17/09/2007

ACTAS 11, 12 do Comité de Empresa

ACTA UNDECIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES



Convócase pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 26/06/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:



1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Décima.
2. Establecemento de calendario plenos ordinarios.
3. Resposta ó escrito de dirección sobre o cambio de mutua.
4. Asignación da praza de saúde laboral.
5. Pacto de Contratacións.
6. Información da Comisión de Contratacións.
7. Revisión criterios concesión LDs.
8. Lectura e aprobación, se procede, da Acta IV da reunión Xerencia/Comité de Empresa.
9. Elección dos membros do comité de empresa para a comisión de seguimento do acoplamento.
10. Rogos e Preguntas.





Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)



Monserrat Villar Mouriño (CIG)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Ramón Barreiro Paz (D. S CEMSATSE)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)








1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Décima.


Andrea Mariño Álvarez quere deixar constancia relativo a páxina 5 da acta décima da necesidade de mantelos acordos plenarios.
Apróbase a Acta Décima por acordo unánime dos asistentes ao pleno.






2. Establecemento de calendario plenos ordinarios.

Ao abeiro do artigo 4.2 do regulamento interno do comité de empresa no que se recolle “Plenos Ordinarios. Celebraranse obrigatoriamente unha vez cada dous meses.
As convocatorias quedarán fixadas dunha reunión para a seguinte.” O pleno establece por unanimidade como data do vindeiro pleno ordinario o segundo mércores de cada mes par, sendo o próximo o 10 de Outubro do 2007.










3. Resposta ó escrito de dirección sobre o cambio de mutua.


O pleno do Comité de empresa entende:

• Que a elección da mutua debe basearse na calidade dos servizos.
• Que as mutuas han de saber que os seus clientes non só son as empresas senón tamén os traballadores/as.
• Que debeu existir codecisión na elección da mutua posto que a intervención dos e das representantes dos traballadores é decisiva, xa fose a través do Comité de Empresa ou do Comité de Seguridade e Saúde.

O comité considera que o cambio da mutua se debeu planificar co tempo suficiente para que tivera lugar a discusión sobre o mesmo, posto que o contrato entre empresa e mutua é dun ano e que se renova automaticamente se ningunha das partes o denuncia. Que tanto para a elección de Mutua como para o seguimento da actividade desenvolvida pola mesma son fundamentais dous aspectos:

 Os medios humanos e materiais cos que conta a Mutua no territorio.
 Apertura da Mutua á interlocución coa representación sindical: que esta poida dirixirse á mutua para solucionar calquera problema que puidese xurdir, dun xeito áxil e eficaz.

O Comité de Empresa non recibiu comunicación ningunha por parte da Dirección dos criterios seguidos pola mesma para á elección de mutua, nin información sobre as posibles ofertas.

Ante esta situación, o pleno do Comité acorda por unanimidade solicitarlle a dirección:

- A creación urxente do Servizo de Prevención propio (petición xa formulada por este órgano con data 2/04/07 e con número de rexistro 471)
- Información completa sobre as ofertas externas existentes para cubrir dito Servizo mentres non se produce a creación do propio.







4. Asignación da praza de saúde laboral.

Non cabe debate o respecto deste punto ante o silencio por parte da dirección a proposta feita polo comité.
Acórdase solicitala convocatoria do comité de seguridade e saúde para abordar este punto.




5 .Pacto de contratacións.

O acordo sobre a contratación temporal do persoal na Fundación Pública Hospital do Salnés vixente dende o 20 de Marzo do 2006 recolle textualmente:

“NORMAS XERAIS:
1.-VIXENCIA DO ACORDO:
Este acordo entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no taboleiro de anuncios
do Hospital, Web do Sergas e nun xornal da comunidade autonómica.Os listados terán
vixencia durante un ano a partir da mesma, transcorrido este período, entenderanse
prorrogadas as listas ata que medie denuncia dunha das partes .”


