13/06/2009

Prensa 13/06/09

La Voz de Galicia

O persoal do hospital estuda mobilizarse pola área sanitaria
O xerente recoñeceu aos traballadores que, de momento, non pode avanzar nada sobre o futuro da xestión


Os traballadores queren implicar á cidadanía nunha protesta conxunta contra a integración no CHOP

Enlace a nova completa premend eiqui


Diario de Arousa

O Sindicato Médico de Galicia baralla mobilizarse para que o Hospital manteña a súa independencia


LORENA FERREÑO > VILAGARCÍA

Enlace ao xornal premendo eiqui


A chamada pública dos xefes de servizo do Hopsital do Salnés ás organizacións sindicais non se fixo esperar. Onte mesmo o Sindicato Médico de Galicia barallaba mobilizacións co obxectivo de que o centro hospitalario de Ande non perda a súa autonomía como área sanitaria. O representante do sindicato, Ramón Barreiro, pide que se involucren todas as partes para lograr o obxectivo común: Desterrar a idea da integración na área sanitaria de Pontevedra. Nos próximos días comezará o fervedoiro de reunións para tratar o asunto, xa que consideran que o diálogo coa conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, é ?misión imposible? e que ?trata de gañar tempo coa súa ambigüidade?.

A resposta dos sindicatos á invitación feita polos xefes de servizo para que tomen partido no conflito suscitado ante a posibilidade de que o Hospital do Salnés perda a súa categoría como área sanitaria independente da de Pontevedra non se fixo esperar. O representante do Sindicato Médico de Galicia, Ramón Barreiro, asegura que barallan a medio prazo as mobilizacións, xa que considera que o diálogo coa actual conselleira de Sanidade, Pilar Farjas é ?misión imposible?. Barreiro prevé nos próximos días unha rolda de contactos con traballadores e coa Comisión de Participación Cidadá co obxectivo de tomar accións conxuntas que vaian destinada finalmente a lograr manter o Hospital do Salnés como unha área independente.
?Debemos camiñar en paralelo e unirnos para que a postura que comparte a inmensa maioría dos cidadáns, sindicatos e traballadores salga adiante?, sinala. De feito, móstrase convencido de que o goberno galego está a tratar de ?gañar tempo? para ao final aplicar ?a súa vontade?.

?A postura ambigua da conselleira non facilita as cousas e a xente empézase a inquietar?, explica o representante do sindicato.

Ademais, Barreiro confía en que a pesar de que a idea da plataforma prevista polos xefes de servizo do centro hospitalario de Ande non callou o pasado xoves, si podería facelo nos próximos días. ?é preciso que nos involucremos todos dunha ou outra forma para que salga ben e consigamos o obxectivo?, explica.


Asemblea > O Sindicato de Médicos de Galicia que mantén contacto con outras organizacións prevé unha asemblea na próxima semana no Hospital para tratar o asunto. ?Non hai tempo que perder porque a pesar do que di a Consellería de Sanidade xa está a traballar pola integración con Pontevedra?, apunta Barreiro.

Pola súa banda, os xefes de persoal descartaron a posibilidade de mobilizarse e colgar bátaa o pasado xoves polos contratempos que poderían causar aos seus pacientes, sobre todo, nun momento no que moitos médicos se van de vacacións e o persoal no Sergas redúcese considerablemente nos centros hospitalarios.


Diario de Arousa

Opinión


Rafael Martinez-Almeida
Presidente Xunta de Persoal

A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés é garante e ten como función primordial a defensa dos intereses e dereitos laborais das\/as traballadoras/é.

A instrumentalización da Xunta de Persoal, é unha tentación que algúns grupos minoritarios, pouco preocupados coa representatividade legal das\/as traballadoras/é e máis ocupados en defender as súas condicións particulares, tentaron sen éxito até agora.

Nos últimos días hai quen deliberadamente e en defensa dos seus intereses tratou de manipular á opinión pública pondo en boca das\/as traballadoras/é do Hospital do Salnés informacións que non se xeraron no pleno da Xunta de Persoal.

Ningún dos axentes que interviñeron na creación da polémica poden soster que soliciten a opinión dos traballadores, nin sequera pediron intervir ou coñecer a opinión do pleno da Xunta de Persoal, polo que é evidente que a súa posición está totalmente deslexitimada para falar en nome das\/os profesionais do Hospital.

A Xunta de Persoal, traballa axustándose a un regulamento interno e como órgano colexiado de representación das\/as traballadoras/é, debe situarse tras acordo maioritario dentro do pleno.

Até a data ningunha sección sindical ha solicitado incluír na orde do día un debate sobre a suposta modificación das condicións laborais das\/as traballadoras/é por unha maior vinculación do Hospital do Salnés co centro de referencia en Pontevedra ou ante unha suposta reorganización administrativa da área sanitaria. Por iso é polo que desde a presidencia habemos rehuido facer públicas declaracións sobre este asunto, no que os traballadores teñen, de momento, pouca información para decidir e vontades e expectativas diversas segundo contactes cuns ou outros e cal sexa o seu perfil profesional.

O mínimo común denominador que une todas as vontades é non perder en calidade asistencial, senón todo o contrario, incrementala, e doutra banda, beneficiar a accesibilidade dos pacientes da nosa área á atención especializada do máximo nivel.

Facer crer que o deseño dos plans de desenvolvemento da área sanitaria norte da provincia de Pontevedra realizado nos últimos anos é erróneo ou que o Hospital do Salnés debe manterse nunha burbulla de cristal illado fronte a influencias do seu centro de referencia porque isto beneficia á Poboación, é tan arcaico e retrogrado como crer que os servizos públicos e as empresas son tanto máis eficientes canto máis localistas e gregarias.

Tres aspectos son fundamentais para os usuarios: a consecución dunha alta calidade asistencial, a atención sanitaria do máximo nivel e que esta se preste con accesibilidade universal e inmediata para os usuarios da nosa área. Estes tres aspectos teñen que ser os alicerces para a organización sanitaria e iso non choca con que desde a representación legal das\/as traballadoras/é reclamemos a mellora continua das condicións laborais do persoal e esixamos ocupar o noso sitio na negociación á que obriga calquera modificación da organización sanitaria.

Neste camiño a Xunta de Persoal do Hospital do Salnés non entra en debates de carácter político, que teñen un ámbito de negociación e discusión distinto ao que podemos acceder os representantes dos traballadores no exercicio da nosa función, nin trata de manipular á opinión pública con alarmas que non se poidan contrastar pola definición dun plan estratéxico que claramente choque cos dereitos das\/as traballadoras/é ou da poboación á que atendemos.

4 comentários:

Anônimo disse...

Felipe olvidouseche poñer o que viña debaixo do articulo do sindicato médico. A perorata do teu xefe de sindicato defendendo a integracion do Salnes no CHOP.
Coido que estas a dar unha información un pouco sesgada neste o teu blog.
Por outra banda...¿ti que pensas da integracion no CHOP e da área do Salnes?

Felipe García Calvo disse...

Ata hoxe pola mañá non tiven acceso a edición escrita xa que na dixital non aparecía. Queda publicada na entrada. As miñas disculpas.

Lembrar que a blogue é da xunta de persoal e de tódolos traballadores que queiran facer uso dela.

Non creo que a miña opinión individual sexa relevante fora do contexto da de tódolos compañeiros do centro xa que eu son representante dos traballadores e non de min mesmo.


Un saúdo

Anônimo disse...

Coido que volviches a esquecer poñer o nome do firmante do artigo de opinion que tal e coma esta posto no teu blog semella dito polo dr. Barrero cando en realidade e escrito polo teu xefe sindical Dr. RAfael Martinez almeida (que por certo non coincide a opinion ca do xefe do sindicato en santiago). A xente da UXT debe ter un cacao mental "de mil pares de narices"

Anônimo disse...

Mais che valía falar tí co teu Xefe sindical.
Non che preocupes pola UXT, e fai os teus deberes para no quedar coma sempre.
Para Cacao mental o que debe ter o SATSE coas posicions do CEMS, non de Galicia, que xa sabemos de que pé coxea, senon co do Hospital do Salnés, cuia sección sindical fala por un e cobra por dous.

No caso da CIG mellor que fales con Candido Sartier e che aclare as dubidas que poidas ter.

Para o tema de CCOO pregunta por Sol, no turno fixo de mañans atoparás a tua solución.