12/12/2007

ACTA XV e XVI Comité de Empresa

ACTA DECIMOQUINTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES



Convócase pleno ordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 10/10/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta 14.
2. Resposta do Sergas ao escrito entregado polo comité o 30/07.
3. Calculo da xornada anual.
4. Concesión días por formación.
5. Calculo servizos prestados.
6. Distribución de interinidades.
7. Rogos e Preguntas.




Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)

Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Monserrat Villar Mouriño







1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta 14

Apróbase por unanimidade a acta decimocuarta do comité de empresa

2. Resposta do Sergas ao escrito entregado polo comité o 30/07.

O pleno do comité por unanimidade decide dar resposta a petición de información por parte da Secretaría Xeral de Sanidade do Sergas trala denuncia das irregularidades feitas polo comité de empresa a este organismo. Anexarase a dita contestación toda información dispoñible sobre ditas irregularidades.

3. Cálculo da xornada anual.

Por unanimidade do pleno acórdase solicitar para o 2008 a realización do computo da xornada anual axustado, así como solicitar a dirección información sobre o cálculo da reducción de xornada por coidados de fillos que se esta aplicar as traballadoras tras a detección de diversas irregularidades.
4.Concesión de días por formación.

Trala denuncia por parte dunha traballadora da denegación dos días por formación, exisirase de novo a dirección o cumprimento do artigo 34 do convenio vixente no relativo a este punto tal como se comprometera na reunión mantida co comité de empresa o 30 de Maio do 2007.

5. Cálculo servizos prestados

Detectáronse posibles erros na contabilización dos servizos prestados no relativo a súa valoración con enteiros ou decimais, estase a expensas de recibir información por parte do servizo de persoal no tocante o seu cómputo.

6. Distribución de interinidades.

Acórdase requirir a xerencia os criterios que se seguiran nos chamamentos para a adxudicación de interinidades.

7. Rogos e Preguntas.

Non hai rogos nin preguntas.






En Vilagarcía de Arousa 10 de Outono do 2007.

Presidente do Comité de Empresa Secretario do Comité de Empresa

Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo


ACTA DECIMOSEXTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES


Convócase pleno extraordinario polo presidente do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 27/11/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Actuación ante o recurso formulado por Milagros Ríos e outros contra o Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado polas entidades adscritas a Consellería de Sanidade .(DOG nº100, do 25 de maio de 2007).

II. Preparación da reunión prevista con xerencia para o Martes 27/11/2007.

III. Rogos e Preguntas





Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramón Barreiro Paz (D. S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Monserrat Villar Mouriño












I. Actuación ante o recurso formulado por Milagros Ríos e outros contra o Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado polas entidades adscritas a Consellería de Sanidade .(DOG nº100, do 25 de maio de 2007).

Dáselle lectura o escrito de interposición de Recurso Contencioso-Administrativo, co número de Procedemento ordinario 0000411/2007, sendo recorrentes do mesmo: Milagros del Río Calvo, Luis Manuel Domínguez Muñoz, Sadjia Purificación Haif Varela, Domingo Sorga Gomez, María Teresa Seijo Galman, e o acto recorrido o Decreto 91/2007, do 26 de Abril, da Consellería de Sanidade, de integración no réxime estatutario do persoal laboral.

O presidente do comité de empresa traslada o pleno a proposta feita dende o sindicato UGT de ofrecer a súa asesoría xurídica de xeito gratuíto a tódolos comités de empresa no que sexa maioritario.

Tras debate plenario e por unanimidade dos asistentes ao pleno do comité acordase:

1. Adoptar a decisión de persoarse como parte no Contencioso-Administrativo anteriormente citado.

2. Renunciar a asesoría xurídica da F.P Hospital Salnés.

3. Aceptar o ofrecemento da asesoría xurídica gratuíta de UGT como sindicato maioritario na F.P Hospital do Salnés .

4. Buscar a coordinación entre comités de empresa.

5. Convocar Asemblea informativa aos traballadores do centro para o Xoves 29/11/2007.









Correspóndelle ao presidente do Comité de Empresa da Fundación Pública Hospital Salnés, ao abeiro do artigo 5, Capítulo II do Regulamento Interno do Comité de Empresa (artigo. 66.2 ET) a función de:

• Representar ao Comité de Empresa ante persoas físicas ou xurídicas, Administracións do Estado e demais Institucións, públicas ou privadas en concordancia coas decisións adoptadas no pleno.

• Poder delegar todas ou algunha das súas funcións cando, por enfermidade ou ausencia imprevista, non poida exércelas persoalmente.

e para que así conste en Acta perante quen proceda e a efectos de poder outorgar un poder notarial para o contencioso administrativo citado anteriormente, o representante legal do Comité de Empresa da F.P Hospital Salnés é Don Rafael Martinez-Almeida Fernández e por delegación de darse as condicións anteriormente mencionadas Felipe García Calvo como secretario do Comité de Empresa.



II. Preparación da reunión prevista con xerencia para o Martes 27/11/2007

Dáselle lectura a relación de puntos a tratar na reunión con xerencia.

III. Rogos e Preguntas.

Non hai rogos.







En Vilagarcía de Arousa 27 de Novembro do 2007.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente do Comité de Empresa) (Secretario do Comité de Empresa)





Asdo. Patricia Alonso Alonso (UGT) Asdo. María Sol Barreiro Pulido (CCOO)




Asdo. Noemí Cortes Rey (UGT) Asdo. Jaime Grande Freire (CEMSATSE)





Asdo. María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO) Asdo. Andrea Mariño Álvarez (UGT)





Asdo. Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE) Asdo. Monserrat Villar Mouriño





Asdo. Ramón Barreiro Paz (D. S CEMSATSE) Asdo. Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)










O presente documento consta de catro paxinas numeradas

3 comentários:

Anônimo disse...

¿por qué habeis quitado el enlace que teníais con el DOGA? resultaba muy cómodo.

Anônimo disse...

¿por qué habeis quitado el enlace con el DOGA? resultaba muy cómodo

Anônimo disse...

No es el único enlace suprimido.
Será cosa de poderes superiores??