09/03/2007

Emisión Tele-Salnes 9/03/07


Traballadores do Hospital do Salnés esixen a integración no Sergas
VILLAGARCÍA > O persoal sanitario do Hospital do Salnés concentráronse esta maña ás portas do complexo para reivindicala súa integración no Sergas. Os traballadores reclaman a publicación do decreto de integración e que se aceleran ós tramites necesarios. Reclaman igualdade de dereitos. O persoal sanitario do Hospital do Salnés concentrouse esta mañá. E volverá a facelo o próximo martes. Esixen a publicación dun decreto que non chega e que se atrasa. Un documento que daría luz verde á integración do complexo no Sergas e a unha mellora real de este hospital.

O ritmo que se desenvolven os trámites o decreto, prometido para o 2006, vería a luz no 2008. De momento, o próximo martes representantes do comité de empresa do hospital do Salnés reuniranse có Sergas para trata-lo tema da integración dos centros sanitarios tipo fundación.

O hospital do Salnés da cobertura a 75.000 persoas nesta área.

Redacción Salnés

Nenhum comentário: