18/06/2009

Prensa 18/06/09

Faro de Vigo

Rodríguez culpa al bipartito del desastre en la gestión de la sanidad arousana


La diputada cree que las críticas son un ejercicio de "cinismo e irresponsabilidad"

Enlace a nova completa premendo eiqui



Diario de Arousa

Enlace o xornal premendo eiqui


UXT desmárcase na polémica do Hospital e di que falar de mobilización sen diálogo é precipitado

LORENA FERREÑO > VILAGARCÍA


A división entre os sindicatos con representación no Hospital do Salnés é clara. Mentres unha gran maioría baralla xa mobilizacións ante a falta de claridade da Consellería de Sanidade respecto ao centro de Ande, UXT prefire esgotar a vía do diálogo e da negociación antes de empezar a falar de folgas ou paros. O portavoz de UXT, Rafael Almeida, asegura que é preciso analizar os proles e os contras e que nos últimos días houbo máis desinformación que datos reais. Pola súa banda, o deputado socialista, Modesto Pose, presentará a próxima semana no Parlamento unha nova moción na que esixirá ao departamento de Pilar Farjas que se comprometa a executar a segunda fase de ampliación do centro.

O portavoz de UXT, Rafel Almeida, desmárcase da actitude do resto de organizacións sindicais representantes no Hospital do Salnés e aposta polo diálogo e a información ao persoal do centro.
?Nos últimos días están a dicirse moitas cousas e desinformando aos traballadores, por iso é necesario que haxa encontros nos que se analicen os proles e os contras da nova situación?, asegura. Almeida cre que a pesar de que a mobilización é simpre unha cuestión a ter en conta, neste momento é precipitado, ?débese barallar sempre despois do fracaso dunha negociación, pero nunca antes?.

Neste sentido, pide que se deixe de ?manipular á opinión pública e forzas políticas? nun asunto que debe ser analizado e sopesado nun ou varios encontros con representantes da Consellería de Sanidade e cos traballadores.

Almeida está convencido de que unha maior coordinación co centro hospitalario de referencia sería beneficioso para os paciente, xa que contaría con especialistas que doutro xeito non poderían acceder. A pesar de que defende a independencia como área sanitara, aínda que recoñece que ?habería que buscar unha estrutura legal que ampare a diferenciación de áreas?, cre que sería un erro tratar de converter o Hospital do Salnés nun centro de nivel primario como o de Pontevedra. Tanto a nivel de poboación como economicamente, esta posibilidade é inviable. A clave e o fallo da anterior xerencia foi precisamente o non ter unha maior coordinación e contacto co centro de Pontevedra?, asegura. Con todo, advirte de que o seu sindicato tampouco permitiría que esta situación derive nun mal trato aos traballadores ?cunha mobilidade xeográfica non desexada ou forzada.

Outra das cuestións tamén manexadas e que Almeida considera nefasta sería a vinculación co Hospital de Santiago. Sería un erro porque o area norte de Pontevedra quedaría deste xeito debilitada, asegura. Por todas estas razóns, Almeida considera neecesario puír as desvantaxes e tratar de buscar un achegamento de posturas.

Por outra banda, as diferenzas entre os sindicatos queda en evidencia na reunión que se manterá cos traballadores e á que acudirán todos os sindicatos representativos do centro hospitalario de Ande, menos UXT. ?A nós non nos convocaron?, di Almeida.

Nenhum comentário: