ACTA NOVENA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES
Convócase pleno ordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 3/05/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Oitava.
2. Alegacións ao 3º borrador de ordes de Integración.
3. Seguimento do proceso de integración.
4. Situación da OPE MIR.
5. Acoplamento interno.
6. Información da Comisión de Contratacións
7. Situación prazas saúde laboral e do estudo feito polo técnico de prevención de riscos laborais.
8. Lectura e aprobación, se procede da Acta II da reunión Xerencia/Comité de Empresa
9. Rogos e Preguntas
Asistentes
Patricia Alonso Alonso (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Monserrat Villar Mouriño (CIG)
Juan Carlos García García (CIG)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Oitaba.
Apróbase a Acta Oitava por acordo unánime dos asistentes ao pleno.
2. Alegacións ao 3º borrador de ordes de Integración.
Debátese no pleno sobre ás alegacións ó BORRADOR DE ANTEPROXECTO DA ORDE REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE INTEGRACIÓN DO PERSOAL DA FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS
Tralo debate no pleno e o seu acordo maioritario resultan como definitivas as xa realizadas e incluídas na acta oitava así como as seguintes:
Páxina 4-parágrafo 4º
“No caso de que o persoal integrado estivese desempeñando postos de traballo que supoñan exercicio de funcións de dirección, xefatura, coordinación ou singular responsabilidade, Xerencia expedirá un nomeamento estatutario adicional de carácter provisorio, consonte ao establecido no Anexo I da presente orde, cuxo réxime quedará suxeito ao establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, e Orde do 24 de xullo de 2006 para os postos de similares características no ámbito do Servizo Galego de Saúde.”
O pleno do comité considera que o amparo do Decreto 206/2005 do 22 de Xullo (DOG Nº 145 Venres, 29 de xullo de 2005) debería de producirse unha convocatoria para a provisión de ditos postos de xefatura e coordinación publicándose no prazo de seis meses no DOG dende o momento do seu nomeamento dacordo co Artigo 57º do Decreto 206/2005 do 22 de Xullo.
“Artigo 57º.-Cobertura provisional.
Cando deveña vacante unha praza de xefatura, e se considere procedente a súa provisión, poderá cubrirse transitoriamente mediante comisión de servizos.
Neste caso, a convocatoria será publicada no DOG no prazo de seis meses desde o momento en que se produza a situación de vacante.”
Paxina 5-parágrafo 2º
A integración do persoal suporá o recoñecemento expreso da antigüidade aos efectos do seu devengo como persoal estatutario, dende a data da súa integración
O pleno do comité considera que se debería incluir a redacción do decreto no relativo a este punto (artigo 7.4 quedando tal como segue:
“4. No ámbito do Sergas, os servizos prestados nas institucións do ámbito de
aplicación deste decreto polo persoal que se integre no réxime estatutario
terán a consideración, a todos os efectos, como servizos prestados en réxime
estatutario.”
Páxina 6-apartado f)
“f) No caso do persoal que exerza funcións ou desempeño de postos de xefatura, coordinación ou especial responsabilidade aportarase copia da designación realizada pola xerencia”
O pleno do comité estima preciso engadir a aportación da copia da convocatoria de dito proceso quedando tal como segue:
“No caso do persoal que exerza funcións ou desempeño de postos de xefatura, coordinación ou especial responsabilidade aportarase copia da designación realizada pola xerencia asi como copia da convocatoria do proceso”
Páxina 6. Punto 7.
O pleno do comité modifica a alegación previa (5ª do Grupo I) relativa o punto 7 da orde, resultando definitivamente tal como segue:
“7. As solicitudes de integración serán resoltas no prazo de 3 meses seguidos a a presentación daquelas.”
Páxina 7-parágrafo 2º
“As resolucións de integración serán efectivas dende o intre no que se dicten. Non obstante, a súa efectividade económica producirase dende a data da entrada en vigor da presente orde”
O pleno do comité roga que a efectividade se recoñeza dende a entrada en vigor das ordes a todolos efectos dacordo a acta de desconvocatoria de folga do 4 de Abril 2007:
Páxina 7-punto 8
“8. O persoal facultativo poderá exercer a opción polo réxime de adicación normal ou exclusiva, coa conseguinte solicitude ou renuncia á percepción do complemento específico, segundo o caso, de conformidade e co previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.”
O pleno do comité ve necesario unha referencia que garanta que se poderá exerce-la opción no momento da toma de posesión, entendéndose, de non facelo, que se opta por presta-los seus servizos en réxime de dedicación exclusiva para o SERGAS dacordo coa disposición adicional primeira do Decreto 11/1995 do 20 Xaneiro,
Páxina 11-punto 6
“6. Habilítase ao xerente da Fundación Pública Hospital de Salnés para a realización de tódolos actos de xestión ordinaria do persoal estatutario que traballe na institución. “
O pleno do comité estima preciso que se definan o conxunto de “tódolos actos de xestión ordinaria”
Anexo I
O pleno do comité de empresa considera preciso unha correcta nomenclatura da seguinte relación de postos:
• Técnico Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico
• Técnico en coidados Auxiliares de Enfermería
• Técnico Superior en Desenrolo de Aplicacións Informáticas/Técnico Superior en Administración de sistemas informáticos.
• Técnico Superior en Radioterapia
Ademais das xa citadas alegacións o comité de empresa roga se lle facilite unha relación de postos de traballo onde figure cada traballador, co vinculo contractual actual, indicando a categoría contractual. De se-lo caso indicarase tamén se se atopa en situación de promoción interna temporal así como nivel de responsabilidade asociada a esta relación. Tamén cabería expresar a categoría de homologación e nombramento adicional se procedese. En caso de categoría homologable a crear deberían especificarse as retribucións.
Tendo presente as integracións propiciadas polo Decreto 447/1996, donde se recollía na acta de acordo final outros asuntos que respondían a particularidades
organizativas das institucións e dereitos vixentes no intre da negociación. O pleno do comité roga:
1º.- Se respeten os dereitos xerados ó traveso dos procedementos de mobilidade así como a asignación do persoal fixo o seu posto de traballo.
2º.- A creación dunha xunta de persoal propia da Area Sanitaria do Salnés, garantindo a representación do persoal da F.P Hospital do Salnés nos termos actuais mentres non se resolva dita creación.
3. Seguimento do proceso de integración .
Dáselle lectura por parte do presidente a un resumo sobre a situación do proceso de integración que inclue os seguintes puntos:
• Reunión da plataforma unitaria o 20/04/2007 en donde se solicitou unha mesa sectorial para o día 27/04/2007.
• Desconvocatoria da folga para o día 24 e 26 de Abril por parte de UGT tra-los acordos alcanzados co SERGAS.
• Publicación do dictame por parte do Consello Consultivo e posterior aprobación polo Consello da Xunta o Xoves 26/04/07.
• Iniciación da negociación das ordes de integración por parte do Comité de Empresa/SERGAS/xerencia na primeira semana de Maio.
4.Situación da OPE MIR .
Debido as irregularidades detectadas no proceso selectivo de MIR o membro do Comité de empresa presente no tribunal informa o pleno do comité da decisión acordada polo tribunal sendo esta a da a anulación do proceso, acordándose a súa repetición de xeito tipo test, figurando como asesor do tribunal un asesor técnico da F.P Hospital do Salnés.
O comité de empresa resolve agardar a aceptación ou non por parte da reclamante desta opción.
5 . Acoplamento interno
Daselle lectura por parte do secretario á proposta de Dirección sobre as Bases reguladoras da convocatoria de acoplamento interno do persoal sanitario non facultativo e non sanitario da FUNDACION PUBLICA HOSPITAL DO SALNES.
Trala lectura e debate no pleno das mesmas este acorda por unanimidade as seguintes alegacións:
CUARTA.-COMISION PARITARIA DE BAREMACION
O pleno do comité de empresa considera no tocante a este punto:
• Preciso Articular un criterio ecuánime en caso de empate nas decisións por parte da comisión.
• Non comparte o criterio de creación de subcomisións (punto 2 no relativo ás facultades da comisión).
QUINTA.-RESOLUCIÓN PROVISIONAL
O pleno do comité de empresa ve preciso establecer un prazo de un mes para se publiquen as resolucións provisionais.
SEPTIMA.- ADXUDICACIÓN
O pleno do comité de empresa estima que os postos adxudicados deben ter a posibilidade de renuncia non seguintes termos:
“No caso de renuncia ó posto acadado, unha vez tomada posesión do mesmo e no prazo máximo dun mes dende a resolución do acoplamento, o traballador poderá exerce-la súa opción de retorno a súa praza de orixe.”
Así mesmo coa futura integración do persoal e vindeira regulación pola normativa sergas considera que non debería figurar o último paragrafo do punto:
“Os traballadores que obteñan a adscrición a un novo posto de traballo no concurso..............”
OITAVA.-INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO
No tocante a incorporación, o pleno do comité de empresa estima que o prazo máximo non debía de exceder os dous meses a contar dende a resolución definitiva do proceso de acoplamento.
Así mesmo o pleno non comparte a incorporación do paragrafo 3 da base oitava.
NOVENA.-ACTUACIONS PARA O CASO DE EMPATE
O pleno do comité propón en caso de empate o seguimento do seguinte criterio de desempate entre traballadores que conseguiron praza na mesma OPE, aquel que tivera mellor posto ou puntuación. En caso de persistir o empate primará aquel que aprobou na primeira, sendo a idade o último criterio de desempate.
ANEXO III
Baremo de méritos
O pleno do comité de empresa solicita no tocante a este punto:
• A valoración exclusiva dos servizos prestados na Fundación Publica Hospital do Salnés, así como a valoración da turnicidade pola penosidade que leva implícita.
• A baremación positiva daqueles aspirantes que non participaron, no ata agora único acoplamento interno da institución.
O pleno do comité considera necesario a facilitación por parte de Dirección da relación de postos obxecto de concurso.
6. Información da Comisión de Contratacións..
Os membros da comisión de contratacións informan o pleno da reunión da Comisión Paritaria de seguimento do pacto de contratacións. Na mesma tratouse a imposición dunha sanción cautelar a unha traballadora eventual da F.P Hospital do Salnés por parte da Xerencia, os membros da comisión por parte do comité de empresa informan das medidas levadas a cabo na defensa da traballadora e do resultado da resolución da sanción.
Os membros comunican ó pleno a detección de irregularidades na xestión das listas no relativo o seguimento da orde de puntuación. Presentan como solución a ditas irregularidades a publicación das listas regularmente facilitando a reclamación do persoal afectado.
7. Situación prazas saúde laboral e do estudo feito polo técnico de prevención de riscos laborais.
Os delegados de prevención comunican o pleno que so un deles estivo presente en parte da evaluación de carácter preventivo feita polo técnico de prevención da Mutua en relación o analise de riscos na Lactación recollidos na Lei de Igualdade , en concreto a realizada na segunda planta e xinecoloxía. Ditas evaluacións recoñecen risco para a nai durante o período de lactación.
Os delegados de prevención sinalan retraso na resolución das solicitudes de risco por lactación no caso de varias traballadoras.
O pleno do comité acorda solicitar a xerencia a máxima celeridade na resolución das solicitudes.
Así mesmo no tocante a materia preventiva tamén se acorda solicitar a cobertura do Servizo de Medicina Preventiva de modo que se garanta o correcto funcionamento do mesmo.
8. Rogos e Preguntas
Queda levantada a sesión con hora 14:05hs, quedando como punto pendente a tratar no vindeiro pleno:
Lectura e aprobación, se procede da Acta II da reunión Xerencia/Comité de Empresa
Vilagarcía de Arousa a 3/05/2007
Presidente Comité de Empresa Secretario Comité de Empresa
Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo
(O presente documento consta de 7 páxinas numeradas.)
31/05/2007
ACTA NOVENA
Etiquetas: Actas
Nenhum comentário:
Postar um comentário