17/05/2008

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio Galiza honra as súas Letras e a súa Lingua.
Este ano 2008, é Xosé Maria Álvarez Blázquez o autor homenaxeado, podes consultala súa biografía eiquí.



Ise neno da rúa

Non é certo que os nenos teñan fame

Non pode ser.

Ben o sabedes todos

os que andades no mundo atafegados

á percura do pan dos vosos fillos

Ises outros que vedes pola rúa

pedindo esmola,

non teñen fame, non, porque daquela

vos teríades morto de vergonza.


E ben vos vexo andar nos vosos coches

ou nos tranvías, a berrar de cousas

estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-

sen reparar naquil esfarrapado

que coa moura mauciña está petando

na porta de ferro.

Por iso penso que non é verdade

o que algún caviloso di dos nenos

que andan así petando pola vida

-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-

A xente pasa leda......¡Fora boa

que andivesen a rirse dos seus crimes¡



Podes ver a continuación o documental Linguas Cruzadas

Linguas cruzadas

Um comentário:

Anônimo disse...

moi boa a reportaxe!