21/12/2007

Papá Noel visita esta mañá aos nenos da escola infantil do Hospital do Salnés



Autor:
La Voz de Galicia

Data de publicación:
21/12/2007

O Hospital do Salnés quere sumarse tamén á celebración do Nadal. Esta mañá recibirá nada menos que a Papá Noel, que visitará aos nenos da escola infantil Mafalda.
Non será a única visita que os pequenos do hospital recibirán, posto que o martes os nenos estiveron xa co Carteiro Real, quen recolleu as súas peticións para levarllas aos Reis Meigos. E, por suposto, tampouco As súas Maxestades deixarán de facer un alto no centro hospitalario de Rubiáns.
Efectivamente, o 6 de xaneiro os Reyes entregarán os seus agasallos aos nenos que estean ingresados na planta de Pediatría, posto que ese día, ao coincidir en domingo, a gardería estará pechada.
Ademais, o hospital contará con menús especiais os días máis sinalados das festas, para que as persoas que estean hospitalizadas non deixen de gozar delas.
No caso da cea de Noiteboa, o menú deste ano componse de vieira ao forno e sopa de galiña, de primeiro, bacallau á galega con patacas ao vapor e coliflor, e cordeiro asado con patacas douradas, de segundo, e torta e delicias de Nadal para a sobremesa.
O día de Nadal a comida consistirá en lagostinos cocidos con salsa tártara e crema de marisco de primeiro, tenreira asada con xudías e zanahorias, e pescada con ameixas e gambas de segundo. De sobremesa, piña fresca.
En fin de ano repetirase o menú de Noiteboa, pero incluíndo, por suposto, as uvas da sorte.

Um comentário:

Anônimo disse...

Preciosa postal.

Feliz Navidad.

Chapeau por el importante trabajo que habeis realizado este año, en general de gran utilidad para el conjunto de los trabajadores.