ACTA VIXESIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES
Asistentes
Patricia Alonso Alonso (UGT)
Maria Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Noemi Cortes Rey (UGT)
Lidia Costa Cruz (D.S CIG)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Felipe García Calvo (UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sanchez Tomé (D.S CCOO)
Montserrat Villar Mouriño
Convócase pleno extraordinario do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés, a petición dos membros de CEMSATSE e CCOO, con data 29/01/08, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:
I. Non renovación contrato ciruxán.
II. Escrito de solicitude á Xerencia da convocatoria da Comisión de Saúde Laboral.
III. Valoración da reunión de Saúde Laboral
I. Non renovación contrato ciruxán
Toma a palabra Don Jaime Grande preguntando sobre a existencia dun escrito, supostamente asinado por Don Rafael Martinez-Almeida Fernández no que se faría unha valoración en contra da renovación de Don Agustin De Juan.
Dita manifestación basease, según el, nunha conversa mantida co director xerente.
Trala exposición dos feitos rógalle ao presidente que se manifeste ao respecto.
O Presidente do Comité de Empresa expresa que nunca tratou, coa Empresa cuestións de índole contractual e particulares dalgún traballador a título individual, senon que as conversas en defensa dos intereses dos traballadores as fixo nas reunions bilaterais entre a Dirección e o Comité defendendo aos acordos do pleno do Comité en cuestions de caracter colectivo que afectaban a un número importante de traballadores. Engade que endexamais se manifestou ante a Dirección do centro nin se posiciou en contra da renovación de Don Agustín De Juan, nin de xeito verbal nin escrito, nin como presidente do Comité de Empresa, nin siquera como membro do servizo de cirurxía do centro.
O Presidente pide que se faga entrega ou se amose o escrito aludido por Dn. Jaime Grande no que supostamente se atopa a súa firma, o que ao delegado de CEMSATSE non está en disposición de entregar neste momento.
Dn. Rafel Martínez-Almeida asegura ao Pleno que non hai ninguna firma súa en papeis en relación co cese, contrato ou nomeamento do ciruxan, e que sendo así Don Jaime Grande debería ser mais coidadoso coa afirmación feita e debería estar en disposición de demostralas. Engade que se lle preguntará especificamente sobre ao suposto escrito e a súa firma ao Dr. Soler para a clarificación dos extremos.
II. Escrito de solicitude á Xerencia da convocatoria da Comisión de Saúde Laboral.
Ten lugar debate plenario en relación ao escrito achegado a dirección con data 16 de xaneiro do 2008 con número de rexistro de entrada 51 o cal se anexa a esta acta como Anexo I.
Constátase erro no encabezamento así como na sinatura xa que a representación do Comité de Empresa correspóndelle ao presidente do mesmo. Non cabe debate sobre o contido, a súa argumentación, defensa e tratamento é facultade íntrinseca dos delegados de prevención como representantes dos traballadores e traballadoras con funcións específicas en materia de prevención de riscos laborais (LPRL artgo. 35.1).
Sométese a votación, a petición de Celia (CCOO), a realización dun escrito de apoio a Dona Noemí Cortes Rey no tocante ó contido do escrito anteriormente citado, dentro das competencias propias dos delegados de prevención así como tamén dirixido a subsanación dos erros constatados.
Votos a favor: 10
Votos en contra: 0
Abstencións: 2 (Noemí e Rafael)
III. Valoración da reunión de Saúde Laboral
Os delegados de prevención de riscos trasladan ó pleno o contido da reunión mantida no seo do Comité de Seguridade e Saúde o mércores 23 de xaneiro. Informan ao pleno da:
a) Aprobación das bases reguladoras da praza de saúde laboral a cal estará aberta a tódalas categorías profesionais encadradas dentro da planella da F.P Hospital do Salnés.
b) Contratación dunha empresa especializada na erradicación de pragas (pulgas) ubicada no Porriño a raíz das picaduras de ditos insectos a varias traballadoras do centro.
c) Existencia de irregularidades e incumprimentos na tramitación de baixas por lactación de risco.
Os Delegados de Prevención trasladan o Pleno a súa impresión sobre incumprimentos da Empresa no tocante a convocatoria e funcionamento do Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Por outra banda informan da resistencia da actual Mutua, a pesar dos contactos mantidos cos seus representantes, a conceder as baixas por risco durante a lactación, según a normativa vixente e a cualificación de riscos por posto de traballo. Todo a cal está a afectar negativamente aos traballadores afectados e precisa de urxente solución.
Os delegados de prevención solicitan, ante o Pleno a denuncia ante a Inspección de Traballo das irregularidades citadas no citado apartado c) e que esta se faga dende ao Comité de Empresa. Así mesmo pídese que se fagan públicas as dificultades no tocante ao estricto cumprimento da legalidade en materia de prevención de riscos.
O Secretario do Comité manifesta que é facultade e responsabilidade legal dos delegados de prevención, como representantes dos traballadores e traballadoras con funcións específicas en materia de prevención de riscos laborais, levar a cabo todas as actuacións precisas nese campo tal como se recolle no artigo 40.1 da LPRL non sendo excluinte disto o apoio implícito e incluso público que se lle queira dar dende o Comité de Empresa a labor dos Delegados de Prevención.
Neste senso e concordando co anterior expresouse o Presidente.
A petición dos delegados de prevención, sométese a votación a denuncia ante a Inspección de Traballo das irregularidades anteriormente citadas e facelo como comité de empresa .
Votos a favor: 10
Votos en contra: 1 (Felipe)
Abstencións: 1 (Rafael)
O Presidente do Comité de Empresa expresa que non ten neste intre coñecemento técnico suficiente para confirmar cales son os pasos necesarios ni as implicacións dunha denuncia do Comité de Empresa na materia e tocante a saúde laboral e seguridade, perante a Inspección de Traballo e confirma que fará as averiguacións precisas para garantir a correcta execución do acordo do Pleno.
En Vilagarcía de Arousa 29 de Xaneiro do 2008.
10/04/2008
ACTA XX, Comité de Empresa Hospital do Salnes
Etiquetas: Actas
Um comentário:
Y las actas 18 y 19?
Cómo se contrata ahora a un auxiliar administrativo en el Hospital do Salnés?
Muchas gracias.
Postar um comentário