Informase por medio do presente que os modelos de “Solicitude de Integración” do
persoal da F.P. Hospital do Salnés así como o Anexo II do Real Decreto 1181/1989
atopasen a disposición do traballadores, no departamento de persoal da Fundación.
Documentación obrigatoria para todo o persoal que queira solicitar a
integración:
1.- Fotocopia compulsada de DNI o pasaporte ou documento que acredite a
identidade, nacionalidade e data de nacemento do interesado. (Debe de estar
actualizado)
2.- Fotocopia do contrato de traballo que acredite a condición de persoal fixo
ou indefinido.
3.- Fotocopia do titulo exixible para o desempeño da categoría de
pertenza.No caso do persoal Facultativo aportación de titulación como licenciado en
mediciña e a titulación da especialidade.
4.- Certificado de servicios prestados únicamente na F.P. Hospital do Salnés
e Anexo I Certificado de Servicios Previos de TODOS aqueles centros para os que
se solicite o recoñecemento da antiguidade ( incluido os das Fundacións).
5.- Anexo II do R.D 1181/1989. (Debe de ser cuberto polo traballador/a) e
nel recolleránse tódolos servicios prestados que teña acreditados para o
recoñecemento da antigüedade, relacionando de xeito individual contrato a
contrato.( En tódolos centros incluidos os da Fundación) .
6.- O Persoal Facultativo sería convinte que entregase ademais neste mesmo
acto, unha declaración xurada sobre se se atopa ou non en situación de prestación
de servizos en réxime de exclusividade.
IMPORTANTE: Ademais da documentación mencionada con anterioridade as
persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións deberán aportar con
carácter obligatorio a maiores da documentación mencionada no párrafo anterior a
seguinte documentación ( non son excluintes entre si para aquel persoal que se
atope en todalas situacións mencionadas a continuación):
1.-Persoal Categoría de PSX:
a) Informe sobre funcións e destino na institución. (Deberá solicitarse no
departamento de persoal igual que os servizos prestados e Anexo I).
2.-Persoal que ocupa posto de Responsabilidade, con independecia da
categoría:
a) No caso do persoal que ejerza funcións ou desempeño de postos de xefatura,
coordinación ou especial responsabilidade achegarase copia da designación
realizada pola xerencia.
3.-Persoal que se atopa en situación de promoción interna:
a) Resolución adicional na cal se declare en situación de promoción interna
temporal na categoría estatutaria de promoción con referencia da causa que deu
lugar á dita promoción. (Deberá solicitarse no departamento de persoal ).
b) Fotocopia do título exixible para o desempeño desta categoría.
4.- Persoal en situación de excedencia.
a)Fotocopia de resolución pola que se estima a suspensión do contrato de traballo e
se determine a súa casusa de ser o caso.( Resolución de excedencia).
ACLARACION: Para as categorías de Auxiliar de Enfermería e DUE, dende a
Dirección emitirase un informe do posto que ocupan actualmente na Fundación
conforme o publicado no acoplamento.
Toda a documentación deberá ir debidamente compulsada.
Información proporcionada polo Departamento de Persoal F.P.Hospital do Salnés.
Nenhum comentário:
Postar um comentário