10/06/2009

Actas XXVII, XXX, XXXI, XXXII, XXXIII

Publicánse a continuación as ACTAS XXVII, XXX, XXXI, XXXII, XXXIII, do pleno da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés trala súa aprobación no pleno ordinario do comité de empresa do Hospital Salnés, celebrado hoxe día 10 no que se trataron ademais os seguintes puntos:

I. Lectura e aprobación se procede das actas XXVII, XXX, XXXI, XXXII, XXXIII.


II. Plantexamento próxima reunión coa nova dirección.


Acordos pendentes

Novas necesidades.

III. Rogos e preguntas


ACTA VIXESIMOSEPTIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Patricia Alonso Alonso (UGT)
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Lidia Costa Cruz (CIG/D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)






Convócase pleno ordinario do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 08/10/08, ás 10:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Lectura e aprobración, se procede, da acta: XXVI
II. Tratamento das prazas que próximamente quedarán vacantes no Hospital como consecuencia da OPE 2006.
III. Contratacións. Acumulación de tarefas.(incluido por unanimidade dos presentes)
IV. Carteleiras xornada.
V. Rogos e preguntas.




I. Lectura e aprobación se procede da acta XXVI

Tras lectura dos asistentes sométese a votación a aprobación da acta XXVI, sendo os resultados da mesma os que seguen:
Votos a favor: 8
En contra: 0
Abstencións: 1 (Sol, xustificándoa en base a non remisión da Acta, con anterioridade a celebración do pleno a tódolos membros)

II Tratamento das prazas que proximamente quedarán vacantes no Hospital como consecuencia da OPE 2006.

Incorpórase ao pleno Nieves Villadeamigo.

Toma a palabra Ramón Barreiro para manifestar ao pleno da xunta de persoal como se van a cubrir as vacantes que xeneran no centro a consecuencia da materilización da OPE 2006 coa abertura do proceso de toma de posesión a partires do 20 de Outubro.

Tras debate plenario e por unanimidade dos asistentes acórdase dirixir un escrito a dirección do centro no que se lle solicitará a cobertura de ditas vacantes mediante contratos de longa duración ao igual que no resto de centros SERGAS, (Anexo I), así como o tratamento deste punto na vindeira reunión conxunta.

III. Contratacións. Acumulo de tarefas.

Por unanimidade do pleno incorporase o tratamento deste tema na orde do dia

Sol Barreiro, como membro da comisión de contratacións, traslada ao pleno que se están dando bloques de acumulos de tarefas no centro por un tempo de catro meses, tendo en conta que o tempo máximo dos contratos de duración determinada a tempo completo por circunstancias da produción é de seis meses estanse a dar casos nos que dita modalidade de contratación limita a continuidade laboral e supón a perdida potencial de dous meses de contratación.

Tras debate plenario e por unanimidade dos asistentes acórdase dirixir un escrito a dirección do centro no que se lle solicitará a contratación de acúmulos de tarefas de xeito que teña lugar o aproveitamento integro de dita modalidade de contratación. , (Anexo II).

Así mesmo acórdase solicitalo seu tratamento na vindeira reunión conxunta.

IV.Carteleira Xornadas

Toma a palabra Felipe García manifestando ao pleno da xunta de persoal que non existe resposta no momento actual a petición formulada na última reunión con xerencia no tocante a solicitude de que se achegue a todolos traballadores do hospital un carteleira co turno axustado anualmente, na cal se inclúan os días de libre disposición e períodos vacacionais evitándose as modificacións de xornada que teñen lugar coa solicitude do período vacacional.


Tras debate plenario e por unanimidade dos asistentes acórdase dirixir un escrito a dirección do centro no que se lle solicitará a planificación da xornada anual onde se contemplen os cambios de turno libres e automáticos entre o persoal cun rexistro que garanta a cobertura do servizo pero sen afectación da xornada dos traballadores. (Anexo III)



V . Rogos e preguntas

-Reunión con xerencia

Acórdase solicitar reunión con xerencia na que tratar entre outros os puntos citados no apartado II e III.

