17/12/2007

Acta XVII e Acta XVIIIComité de Empresa

ACTA DECIMOSEPTIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES





Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Lidia Costa Cruz (D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Monserrat Villar Mouriño


Convócase pleno ordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 12/12/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:



I. Lectura e aprobación, se procede da acta XV.
II. Promoción interna.
III. Listas especiais
IV. Cita previa.
V. Rogos e Preguntas







I. Lectura e aprobación, se procede, da Acta XV

Dáselle lectura a Acta XV do pleno do comité aprobándose por unanimidade.





II. Promoción interna

O presidente do comité de empresa traslada o pleno, a petición de varios traballadores, a solicitude de apertura das listas de promoción interna. Acordo a normativa Sergas os procedementos de selección temporal establecerán medidas que fomenten a promoción interna temporal do persoal fixo, situación que non se da na F.P Hospital Salnés dende a apertura do pacto de contratacións no ano 2006.

Tras debate plenario sométese a votación, sendo os resultados:
Votos a favor: 7
Votos en contra: 0
Abstencións: 1

Solicitarase a apertura das listas de promoción interna.

Acórdase por unanimidade convocar pleno extraordinario para o día 17 de Decembro as 11,00 horas co fin de tratar a solicitude de apertura das listas xerais de contratación ao non existir acordo unánime para debatelo no momento actual.


III.Listas especiais.

Posponse discusión sobre as listas especias ata o tratamento da apertura da lista xeral e redacción dun novo pacto de contratacións.

IV. Cita Previa

Dáselle lectura a carta remitida polos traballadores de cita previa, a cal se anexa a esta acta como Anexo I, trala o pleno do comité por maioría manifesta que:

• Non lle corresponde ao Comité de Empresa do Hospital do Salnés a representación legal dos traballadores de cita previa a cal é propia dos seus delegados sindicais e do Comité de Empresa de Eulen tal como se recolle no E.T.




• O Comité de Empresa expresase en termos de recoñecemento da lexitimidade do dereito individual e colectivo de calquera traballador de mellorar as súas condicións laborais, e que débense tender as pontes de dialogo entre a Empresa e a Administración para correxir as deficiencias obxetivas.
• No tocante a outro tipo de consideracións ao Comité de Empresa do Hospital do Salnés reservase o dereito ao tratamento, nun posterior momento e de forma mais ampla dos aspectos sindicais e laborais da existencia de subcontratas e empresas subcontratadas para a realización de certos servizos e atencións propios do medio Hospitalario.


V. Rogos e preguntas

1.- Faise constar en acta a resolución positiva, ante a reclamación formulada por Eva Cores recollida na Acta XV (pto. 2) , tras comunicación no día de hoxe por parte do departamento de persoal. Recollese así mesmo que dende o 12 de Marzo do 2006 tal como se recolle no apartado de rogos e preguntas da Acta VI, as comunicacións relativas as reclamacións dos traballadores, así como as actuacións levadas a cabo polo comité de empresa faranse través das actas do pleno.

2.- Os membros da comisión de contratacións trasladan o pleno o contido da última reunión mantida con xerencia no relativo a:

1) Reclamacións TEL ante a concesión de interinidades no tocante ao non chamamento por penalización. Non procedeu ningunha reclamación.
2) Reclamación DUE por penalización. Anúlase penalización.
3) Pendente de tratar na vindeira reunión da comisión:
i) Compensación de noites en traballadores eventuais que realicen menos de 21 noite.
ii) Redución de xornada.
iii) Límite da contratación por acumulación de tarefas.

En Vilagarcía de Arousa 12 de Decembro do 2007.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente do Comité de Empresa) (Secretario do Comité de Empresa)


Acta XVIII

ACTA DECIMOOITABA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES




Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramón Barreido (D.S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Charo (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Monserrat Villar Mouriño












Convócase pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 17/12/2007, ás 11:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:



I. Lectura e aprobación, se procede da acta XV.
II. Listas xerais de contratación
III. Rogos e Preguntas






I. Lectura e aprobación, se procede, da Acta XVII

Dáselle lectura a Acta XVII do pleno do comité aprobándose por unanimidade.





II. Listas xerais de contratación

Tras debate plenario acórdase por unanimidade solicitar a apertura das listas de acceso libre.



III.Rogos e preguntas
Non hai rogos.




En Vilagarcía de Arousa 17 de Decembro do 2007.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente do Comité de Empresa) (Secretario do Comité de Empresa)

2 comentários:

Anônimo disse...

No esta claro cual es la reclamación de Eva Cores, si es algo que podamos reclamar el resto espero que nos lo aviseis por alguna vía y no espereis a que nos enteremos por un cotilleo en el pasillo.

Anônimo disse...

¿Alguien sabe si a los contratados eventuales se les abona a final de año la parte proporcional de los objetivos?
¿Ahorra dinero también por ahí el hospital?