Debátese no seo do pleno a denuncia do acordo de contratación temporal situación que posibilitaría a negociación dun novo pacto de contratación temporal. Non existe unanimidade do pleno respecto a este punto


6. Información da Comisión de Contratacións.

Os membros da comisión de contratacións informan o pleno da última reunión mantida por esta comisión con xerencia. Poñen en coñecemento do pleno a existencia de actas que recollen os asuntos tratados nas reunións mantidas por esta comisión coa xerencia. Quedan pendentes de achegalas ao resto dos membros do comité de empresa.

Informan ao pleno da detección das seguintes irregularidades na contratación de persoal:

• María Jesús Rodríguez Bacariza penalizada sen convocarse a comisión paritaria de contratacións.

• Félix Martinez Gigirín (DUE), penalizado sen convocarte a comisión paritaria de contratacións.

• Cristina Touriño Rey (Técnico en coidados auxiliar de enfermería) a que se lle negou un contrato en Farmacia que lle correspondía por orde de puntuación na lista de contratación, contravíndose o pacto de contratacións nunha mesma acción por tres ocasións, a primeira xa comunicada, a segunda é que foi outorgado directamente dende a dirección de enfermería, cando no pacto so se licita o departamento de persoal e as coordinadoras de area a capacidade de contratación, e a terceira e que se alegou dende dita dirección a necesidade de experiencia para un servizo que non goza de dita singularidade como así o fan os servizos de urxencias e quirófano.

• Que se concederon tres interinidades de PSX no mes de Xuño sen informar previamente da súa concesión ó Comité de Empresa.


Tras debate plenario, acórdase por unanimidade dos asistentes solicitar a xerencia:

• O cese de penalizacións de xeito unilateral obviando a comisión paritaria de contratacións.

• O fin da discrecionalidade na interpretación do pacto de contratacións.

• A comunicación dos contratos de longa duración ó comité de empresa.

• A asignación de futuras interinidades respetando o punto 6 do pacto "para a formalización de contratos de duración igual ou superior ó ano....chamarase ó aspirante de maior puntuación na lista sempre que non estea vinculado por un contrato das mesmas características.”


7. Revisión criterios concesión LDs

O pleno do comité tras o estudo da proposta feita por xerencia en relación os criterios de disfrute dos LDs, mantén a proposta feita na reunión mantida con xerencia e recollida na ACTA 1.

• Período de petición:

 Dende o un de xaneiro a 15 de Xaneiro do seguinte ano.
• Procedemento para a solicitude:

 Establecer un prazo de cinco días previos a data solicitada para a súa petición.
 Prazo de resolución de tres días hábiles seguintes a data de recepción da petición.

• Criterios de Concesión e exclusión:

 Enténdese como único criterio de exclusión a imposibilidade de dar cobertura o servizo; dando conta dos motivos ó comité de empresa.

Que no Convenio Colectivo ven recollido “A Dirección da institución poderá establecer, previo acordo co Comité de Empresa, criterios que permitan resolver a concorrencia de solicitudes en datas concretas, así como criterios de proporcionalidade nas solicitudes ao longo do ano, coa finalidade de evitar a acumulación destas en determinadas épocas.”
O pleno comité considera o sorteo como criterio aceptable na resolución cando concorran nun mesmo día varias solicitudes.







8. Lectura e aprobación, se procede, da Acta IV da reunión Xerencia/Comité de Empresa
Apróbase a acta por acordo unánime dos asistentes ao pleno






9. Elección dos membros do comité de empresa para a comisión de seguimento do acoplamento

O abeiro das bases que rexen o acoplamento interno do persoal sanitario non facultativo e non sanitario da F.P Hospital do Salnés que no seu punto catro establece a creación dunha comisión paritaria de baremación quedan nomeados de xeito unánime por parte do comité de empresa:

 María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
 Noemí Cortes Rey (UGT)
 Felipe García Calvo (UGT)



10. Rogos e preguntas

Non hai rogos








ACTA DUODECIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES



Convócase pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés a petición dos membros de CIG e CCOO con data 18/07/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:


1. Contratacións:

1.1 Anulación contrato DUE
1.2 Convocatoria da interinidade de Técnico Superior.

2. Permisos.

3. Rogos e Preguntas.





Asistentes

Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Monserrat Villar Mouriño (CIG)




María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Ramón Barreiro Paz (D. S CEMSATSE)









1. Contratacións.

1.1 Anulación contrato DUE

Informase o pleno por parte dos membros da comisión de contratación da detección dunha irregularidade na contratación dun DUE que tendo contrato de Luns a Venres e coa fin de sema contratada verbalmente, o venres de dito período sufriu un accidente laboral ás 14hs durante o seu exercicio sendo derivada o CHOP. Que dita irregularidade ven sumada a outras tales como a:

• María Jesús Rodríguez Bacariza penalizada sen convocarse a comisión paritaria de contratacións.

• Félix Martinez Gigirín (DUE), penalizado sen convocarte a comisión paritaria de contratacións.

• Cristina Touriño Rey (Técnico en coidados auxiliar de enfermería) a que se lle negou un contrato en Farmacia que lle correspondía por orde de puntuación na lista de contratación, contravíndose o pacto de contratacións nunha mesma acción por tres ocasións, a primeira xa comunicada, a segunda é que foi outorgado directamente dende a dirección de enfermería, cando no pacto so se licita o departamento de persoal e as coordinadoras de area a capacidade de contratación, e a terceira e que se alegou dende dita dirección a necesidade de experiencia para un servizo que non goza de dita singularidade como así o fan os servizos de urxencias e quirófano.

• Concesión de tres interinidades de PSX no mes de Xuño sen informar previamente do mesmo ó Comité de Empresa.


Tras debate plenario decidise unanimemente a realización dun escrito de queixa formal ao departamento de RRHH do SERGAS, así como a entrega dun tríptico informativo a tódolos traballadores da F.P Hospital do Salnés coa normativa vixente.


1.2 Convocatoria da interinidade de Técnico Superior.

O pleno ante ausencia de constatación por parte da dirección do centro do cumprimento dos principios de publicidade, mérito e igualdade acorda solicitar en relación á cobertura mediante contrato temporal de longa duración (interinidade) dun Titulado Superior non sanitario para a área de RR.HH da Fundación, con experiencia na asesoría xurídica e relacións laborais, :


• Copia da solicitude remitida o Servizo Galego de Contratacións para dar cobertura a dito contrato.

• Copia da relación de aspirantes.

• A participación no proceso de selección.




2. Permisos.

Informase o pleno por parte dos membros da comisión de contratación da denegación dun permiso legalmente establecido no convenio colectivo vixente en canto ao relativo ao artigo 34, apartado b do Capítulo VII que reza “Tres días naturais polo nacemento de fillo, adopción ou acollemento (preadoptivo ou permanente) de menores de seis anos; así como pola morte, enfermidade grave ou hospitalización do cónxuxe, parella de feito ou familiar ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade. Se o feito causante se produce fora do ámbito territorial do convenio, o permiso ampliarase a cinco días naturais ininterrompidos.”

Acórdase por unanimidade do pleno a realización dun escrito de protesta ao SERGAS ante ás irregularidades detectadas.








4. Rogos e preguntas.

4.1. A comisión de acoplamento informa ao pleno da realización sen incidencias do proceso de baremación.

No relativo a adxudicación de postos ofertados , situación que leva parella a saída das unidades de outros traballadores este órgano entende como criterio válido que se realice en función da lista de contratación vixente indo de menor a maior puntuación, e de persoal eventual a persoal interino.

4.2. Os asistentes a reunión informativa celebrada o 13 de Xullo convocada pola xerencia na que se tratou a situación do servizo de oftalmoloxía informan o resto do pleno do contido da mesma asi como do acordo unanime de ditos asistentes de agardala comunicación dos feitos por parte dos afectados, antes de entrar a facer ningunha valoración. Cada delegado responsabilizouse de informar ós membros do seu grupo sindical.

Nenhum comentário: