15/05/2009

OPE 2008/2009: EXAMEN

Nota informativa da realización dos exames.

Ao obxecto de facilitar a máxima difusión das previsións de traballo da Dirección de Recursos Humanos, previo ao chamamento oficial no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo para persoal licenciado sanitario de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), tense previsto realizaren no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) o vindeiro día 27 de xuño de 2009, ás 9,30 horas, en unidade de acto e de tempo.

Podedes confirmar a noticia na páxina web do sergas

Nenhum comentário: