O Comité de Empresa do Hospital do Salnés quere manifestar publicamente que denunciou en reiteradas ocasións a ausencia de determinadas categorías profesionais (celadores, auxiliares administrativos) asi como a falta de reforzo das áreas asistenciais (hospitalización, quirófanos, urxencias, servizos centrais e consultas ambulatorias) co persoal necesario para dotar estes servizos do numero suficiente de efectivos para evitar a sobrecarga sistemática de traballo á que se ve sometida a totalidade do persoal. Dita situación repercute e afecta tanto aos traballadores como aos usuarios do Hospital.
O Comité de Empresa solicitou ante o SERGAS, e ante a Dirección e Padroado da Fundación, a dotación orzamentaria necesaria e a contratación que permita corrixir o desaxuste actual.
No último ano realizáronse movementos de reforzo do persoal que resultan insuficientes polo momento.
O persoal esperou, pacientemente, que no ano 2008 se producíse a incorporación de persoal esixida. Esta esperanza foi defraudada pola recentemente comunicación e negativa do SERGAS a realizar, no Hospital do Salnés no 2008, incremento algún de persoal para calquera das categorías profesionais existentes nin para as que aínda non se crearon.
A negativa do SERGAS ao incremento de persoal é a última agresión aos traballadores do Hospital e unha volta de torca máis en contra das lexítimas reivindicacións e naturais expectativas do persoal.
Coa integración no SERGAS o persoal do Hospital pide ver melloradas as súas condicións laborais e que se lle sitúe de feito nun plano de igualdade co resto dos traballadores do sistema público de saúde.
O Comité de Empresa detecta e informa que os traballadores non se atopan en situación de soportar a excesiva carga de traballo e as consecuencias que sofren, afectando incluso o seu estado de saúde, o que finalmente repercutirá tamén sobre o nivel de calidade ofertado ata agora e que actualmente é demandado pola poboación.
Por iso esiximos a dotación inmediata dun plan de incorporación e incremento do persoal estrutural deseñado para dar solución ás demandas expostas e cun prazo máximo de execución progresivo pero necesariamente finalizado no ano 2008.
Esta demanda non é nova e o Comité de Empresa leva máis dun ano anunciándoo polo que a insuficiente resposta da Dirección e da Consellería de Sanidade non se pode soster salvo que se queira confiar, por parte da Administración e os seus xestores, en que se aceptarán por parte dos traballadores, improvisacións e ocorrencias finais, con solucións parciais ou que traten de perpetuar as deficitarias condicións actuais, ignorando deliberada e torpemente que entramos nun escenario estatutario que ten que conducir a unha mellora substancial para a atención aos usuarios e a vida dos traballadores.
Facer caso omiso da situación leva a imaxinarnos unha perpetuación e agravamento das indesexables deficiencias que cada vez máis son detectadas e denunciadas polos usuarios, como atrasos no acceso á habitación definitiva tras o seu ingreso, atrasos ou imposibilidade para o aseo do persoal, demora na xestión de probas -ata en situacións de urxencia- e, en definitiva, dificultades para a asistencia clínica e sanitaria diaria.
O persoal do Hospital non acepta de ningún xeito que poida tratarse de responsabilizarlle da dexeneración do servizo e alerta do fin da súa capacidade de resolución.
Neste senso e para constatación da realidade cotiá, o Comité de Empresa promoverá entre outras medidas a recollida de sinaturas entre os profesionais, usuarios e pacientes afectados, para que poidan adherirse á demanda dun incremento de persoal e a adaptación do Hospital aos estándares do Sergas e para que, de forma gráfica, poidan manifestarse en favor da defensa dun sistema sanitario público de calidade para os cidadáns da Area Sanitaria do Salnés ó igual que outras da nosa autonomía, coa dotación estrutural de persoal necesario para poder acompañar e coidar aos enfermos, atendendo e protexendo a saúde da poboación cos niveis de calidade esixidos por uns e outros.
2 comentários:
me parece muy bien esta nota. El proceso de integración no debe basarse, como parece que piensan la dirección y el SERGAS, en un papel firmado, del que por el momento no hemos recibido copia. si no de un conjunto de hechos que nos equiparen en derechos a los trabajadores del sistema de salud autonómico. Las reivindicaciones de personalque se hicienron de manera continua desde el inicio cobran ahora todavía más protagonismo al encontrarno en inferioridad de condiciones con los que desde el punto de vista adminitrativo si son nuestros iguales. No puede ser qu alguien piense que con decirnos que estamos integrados en el sergas nos baste, además queremos que se note.
Todos tenemos que apoyar las medidas que se tomen.
La situción es clara, la drección se desentiende de esas contrataciones porque cuenta con nuestra buena voluntad como trabajdores de seguir asumiendo funciones que en otros centros las realiza personal específico.
Postar um comentário