25/11/2008

Central chamadas

Co establecemento por parte do Sergas do servicio "Saúde en Liña", concédeselle a unha empresa privada a citación centralizada en Atención Primaria, a través do teléfono 902-077-333. A pesar de que o Sergas e a propia empresa din que a chamada se tarifica como local, o certo é que, segundo a páxina web e o teléfono de atención a empresas de telefónica, a chamada conta como provincial, e hai diferencia de prezo coas chamadas metropolitanas.

Varias asociacións de consumidores xa denunciaron que a chamada a este servizo é máis cara que a un teléfono fixo, e se temos en conta que hoxe en día moitas chamadas realízanse dende teléfonos móviles, un minuto chamando ó 902 pode saír en 15 céntimos establecemento de chamada e 43 céntimos o minuto, impostos non incluidos, segundo o operador que teñamos contratado (podes pedir información á túa compañía telefónica para saber o prezo exacto). E se temos tarifa plana ós teléfonos fixos, os prefixos 902 non entran en tal bonificación nin en ningunha outra.

Se te chegou unha carta do Sergas para que pidas cita no teléfono 902-077-333, para beneficiarte da tarifa plana ou chamar máis barato, o único que tes que facer é chamar os teléfonos fixos que todo número 902 ten asociado. Según dende qué provincia fagas as chamadas, os teléfonos que tes que marcar son os seguintes:

A CORUÑA: 981-952-950 LUGO: 982-269-893 OURENSE: 988-398-350 PONTEVEDRA: 986-806-350

Ó normal é que se chame dende a provincia de residencia, pero se estás en Lugo de paso e queres pedir cita para o teu médico que está nun centro de saúde de Ourense, chama ó teléfono de Lugo: sairáche máis barato. Aténdenche os mesmos teleoperadores e exactamente nas mesmas condicións que se chamaras ó 902, pero benefíciaste de chamadas máis baratas.

¿Por qué o Sergas non da publicidade a estes teléfonos en cada provincia, moito máis baratos ou incluso gratuítos (se temos tarifa plana), e obriga a chamar ó 902, máis caro? ¿Quen se beneficia desta actuación? ¿Qué gana ó Sergas e a empresa privada con todo isto?

Nenhum comentário: