22/08/2008

Prensa 22/08/08

Diario de Arousa

Fajardo: “O sistema de listas de espera no Hospital do Salnés incumpre a legalidade”


DAMIÁN PEREIRA > VILAGARCÍA


Fajardo di que o centro está nunha situación “caótica e inasumible”.
Esquerda Unida critica duramente o funcionamento das listas de espera e citas no Hospital do Salnés. Segundo o seu líder, Juan Fajardo, “o sistema empregado é o de apuntar todo nunha libreta de anillas e non dan cita por escrito, co que incumpren a legalidade do sistema sanitario galego”.

O responsable local de Esquerda Unida arremete con dureza contra a directiva do centro médico de Ande e lamenta que “a Consellería de Sanidade aposte tan claramente pola privatización deste servizo, que segue a ser a irmá pobre do goberno galego”.
Fajardo sinala que no Hospital Provincial do Salnés “todo funciona mediante unha lista de espera “B” pola que pasamos todos os usuarios e que consiste nunha chapuza ilegal: Apuntar as solicitudes (entre 40 e 50 diarias) nunha libreta de anillas e dicirlle aos pacientes iso de “xa te chamaremos cando teñamos sitio”. Por iso se pode dicir que neste centro de saúde funcionan dúas listas, a oficial e unha segunda que evita que os usuarios poidan presentar queixas ao non contar cun escrito que os avale”.

E precisamente esta é, segundo o político de esquerdas, a clave para non contar cunha lista de espera e citas como debe ser e como teñen os demais centros de saúde, “aínda que teñan listas de espera sangrantes”.

Fajardo insta á dirección do centro de Ande a que “demostre que o dicimos é falso”, pois hai moitos veciños da comarca que saben que é verdade”. De feito, o líder de Esquerda Unida fai especial fincapé na idea de “denunciar este feito, pois incumpre a lei. Instamos a todos os agravados a que presenten unha queixa por escrito e se precisan asesoramento poden contar con nós”.

O concelleiro vilagarcián insiste en que “os datos oficiais son falsos e calculamos que cada ano hai máis de 1.000 reclamacións” que, segundo a súa opinión veñen a demostrar o mal funcionamento do Hospital do Salnés.


Apelación > Ademais, Juan Fajardo criticou ao Goberno local por “non facer nada. Debería de tomar pate no asunto e esixir melloras á Consellería de Sanidade”.

Non obstante, o que máis destaca o líder de Esquerda Unida é “que a partir de agora os facultativos do centro de Ande cumpran e dean unha cita por escrito a todo aquel paciente que o solicite”, pois sinala que “a dirección do Hospital Comarcal indícalle aos seus traballadores as directrices que deben seguir para negarlle á xente este dereito”.

Fajardo lembra que, hai anos, “a atención para pedir cita era en horario de mañá e tarde e contaba con máis horas. Agora só dispón de tres horas diarias e pola mañá. Isto tamén vai na procura do menor número de queixas posible, xa que moitas persoas non poden pedir cita en horario de 9 a 12 horas, ten que traballar”.

2 comentários:

Anônimo disse...

No se entiende como los pacientes nunca se plantearon hacer algo en relación a la espera y la forma de dar una cita en este hospital, simplemente esperar a que le respondan del centro y poner una reclamación que le contestan con un escrito tipo, igual para todos solo cambiando el nombre y la fecha.
Los pacientes se resignan y solo critican entre ellos o le gritan a la señorita que les atiende, que ya bastante se averguenza de lo que hace, pero la sanidad pública les debe la mejor atención y rápida, porque en muchos casos es imprescindible.
El servicio de atención al paciente es penoso, en cualquier hospital puedes ir hasta las 3 de la tarde y las contestaciones son más personalizadas y tienen muchos más pacientes.
No sé si el Sr. Fajardo lee este blog, y mucho menos la Conselleira, pero las noticias de listas de espera aunque las hagan en el hospital, las firma la Conselleira y debería tener más cuidado con lo que dice, pq además sabe que es mentira cuando lo dicen y se confían de que los pacientes nunca hagan nada.
Cómo los concellos permiten que los ciudadanos que los votan no esten atendidos? Por qué se permite desde la Consellería lo de la libreta de anillas?.

Anônimo disse...

y hacen la segunda planta porque los ingresados no los pueden anotar en una libreta de anillas que si no nos qued´bamos como estábamos.
Gracias al sr. Fajardo por sacar a la luz la realidad del hospital.