16/12/2007

El servicio de suministros del Hospital de O Salnés logra el certificado de calidad ISO 9001


Diario de Arousa

El servicio de Compras y Suministros del Hospital de O Salnés consiguió un nuevo certificado de calidad que se suma a los de otras áreas del centro: El distintivo ISO 9001:2000, del que se felicitan tanto la dirección como el responsable del servicio.

A xerencia do Hospital do Salnés sinalaba que "a calidade nos distintos servizos que ofrece o centro é fundamental, e para conseguila é preciso traballar en todos os ámbitos". Para lograr o distintivo ISO 9001:2000 o persoal de Compras e Subministros levou a cabo un arduo traballo que comezou en xuño de 2006, cando se iniciou o proceso de implantación do proceso de certificación, incluído no proxecto corporativo Aprov.ISO 9000 do Servizo Galego de Saúde.

Durante este tempo, os traballadores do servizo identificaron e documentaron todos os procedementos que se levan a cabo nas súas respectivas áreas, implantando melloras para axilizar os circuítos administrativos e facendo os reaxustes precisos para cumprir cos requisitos da norma ISO.

No mes de setembro, este servizo hospitalario pasou unha primeira auditoría levada a cabo polo propio persoal do Sergas, mentras que un mes máis tarde foi unha certificadora externa a encargada de verificar toda a documentación, contrastala co desenvolvemento "in situ" dos procedementos e certificar o cumprimento dos requisitos establecidos internacionalmente.

Consecuencias > A concesión deste distintivo ISO (International Organization for Standardization) supón, en relación co usuario interno ou externo do servizo de Subministros "máis eficacia e, polo tanto, unha maior confianza", posto que, como sinalan dende o centro hospitalario, esta certificación garante que todo o material que se merca está en bo estado. E, ademais, "corríxense erros ou problemas que puideran xurdir para evitar que se repitan".

Um comentário:

Anônimo disse...

en enfermería hubo un tiempo que tambien se hablaba de calidad. ahora esta todo defenestrado.
Ahora podríamos ganar un certificado al ahorro por encima de todo.