29/11/2007

Información relativa a asamblea de traballadores celebrada o 29/11/2007// ACTA 16


Na Asamblea de traballadores celebrada hoxe Xoves 29 de Novembro no salón de actos do centro, refrendouse por parte dos traballadores o acordo do pleno do comité de empresa encanto a persoarse como parte demandada e baixo a asesoría xurídica de UGT, no proceso contencioso administrativo ante o recurso formulado por Milagros Ríos e outros contra o Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público.(DOG nº100, do 25 de maio de 2007).




ACTA DECIMOSEXTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES



Convócase pleno extraordinario polo presidente do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 27/11/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Actuación ante o recurso formulado por Milagros Ríos e outros contra o Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado polas entidades adscritas a Consellería de Sanidade .(DOG nº100, do 25 de maio de 2007).

II. Preparación da reunión prevista con xerencia para o Martes 27/11/2007.

III. Rogos e Preguntas




Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramón Barreiro Paz (D. S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Celia Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Monserrat Villar Mouriño












I. Actuación ante o recurso formulado por Milagros Ríos e outros contra o Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado polas entidades adscritas a Consellería de Sanidade .(DOG nº100, do 25 de maio de 2007).

Dáselle lectura o escrito de interposición de Recurso Contencioso-Administrativo, co número de Procedemento ordinario 0000411/2007, sendo recorrentes do mesmo: Milagros del Río Calvo, Luis Manuel Domínguez Muñoz, Sadjia Purificación Haif Varela, Domingo Sorga Gomez, María Teresa Seijo Galman, e o acto recorrido o Decreto 91/2007, do 26 de Abril, da Consellería de Sanidade, de integración no réxime estatutario do persoal laboral.

O presidente do comité de empresa traslada o pleno a proposta feita dende o sindicato UGT de ofrecer a súa asesoría xurídica de xeito gratuíto a tódolos comités de empresa no que sexa maioritario.

Tras debate plenario e por unanimidade dos asistentes ao pleno do comité acordase:

1. Adoptar a decisión de persoarse como parte demandada no Contencioso-Administrativo anteriormente citado.

2. Renunciar a asesoría xurídica da F.P Hospital Salnés.

3. Aceptar o ofrecemento da asesoría xurídica gratuíta de UGT como sindicato maioritario na F.P Hospital do Salnés .

4. Buscar a coordinación entre comités de empresa.

5. Convocar Asemblea informativa aos traballadores do centro para o Xoves 29/11/2007.









Correspóndelle ao presidente do Comité de Empresa da Fundación Pública Hospital Salnés, ao abeiro do artigo 5, Capítulo II do Regulamento Interno do Comité de Empresa (artigo. 66.2 ET) a función de:

• Representar ao Comité de Empresa ante persoas físicas ou xurídicas, Administracións do Estado e demais Institucións, públicas ou privadas en concordancia coas decisións adoptadas no pleno.

• Poder delegar todas ou algunha das súas funcións cando, por enfermidade ou ausencia imprevista, non poida exércelas persoalmente.

e para que así conste en Acta perante quen proceda e a efectos de poder outorgar un poder notarial para o contencioso administrativo citado anteriormente, o representante legal do Comité de Empresa da F.P Hospital Salnés é Don Rafael Martinez-Almeida Fernández e por delegación de darse as condicións anteriormente mencionadas Don Felipe García Calvo como secretario do Comité de Empresa.



II. Preparación da reunión prevista con xerencia para o Martes 27/11/2007

Dáselle lectura a relación de puntos a tratar na reunión con xerencia.

III. Rogos e Preguntas.

Non hai rogos.

Nenhum comentário: