Apertura Listas de Contratación Temporal do Hospital Virxe da Xunqueira
Enlace a web premendo aquí
Hoxe 15 de maio de 2008 saiu publicado na páxina web do Sergas o pacto de contratacións do Hospital Virxe da Xunqueira nas seguintes categorías: ATS/DUE, MATRONA, FISIOTERAPEUTA, TÉCNICO ESPECIALISTA DE LABORATORIO DE ANÁLISIS CLÍNICOS, TÉCNICO ESPECIALISTA EN RADIOLOXÍA, TÉCNICO ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA, AUXILIAR DE ENFERMERÍA e TRABALLADOR SOCIAL.
Para aqueles que estén interesados o prazo comeza mañá 16 de maio ata ao 30 de maio de 2008, ambos inclusive.
As solicitudes entregaranse no rexistro da Fundación ou por correo certificado.
É obrigatorio aportar: DNI, xustificante de pago de tasas, e fotocopias COMPULSADAS do título e méritos.
OPE 2006. Elección destino.
Resolución do 12 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se cita para o acto de elección de destino aos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde
Consulta a resolución completa premendo aquí
Categorías: calefactor/a, conductor/a, fisioterapeuta, grupo administrativo, lavandeiro/a, pasadora de ferro, pinche, técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista anatomía patolóxica, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da
información, técnico especialista laboratorio, técnico especialista radiodiagnóstico, técnico especialista radioterapia, técnico especialista hixienista dental, telefonista, terapeuta ocupacional e matrón/a.
Terceiro.- O acto de elección de destinos celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n de Santiago de Compostela, coa seguinte distribución de categorías:
Día 23 de maio de 2008, ás 11 horas: técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, calefactor, conductor, telefonista, técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía e hixienista dental.
Día 23 de maio de 2008, ás 12 horas: técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, terapéuta ocupacional e técnico especialista en radioterapia.
Día 23 de maio de 2008, ás 13 horas: lavandeira e pasadora de ferro.
Día 24 de maio de 2008, ás 9,30 horas: grupo administrativo; ás 10,15 horas: pinche, aspirantes cuia puntuación total esté comprendida entre 117 puntos e 94 puntos; ás 12,15 horas: pinche, aspirantes cuia puntuación total esté comprendida entre 93,99 puntos e 76 puntos.
Día 26 de maio de 2008, ás 16 horas: TEL; ás 17,15 horas: TER; ás 18,30: enfermeira especialista en xinecoloxía e obstetricia; ás 19,15 horas: fisioterapéuta.
Concurso traslados
Consulta a resolución completa premendo aquí
Resolución do 6 de maio de 2008 da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde pola que se aproba a resolución definitiva do concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde convocado por Resolución do 20 de xuño de 2007 e 20 de decembro de 2007.
Nenhum comentário:
Postar um comentário