22/05/2009

OPE 200-2009-Listados Provisionais admitidos

Publicada no DOG de hoxe, venres 22 de maio, a resolución pola que se declaran con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar na nova OPE do Sergas.

As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web (www.sergas.es).

Os apirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Um comentário:

Anônimo disse...

R.I.P.