10/04/2008

ACTA XXI, Comité de Empresa Hospital Salnés

ACTA VIXESIMOPRIMEIRA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Lidia Costa Cruz (D.S CIG)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Felipe García Calvo (UGT)
Juan Carlos García García (CIG)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Monserrat Villar Mouriño









Convócase pleno ordinario do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 12/02/08, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Lectura e aprobación, se procede, das Acta 18, 19 e 20 (Comité de Empresa).
II. Comité de Seguridade e Saúde. Seguimento.
III. Elección delegado de Prevención.
IV. Elección membros comité de empresa, comisión baremación HADO.
V. Incorporación de celadores
VI. Integración. Situación comité de empresa.
VII. Rogos e Preguntas.











I. Lectura e aprobación, se procede, das Actas XVIII, XIX, XX

Dáselle lectura a Acta XVIII aprobándose por unanimidade.
Dáselle lectura a Acta XIX, sometése a votación, sendo o resultado:
Votos a favor: 2
Votos en contra: 6
Abstencións: 2
Dáselle lectura a Acta XX, sométese a votación, sendo o resultado:
Votos a favor: 1
Votos en contra: 8
Abstencións: 3


II. Comité de Seguridade e Saúde. Seguimento.

Os delegados de prevención informan ao pleno da resolución positiva das baixas de saúde laboral. Así mesmo comunican que o vindeiro Mércores terá lugar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde.
Sométese a votación a suspensión cautelar da reclamación perante a inspección de traballo a expensas do cumprimento do acordo, sendo refrendado por unanimidade do pleno.


III. Elección delegado de prevención

Inclúese por unanimidade a inclusión do tratamento de elección de novo membro do comité de empresa dacordo ao artg.35 da LPRL, como delegado de prevención trala dimisión de Dona Noemí Cortes Rey como membro do comité de empresa por parte da UXT.
A UXT propón a Dona Andrea Mariño Álvarez, non habendo máis propostas sométese a votación, sendo os resultados:

Votos a favor: 7
Votos en contra: 0
Abstencións: 3

Queda nomeada Dona Andrea Mariño Álvarez como nova delegada de prevención.


IV. Elección membros comité de empresa, comisión baremación HADO

Da cordo as bases reguladoras da convocatoria de adscrición temporal na categoría de DUE para o servizo de HADO, constituírase unha comisión de valoración integrada por 2 membros nomeados polo Comité de Empresa, de entre os seus membros, e dous pola dirección.
Por unanimidade a representación recae en Monsterrat Villar Mouriño e Beatriz Poceiro Hermida.



V. Incorporación de celadores

Ten lugar debate plenario entorno as actuacións a levar a cabo perante a falla no centro hospitalario das categorías estatutarias ausentes. Esta carencia desemboca nunha sobrecarga sistemática de traballo que afecta a totalidade do persoal así como aos usuarios do mesmo debido a que a política de reforzos de persoal levada a cabo no último ano resulta insuficiente para garantir o correcto funcionamento das áreas asistencias con criterios de calidade aceptables.
O pleno do comité aproba por unanimidade:
 A presentación dun escrito perante o Padroado da Fundación, e o SERGAS solicitando un plan de incorporación e incremento de persoal estrutural deseñado para dar solución ás demandas expostas e cun prazo máximo de execución progresivo, pero necesariamente finalizado no ano 2008, no que se inclúan as categorías estatutarias das que actualmente carece e precisa o centro.
 Comunicación a prensa.




VI. Integración. Situación comité de empresa.

A situación do comité de empresa trala integración do persoal laboral da F.P está pendente de negociación na mesa sectorial, que se espera se resolva proximamente.

VII. Rogos e preguntas

Non hai rogos

En Vilagarcía de Arousa 13 de Febreiro do 2008.

Nenhum comentário: