06/06/2009

Prensa 6/06/09

Faro de Vigo

O PSOE presenta unha moción pra que Pilar Farjas definase sobre o Hospital do Salnés


Enlace a nova completa premendo eiquí

Diario de ARousa

A conselleira de Sanidade presentará o luns ao novo xerente do Hospital


REDACCIÓN > VILAGARCÍA


A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, trasladarase este luns ao Hospital do Salnés para presentar ao que será o novo xerente do centro hospitalario. A visita é das máis esperadas, confiando en que aclare a futuro da área sanitaria.

Bibiano Fernández Arruti aínda non foi nomeado xerente de forma oficial, pero todo apunta a que ás dez da mañá do luns será definitivo que relevará a Pedro Adoitar á fronte do Hospital comarcal. A súa presentación desenvolverase no salón de actos do centro hospitalario de Ande, onde se espera tamén que a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, aclare as previsións que o seu departamento ten para a área sanitaria do Salnés.
Ademais, o deputado do PSOE Modesto Pose anunciou onte que a conselleira tamén dará contas das intencións de Sanidade o mércores no Parlamento, onde está previsto que Pilar Farjas compareza para responder a unha interpelación presentada polo socialista. Modesto Pose pregunta neste texto sobre infraestruturas sanitarias e a estrutura establecida polo departamento autonómico de Sanidade, polo que Pose pretende que Farjas ?defínase dunha vez e sexa clara, porque foi ela a que dixo que ía haber sete grandes áreas sanitarias en Galicia, das que excluía ao Salnés?.

Hai que lembrar que esta cuestión preocupa aos profesionais e mobilizou a alcaldes e colectivos da comarca.

3 comentários:

Anônimo disse...

ola: por favor esto es para Felipe
¿por que ahora no se cuelgan las listas de la gente que se contrata cada mes de enfermeria y auxiliares
y los contratos que se les estan dando.y por favor que sean puntuables para tener tiempo para poder reclamar

Anônimo disse...

ola, en castellano es con h, no será que tu hablas siempre en gallego pero para no dar la cara en esta blog escribes en castellano.
Una aperta y un biquiño.

Felipe García Calvo disse...

As listas cos número de contratación estanse a colgar no taboleiro sito na entrada para os vestiarios.

Por razóns técnicas alleas a nosa vontade non podemos colgalas na blogue polo momento.

Un saúdo