-Irregularidades no cadro de actividade das DUEs da área ambulatoria

Lidia Costa Cruz “traslada a petición de las enfermeras del área ambulatoria y en el de ella misma: “

“-Que las enfermeras a partir de Octubre la que está realizando la agenda de audiometrías asume también la agenda de electros, priorizando los electros ya que trascurren en mismo horario con la consecuente demora en la atención de los pacientes de la otra agenda a lo que dirección de enfermería nos contestó que los pacientes esperen; que antes funcionaba con un contrato para asumir la agenda de electros.

-que las enfermeras asignadas al área ambulatoria en horario fijo de mañanas a partir de la misma fecha, que no tiene actividad por la mañana porque no la programan, las desplazan al turno de la tarde en esa misma área para cubrir la actividad extraordinaria de las consultas de otorrino y de cardio.

-que disponiamos de una sala de descanso acondicionada como en todos los servicios del hospital y que en el mes de septiembre nos han retirado el sillón, sin explicaciones.”

Razón pola que solicita a inclusión deste puntos na reunión con Xerencia.


Recórdaselle por parte da presidencia, para evitar erros cometidos no pasado, a necesidade de presentala documentación que xustifique ditas irregularidades, pois e a maneira de poder demostrar e soster a reclamación para a erradicación desta rutina ante a Dirección. Propón Rafael, ademais, que este punto se inclúa entre os temas a tratar na próxima reunión con xerencia.


-Integración, , carreira, atrasos

Ten lugar debate plenario sobre este punto, así como sobre a tardanza administrativa sobre o abonamento da antiguedade e publicación da Orde para o acceso a carreira profesional do
persoal laboral orixinariamente de entidades adscritas a Consellería de Sanidade e integrado ao réxime estatuario polos procesos previstos no Decreto 91/2007.

Por unanimidade dos asistentes acórdase dirixir escrito a RRHH do SERGAS e a Dirección Provincial do SERGAS, reclamando, a remisión conxunta das resolucións de integración, o
abonamento da antiguedade dende o un de Xullo 2007 e a publicación da orde reguladora do acceso a carreira profesional.

Horas sindicais

Os membros de CCOO trasladan ao pleno a súa intención de exercelo dereito a solicitar a tutela das horas sindicais dende RRHH do SERGAS antes a irregularidades que din sufrir na súa concesión.




En Vilagarcía de Arousa 8 de Outubro do 2008.









ACTA XXX, XUNTA DE PERSOAL HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramón Barreiro (CEMSATSE)
Felipe García Calvo (UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)
Lidia Costa Cruz (CIG)











Convócase, pleno ordinario da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés con data 11/02/09, ás 10:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Lectura e aprobación, se procede, das acta: XXVII, XXVIII, XXIX

II. Recoñecemento de antigüidade e atrasos estatutarización.


III. Seguridade nas pertenzas e enseres dos traballadores do centro.

IV. Preparación reunión con xerencia.


V. Rogos e preguntas.

.





I. Lectura e aprobación, se procede, das actas: XXVII, XXVIII, XXIX

Tras lectura da Acta XXVII, Lidia Costa Cruz solicita que conste no apartado de Rogos e preguntas de dita acta no tocante a súa intervención o seguinte:
“traslada el desacuerdo de los puntos mencionados o modificaciones de la actividad a petición de las enfermeras del área ambulatoria y suyo” e manifesta:

“-Que las enfermeras a partir de Octubre la que está realizando la agenda de audiometrías asume también la agenda de electros, priorizando los electros ya que trascurren en mismo horario con la consecuente demora en la atención de los pacientes de la otra agenda a lo que dirección de enfermería nos contestó que los pacientes esperen; que antes funcionaba con un contrato para asumir la agenda de electros.

-que las enfermeras asignadas al área ambulatoria en horario fijo de mañanas a partir de la misma fecha, que no tiene actividad por la mañana porque no la programan, las desplazan al turno de la tarde en esa misma área para cubrir la actividad extraordinaria de las consultas de otorrino y de cardio.

-que disponiamos de una sala de descanso acondicionada como en todos los servicios del hospital y que en el mes de septiembre nos han retirado el sillón, sin explicaciones.”

Tras lectura da XXVIII esta apróbase por unanimidade.
Tras lectura da acta XXIX este apróbase por maioría sen votos en contra.



II.Recoñecemento de antigüidade e atrasos estatutarización.

