (aunque el origen del problema estaba en la Tª).

Tambien tienes razón en que se anuló un sólo día ; se iban a anular jueves y viernes, pero tras bajar las temperaturas, se quedó sólo en jueves (Programada y peonada).

Pero te equivocas en cosas que considero importantes:
_verás,los que hacen peonada hacen horas a mayores de su jornada laboral.Qué otro servicio cumple este requisito?.
En mi jornada ordinaria, a mi me pagan igual me rasque la barriga o me salga el trabajo por las orejas ...y a ti tambien.
Estoy de acuerdo en que se sobrecarga de trabajo al resto de la Unidades....y que habría que compensarlo de alguna manera (ej: refuerzo los días que hay peonada)....pero la actitud adecuada no es atacar y descalificar a los de Qx
-"no reparan en las condiciones del paciente...." : mira, gente de todo tipo hay en TODAS partes. No es justo que por la actitud de cuatro, llevemos todos esa fama. Eso, no te lo consiento.

En el Bloque quirúrgico, como en TODOS los sitios, hay gente muy profesional y responsable....y hay gente que no lo es tanto....como en TODOS los sitios.

Si es muy simple!!!

Anônimo disse...

pongan el personal a turnos y adios peonadas, si no, que el acceso al mismo se abra a toda la plantilla