A CIG desmárcase da actuación do comité no "despido" dun médico de Oftalmoloxía
O sindicato CIG-Saúde informa, nun comunicado, que se "desmarca totalmente" das actuacións realizadas polo comité de empresa do Hospital do Salnés no caso do que a central nacionalista considera o "despido" dun médico.
REDACCIóN > VILAGARCíA
A CIG afirma que o comité de empresa adicouse a solicitar "información" sobre ese traballador á xefa de Administración, ademáis doutras xestións neste mesmo sentido.
Para este sindicato "non é función" do comité "xustificar ou non" un despido, "nin investigalo", senón, prosegue, facer fronte a unha "inxustiza".
Neste mesmo comunicado, CIG-Saúde reitera a súa preocupación "polo acaecido no quirófano de Oftalmoloxía-Urxencias" e fai responsable ao xerente do Hospital do Salnés, Pedro Soler, "de facernos chegar a información detallada sobre o mesmo, para, de ser así, calar as dúbidas sobre as infeccións que se produciron no mesmo".
Unha vez reiterado por parte da central nacionalista o seu "apoio" ao servizo de Oftalmoloxía e aos traballadores do mesmo, desde a CIG afirman que "esiximos saber qué pasa" coa asistencia de pacientes, consultas ou actividade cirúrxica neste servizo.
Esta central denunciou hai uns días que Oftalmoloxía non estaba funcionando correctamente, o que se traducía en malestar polos usuarios.
Nenhum comentário:
Postar um comentário