Toma a palabra o presidente do comité de empresa para manifestar que se realizaron distintas comunicacións en prensa e xestións coa Dirección do Hospital reclamando o abono dos atrasos derivados do proceso de estatutarización, e que non existe resposta a día de hoxe aos escritos achegados dende a xunta de persoal reclamando ditos conceptos, motivo polo que dende a UGT se plantexa este punto co fin de definir, si fora preciso, novas actuacións encamiñadas a consecución urxente do recoñecemento de antigüidade e o abono dos atrasos de estatutarización. Incluiuse por iniciativa propia o tratamento do recoñecemento da antiguedade e dos grados de carreira na próxima reunión (que se celebrará a continuación) coa Dirección para que a ésta facilite a información surdida nos últimos días como consecuencia das reclamacions feitas. Habida conta de que se informou o Presidente de que o Sergas encargara a noso servicio de persoal o cálculo da débeda e o inicio dos trámites para o recoñecemento.

Toma a palabra Ramón Barreiro para manifestar que mantivera unha reunión co responsable do Servizo de Xestión de Persoal Estatutario comunicándoselle que esperan poder regularizar definitivamente as cantidades debidas como consecuencia do finalizado proceso de integración do persoal das antigas Fundacións na nómina do próximo mes de Marzo. Durante esta semana esperan ter completado o proceso de recopilación de datos dos distintos conceptos a regularizar e que lles están remitindo desde as distintas institucións, para logo envorcalos nun procedemento informático que xa está operativo, de tal modo que esperan ter finalizado o proceso na primeira semana de Marzo, para abonalo coa nómina do mes.

Acordase por unanimidade dos asistentes agardar a reunión con xerencia prevista para o remate deste pleno para confirmar este aspecto.

III. Seguridade nas pertenzas e enseres dos traballadores do centro.

Toma a palabra Rafael Martinez-Almeida pondo de manifesto que antes os reiterados furtos que estiveron tendo lugar no centro hospitalario dende a UGT proponse reclamar a xerencia a posta en marcha dun réxime de visitas, un aumento da seguridade, e da dotación de lugares habilitados para gardalos enseres persoais.

Tras debate plenario acórdase reclamar a xerencia na reunión conxunta prevista a continuación:
-Un réxime de visitas.
-Lugares habilitados para a garda de enseres nas distintas unidades.
-Aumento da seguridade.
-Adxudicación de taquillas a todo o persoal.
-Investigación dos furtos con publicidade.

Por solapamento de tempo coa hora de reunión con xerencia a celebrar hoxe suspéndese a sesión neste punto.


IV. Preparación reunión con xerencia

V . Rogos e preguntas


En Vilagarcía de Arousa 11 de Febreiro do 2009.


ACTA XXXI, XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
Lidia Costa Cruz (CIG/D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)













Convócase comisón permanente da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés con data 18/02/09, ás 09:30hs, na sala de sesións coa seguinte orde do día:

• Revisión das bases Acomplamento interno.
• Elección membros para a constitución dos Comités de Evaluación de carreira profesional extraordinaria




I. Revisión das base de Acoplamento interno 2009 Hospital do Salnés

Partindo das bases reguladoras de Acoplamento interno do Hospital do Salnés do ano 2007:

Por UGT presentase solicitude de modificación dos seguintes apartados:

Primeira-Requisitos: Que non poidan participar aqueles que acadaron plaza no acoplamento do 2007
Quinta.-Resolución provisional: Que se notifique mediante correo eléctronico SERGAS aos participantes.
Novena.-Actuación en caso de empate: No caso de empate ao remate da fase de baremación, e de opción por un mesmo/posto dos ofertados por dous ou mais traballadores valoraránse:

a) Cursos:
Valoraranse os que estean relacionados coa actividade do grupo profesional especifico, sempre que estean realizados pola FEGAS, Organizacións Sindicais si están realizados no marco do Plan de Formación Continua do Persoal das Institucións Sanitarias do SERGAS, os realizados polas fundacións, as universidades, Colexios Profesionais oficiais, e os que estean acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde

Menos de 35 horas: 2 puntos
De 35 a 99 horas: 5 puntos
De 100 a 199 horas: 10 puntos
De 200 horas en adiante: 20 puntos ata un máximo de 50 puntos

b) Publicacións e relatorios relacionados coa categoría profesional 15 puntos por cada un.
Ata un máximo de 60 puntos
A puntuación máxima neste apartado será de 110 puntos
Só se valorarán en caso de empate, presentándose a documentación só a petición da comisión de valoración e nun prazo de 5 días hábiles. No caso de persistilo empate sera a antiguidade no centro o criterio de desempate.

Baremo de Méritos. Servizos prestados: Que se inclúa tal como segue
Servizos prestados con praza en propiedade no Sistema Nacional de Saúde, na mesma categoría que a praza á que se opta.- 1,80 puntos por día de servizo.
Servizos prestados no Sistema Nacional de Saúde con caracter temporal , na mesma categoría que a praza á que se opta.- 0,80 puntos por día de servizo.

Por parte de CCOO preséntanse solicitude de modificación do apartado Primeiro-Requisitos: Que se inclúa que poderan participar aqueles que participando no acoplamento do 2007 acadaron plaza no concurso pasando a acupar a última posición na lista de adxudicación .
Por parte de CIG preséntase solicitude de modificación do apartado Primeiro-Requisitos: Que se inclúa que poderan participar aqueles que participaron no acoplamento do 2007 en igualdade de condicións.
Tras debate plenario son aceptadas por unanimidade as solicitude de modificación propostas por UGT salvo a relativa a base primeira Requisitos sendo aceptada a proposta de CCOO por maioría simple (CEMSATSE, CCOO, CIG).
Elevaráse a Dirección as modificacións as bases reguladoras do acoplamento interno do ano 2007 co fin de elaborar as do acoplamento 2009 tal como segue:
Primeira-Requisitos: Que se inclúa que poderan participar aqueles que participando no acoplamento do 2007 acadaron plaza no concurso pasando a acupar a última posición na lista de adxudicación .
Quinta.-Resolución provisional: Que se notifique mediante correo eléctronico SERGAS aos participantes.
Oitava.-Incorporación aos postos de traballo: Que se inclúa como criterio de saída das unidades derivados do propio acoplamento o de menor días de prestación de servizos no Hospital do Salnés.
Novena.-Actuación en caso de empate: No caso de empate ao remate da fase de baremación, e de opción por un mesmo/posto dos ofertados por dous ou mais traballadores valoraránse:

a) Cursos:
Valoraranse os que estean relacionados coa actividade do grupo profesional especifico, sempre que estean realizados pola FEGAS, Organizacións Sindicais si están realizados no marco do Plan de Formación Continua do Persoal das Institucións Sanitarias do SERGAS, os realizados polas fundacións, as universidades, Colexios Profesionais oficiais, e os que estean acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde

Menos de 35 horas: 2 puntos
De 35 a 99 horas: 5 puntos
De 100 a 199 horas: 10 puntos
De 200 horas en adiante: 20 puntos ata un máximo de 50 puntos

b) Publicacións e relatorios relacionados coa categoría profesional 15 puntos por cada un.
Ata un máximo de 60 puntos
A puntuación máxima neste apartado será de 110 puntos
Só se valorarán en caso de empate, presentándose a documentación só a petición da comisión de valoración e nun prazo de 5 días hábiles. No caso de persistilo empate sera a antiguidade no centro o criterio de desempate.

Baremo de Méritos. Servizos prestados: Que se inclúa tal como segue
Servizos prestados con praza en propiedade no Sistema Nacional de Saúde, na mesma categoría que a praza á que se opta.- 1,80 puntos por día de servizo.
Servizos prestados no Sistema Nacional de Saúde con caracter temporal , na mesma categoría que a praza á que se opta.- 0,80 puntos por día de servizo




II Elección membros para a constitución dos Comités de Evaluación de carreira profesional extraordinaria.

Ao abeiro do apartado sexto da Resolución do 12 de novembro de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se inicia o procedemento para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de diplomados sanitarios do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional, correspóndelle as organizacións sindicais con representación na mesa sectorial a proposta de seis membros para constitución dos comités de evalución mediante designación por resolución das direccións do centro. Os comités estarán compostos por:

-Presidencia: Dirección de Enfermaría ou equivalente.

-Secretario: persoal fixo de xestión e servizos (grupo B ou superior) vinculado á Dirección de Recursos Humanos ou de Xestión da entidade.

-O resto dos membros deberán ser persoal estatutario fixo das categorías de diplomados sanitarios.

Sen prexuízo de que exista un único comité de avaliación, na designación dos seus membros garantirase a participación, cando proceda e na medida que resulte posible para a institución, de profesionais da categoría concreta obxecto de avaliación.

Dende a UGT deféndese a pertenza a categoría profesional de diplomado sanitario para a elección de membros en prol da constitución dos comités de evaluación.

Dende CIG, CCOO, CEMSATSE propónse que a elección dos membros para a constitución dos comités de evaluación sexa de entre os membros da xunta de persoal.

UGT propón a Felipe García Calvo e a Verónica Antón Fuentes.
CCOO propón a Sol Barreiro Pulido e a Celia María Iglesias Franco.
CIG propón a Lidia Costa Cruz.
CEMSATSE propón a Jaime Grande Freire.

Sométense as propostas a votación sendo os resultados os seguintes:
Votos a favor Votos en contra Abstencións
Felipe García Calvo 13
Verónica Antón Fuentes 5 (UGT) 6 (CIG, CEMSATSE) 2 (CEMSATSE)
Sol Barreiro Pulido 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE) 5 (UGT)
Celia María Iglesias Franco 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE) 5 (UGT)
Lidia Costa Cruz 13
Jaime Grande Freire 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE) 5 (UGT)


Ante a recusación de Veronica Antón Fuentes UGT propón a Rafael Martinez Almeida (8 UGT e CCOO, abstencións CIG e CEMSATSE).

Ao abeiro do apartado sexto da Resolución do 12 de novembro de 2008, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se inicia o procedemento para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional correspóndelle a cada unha das organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial a designación dun membro.

UGT propón a María do Mar Fente Rodriguez
CIG propón a Nieves Villadeamigo Lede
CCOO propón a Celia María Iglesias Franco
CEMSATSE propón a Beatriz Poceiro Hermida

En Vilagarcía de Arousa 18 de Febreiro do 2009








ACTA XXXII, XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Lidia Costa Cruz (CIG/D.S CIG)
María do Mar Fente Rodriguez (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)











Convócase comisión permanente da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés con data 04/03//09, ás 11:30hs, na sala de sesións coa seguinte orde do día:

• Elección dos membros DUEs representantes do Comité de Empresa no Comité de Evaluación de carreira profesional extraordinaria de Diplomados Sanitarios.
• Revisión das ALEGACIONS DA DIRECCION as bases de Acomplamento interno




I. Elección dos membros DUEs representantes do Comité de Empresa no Comité de Evaluación de carreira profesional extraordinaria de Diplomados Sanitarios.

Tralo requerimento por parte da dirección con data 2/03/09 do cumprimento do apartado sexto da Resolución do 12 de novembro de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se inicia o procedemento para que determinado colectivo de persoal laboral das categorías de diplomados sanitarios do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade e integrado no réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007 solicite o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional, no tocante a desginación de membros diplomados sanitarios con vinculo fixo para a constitución do comité de evaluación, queda invalidada a relación de membros aportada con anterioridade por non cumprir todos os membros os requisitos necesarios.

Toma a palabra o presidente da xunta de persoal para manifestar que este foi o posicionamento inicial mantido pola sección sindical de UGT que avogaba pola designación de titulados en enfermaría e co cumprimento estrito da normativa para a constitución dos comités

Toma a palabra Celia María Iglesias (CCOO) manifestando que esta sección sindical cambia o seu posicionamento inicial de designación de membros da comisión de evaluación da carreira profesional de DUEs en aras de non retrasala constitución da mesma.

Toma a palabra Lidia Costa Cruz (CIG) manifestando que tras consultalo coa sua central en Santiago non habería problema en que os membros non foran DUEs.

Ten lugar a presentación de candidatos polas distintas seccións sindicais sendo a relación a seguinte:

CEMSATSE propón a Eugenio Poses Sobral
CIG propón a Begoña Costas Perez, Lidia Costa Cruz, Nieves Morrazo Rey
CCOO propón a Carlos Nodar Ron, Sonia Alonso Juanes.
UGT propón a Felipe Garcia Calvo a Verónica Antón Fuentes e a María José Villaverde Rozados.



Sométense as propostas a votación sendo os resultados os seguintes:

Votos a favor Votos en contra Abstencións
Eugenio Poses Sobral 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE) 0 5 (UGT)
Begoña Costas Perez 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE) 0 5 (UGT)
Lidia Costa Cruz 13 0 0
Nieves Morrazo Rey 6 (CCOO, CIG) 0 7 (CEMSATSE, UGT)
Carlos Nodar Ron 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE) 0 5 (UGT)
Sonia Alonso Juanes 6 (CCOO, CIG) 0 7 (CEMSATSE, UGT)
Verónica Antón Fuentes 5 (UGT) 0 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE)
Felipe García Calvo 5 (UGT) 0 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE)
María José Villaverde Rozados 5 (UGT) 0 8 (CIG, CCOO, CEMSATSE)


O Presidente manifesta que para axilizar a constitución deste Comité de Evaluación remitirá os nomes designados polo pleno a Dirección hoxe mesmo sen esperar a firma deste acta.

II. Revisión das ALEGACIONS DA DIRECCION as bases de Acomplamento interno

Ten lugar debate plenario sobre as alegacións da xerencia do centro ás bases de acoplamento interno realizadas na última reunión conxunta celebrada no mes de Febreiro, relativas a inclusión dun período de proba e retorno así como no relativo a formación.
No tocante a inclusión do período de proba e de retorno CCOO e CEMSATSE defenden o mantemento do carácter irrenunciable do destino acadado, mentres que CIG e UGT defenden o mantemento do periodo de retorno para o traballador que opta o acoplamento. Tras discusión plenaria acórdase por unanimidade mantelo caracter irrenunciable do acoplamento.

Queda pendente de tratalo punto relativo a formación por solapamento de tempo coa comisión de evaluación de carreira profesional extraordinaria de técnicos de FP.






En Vilagarcía de Arousa 4 de Marzo do 2009



ACTA XXXIII, XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Lidia Costa Cruz (CIG/D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (UGT /D.S UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)

















Convócase comisión permanente da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés con data 15/04//09, ás 11:30hs, na sala de sesións coa seguinte orde do día:

• Elección dos membros da xunta de persoal que formaran parte da Comisión de Valoración da promoción interna.
• Revisión das bases de Acomplamento interno achegadas póla dirección.
• Designación dos membros da xunta de persoal que van a formar parte da Comisión de Valoración do acoplamento interno.
• Rogos e preguntas.









I. Elección dos membros da Xunta de persoal que formaran parte da Comisión de Valoración da promoción interna.

Tralo requerimento por parte da dirección do nomeamento dun membro da xunta de persoal para a constitución da comisión de valoración da promoción interna , ten lugar a presentación de candidatos; preséntase Lidia Costa Cruz sendo aceitada por unanimidade.

II. Revisión das bases de Acomplamento interno achegadas póla dirección

Dáselle lectura as bases de acoplamento interno achegadas pola dirección trala proposta trasladada dende a xunta de persoal. Nelas recollesenlle as propostas feitas dende a xunta de persoal salvo nos apartados:

-segundo: ao respeito dos requisitos xa que non se recolle que se inclúa que poderan participar aqueles que participando no acoplamento do 2007 acadaron plaza no concurso pasando a acupar a última posición na lista de adxudicación .

-noveno: no tocante ao período de incorporación xa que se aumenta en dous meses de catro a seis en relación ao primeiro acoplamento.

-baremo: detéctanse erros no coeficiente de proporcionalidade entre o tempo traballado.

Acórdase reclamar a modificación dos tres citados apartados na reunión coa xerencia que terá lugar a continuación da celebración desta comisión.





III. Elección dos membros da xunta de persoal que van a formar parte da Comisión de Valoración do acoplamento interno

Tralo requerimento por parte da dirección do nomeamento de tres membros da xunta de persoal para a constitución da comisión de valoración do acoplamento interno, ten lugar a presentación de candidatos:

María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
María do Mar Fente Rodriguez (UGT)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)

I.V Rogos e preguntas

Non hai rogos nen preguntas




En Vilagarcía de Arousa 15 de Abril do 2009

Nenhum comentário: