13/04/2007

ACTA SEXTA

ACTA SEXTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES


O presidente, Rafael Martinez-Almeida, convoca pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 12/03/2007, ás 09 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:



I. Análise da Resolución de dirección de adscripción do persoal fixo
II. Resolución de baremo para concurso de acoplamento interno.
III. Moción de censura ó presidente, revogación se procede.
IV. Elección do novo presidente, se resultase positivo o punto anterior.
V. Rogos e preguntas







Asistentes

Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (D.S. UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Rafael Martinez-Almeida Fernandez (UGT)


Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
María Dolores Mouriño Maquieira (UGT)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Montserrat Villar Mouriño (CIG)





1. Aprobación, se procede, da Resolución de dirección de adscripción do persoal fixo

Toma a palabra o presidente que presenta a resolución de dirección de adscripción do persoal fixo, e pregunta se existen obxeccións a mesma.

Toma a palabra Bea Poceiro (CEMSATSE) indicando que non ven reflectido na relación de postos entregados por xerencia tódalas situacións de excedencia.

Toma a palabra Sol Barreiro (CCOO) mostrando que a relación de persoal entregada por xerencia está incompleta xa que falta o persoal facultativo, argumentando a necesidade da súa inclusión xa que aínda que non poidan participar no acoplamento interno, subliña ela, tampouco poden participar o persoal Técnico de Laboratorio ou do servizo de raios.

Toma a palabra Nieves Villadeamigo (CIG) solicitando tamén a relación de postos vacantes que saen a acoplamento.









Toma a palabra Sol Barreiro (CCOO) indicando que o proceso atópase “viciado” dende un inicio posto que impide o acoplamento entre PSX.

Prodúcese un debate no pleno sobre o acoplamento interno en base a situación dos PSX, area ambulatoria e diversos casos particulares.

Sometese a votación a aceptación da resolución por parte do comité quedando os resultados como seguen:

Votos a favor: 0
Votos en contra: 11
Abstencións: 2
Ausencias: 1

Tra-la votación, por acordo maioritario, acórdase solicitar a xerencia a revisión do mesmo, realizando as seguintes modificacións e/ou aclaracións:

1. Incluír relación de todo o persoal laboral fixo a Fundación, incluíndo a facultativos.
2. Distribución do persoal de Servizos Xerais, segundo ao Grupo Funcional Homoxéneo (GFH) ó que pertenzan. Cada traballador debe figurar adscrito ao seu servizo, se este ten entidade propia.
3. Especificar que persoal atópase en situación de excedencia con ou sen dereito a reserva do posto.
4. Adscribir só ao persoal que desempeñe o seu posto durante dous anos desde a consecución da categoría de persoal laboral fixo.
5. Relación dos postos vacantes que saen a concurso no proceso de acoplamento interno.





2. Resolución de baremo para concurso de acoplamento interno

Os membros de UGT no comité de empresa , presentan un borrador de acoplamento interno que se anexa a esta acta como “Anexo I”.
Procédese a dar lectura ó mesmo no pleno, por parte de Felipe Garcia Calvo, modificándose:
- o punto de asignación de vacantes (pto. 2) a petición de CCOO e acordo maioritario, cambiando “Na asignación de vacantes desprazarase os/as interinos, indo de menor a maior antiguedade no servizo” quedando coma sigue “Na asignación de vacantes desprazarase os/as interinos, indo de menor a maior puntación nas listas de contratación”.
- debátese no punto de baremación (pto. 4) a puntuación por tempo traballado en quenda rotatoria, sen chegar a modificarse.
- no relativo a creación dunha comisión (pto. 7) engádese o termo paritaria a comisión.
- no pto. 10, no relativo a renuncia, tras debate no pleno, non se chega a acordo sobre o mesmo.





Debido a falta de consenso no seno do pleno fronte o punto de renuncia, así como fronte a aceptación ou non da creación de “resultas” decídese dacordo maioritario darse un prazo de 72 horas para a presentación de borradores de acoplamento vía email entre os catro grupos integrantes do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés.

Neste intre escusa a súa ausencia por causa maior Andrea Mariño, querendo deixar constancia, antes de marchar, de que ela non participou en ningún momento dos plantexamentos de CEMSATSE e CCOO en canto a petición dunha moción de censura, querendo manifestar o seu apoio o presidente e o seu voto contrario a moción.


3. Moción de censura ó presidente, revocación se procede


Toma a palabra Sol Barreiro Pulido (CCOO), indicando que se solicitara vía email ó secretario un pleno urxente para ó día 9/03/07 ás 08hs da mañá, solicitando unha explicación ó respecto.

Toma a palabra Rafael Martinez-Almeida (UGT) indicando que o Venres 9/03/07 os membros do comité estaban convocados a unha rolda de prensa, ás 10hs en Santiago, e que non se explicou a urxencia da petición que xustificara a convocatoria con tal precipitación e coincidencia de axenda.

Toma a palabra Jaime Grande Freire (CEMSATSE), indicando que o Luns 5/03/07 fixo chegar o secretario do comité, vía email, petición de convocatoria de pleno extraordinario, e que se lle contestou que debe ser o presidente quen o convocará. Pregunta entón se realmente estaba informado da existencia da petición, e por que non se convocou.

Responde Rafael Martinez-Almeida (UGT), explica que se a convocatoria de pleno extraordinario correspondélle facela a él, como presidente do comité de empresa, non encontrou razóns para facelo un día ás 08hs en Vilagarcía cando ese mesmo día varios membros do comité de empresa están convocados a asistir ás 10hs a unha rolda de prensa en Santiago, podía ser tildado de irresponsable, mais aínda cando non había nada que xustificará a urxencia, nin se tería tempo para debatir os puntos solicitados. Recorda que se remitiu correo coa proposta de convocar o pleno o Martes 13.03.07 o cal cumpriría cos plazos estipulados no regulamento de anticipación para a convocatoria e a resposta que recibiu o secretario do comité por parte de Sol Barreiro foi que enton convocaría ela, polo que se quedou agardando dita convocatoria ata o mercores, momento no que o sergas fixou a data da reunión de mesa sectorial para o martes 13.03.07, polo que se desestimou a proposta do martes para a reunión do pleno e se convocou para o luns 12.03.07.

Toma a palabra Jaime Grande (CEMSATSE) indicando que era a súa obriga convocalo a petición deles según reza o regulamento.

Toma a palabra Sol Barreiro (CCOO) reiterando o anteriormente pronunciado por Jaime.












Toma a palabra Felipe García (UGT) dando lectura o artigo 4.3 do regulamento:

“4.3.- Plenos Extraordinarios. Serán convocados polo Presidente cantas veces o considere necesario dacordo cos problemas xurdidos e a urxencia dos mesmos, con polo menos 3 días de antelación con respecto á data prevista. Tamén poderán ser convocados, coa mesma antelación a petición de 1/3 dos membros do Comité ou un 10% dos traballadores da Fundación, que terán que remitir ao Presidente ou ao Secretario a Orde do Día cos asuntos a tratar polo menos con 5 días de antelación.”

Toma a palabra Jaime Grande (CEMSATSE) indicando que o pleno convocado polo presidente en funcións ó 06/02/2007 non cumpría entón os requisitos establecidos por o artigo 4.3 ó ser convocado por este con tres días de antelación, sen ter recibido a orde do día por parte de CEMSATSE e CCOO cos días de antelación.
O que resposta Felipe Garcia que foi totalmente legal porque naquel intre tiña o nomeamento, que consta en acta da reunión previa, de presidente en funcions, por atoparse Rafael Martínez-Almeida de viaxe e delegar este as súas funcions nel, tendo o presidente a atribución regulamentaria de convocar o pleno extraordinario, só con tres días de anticipación.

Toma de novo a palabra Jaime Grande (CEMSATSE) comunicando que o seu grupo mantén a moción de censura ó presidente, pasando a explica-los motivos, os cales solicita que consten en acta.

En primeiro lugar expón unha falta de confianza na figura do presidente, xa que, en verbas del, mantén un discurso cambiante. Alude a sesión de traballo previa ó encontro intercomités, mantida polos distintos grupos constituíntes deste comité de empresa no que di que o presidente defendeu a non inclusión da reversión patrimonial no borrador a presentar polo Salnés e o día da reunión en Santiago (15/02/07) votou a favor da súa inclusión.
Expón que o venres 23/03/07 comunicoulle (Rafael) que a rolda de prensa prevista para o luns 26/03, na que se mostrarían as peticións dos comités de empresa plasmadas no escrito feito o día 15 non se celebraría e que estes (sindicatos) se reunirían o luns 26/02. Expresa entón a súa desconfianza nos sindicatos, incluído o seu propio, motivo polo que convoca a tódolos traballadores das Fundacións vía e-mail a asistir o luns 26 a Santiago ante os sindicatos para esixirlles o seu apoio. Ese día Luns 26/02 expresa que en aras de mante-la unidade sindical renunciábase a inclusión da retroactividade a un de Xaneiro, petición formulada polo CSIF, e que atopándose Rafael na mesma reunión non se pronunciou ó respecto.


Toma a palabra Rafael Martinez-Almeida expresando que a convocatoria de Xaime feita o Sábado vía email foi precipitada e irresponsabel e deixou en mal lugar ó comité de empresa do Hospital do Salnés e a él como presidente, xa que o venres mantivo conversas con tódolos presidentes dos comités de empresa (responsabilidade outorgada polo pleno) os cales estaban dacordo en agardar (sen baixar a guarda) á reunión do luns entre os distintos sindicatos. Engade que este acordo entre todolos presidentes de comités de empresa foi transcrito e remitido por correo ese mesmo día a todolos membros do noso comité de empresa.
Explica que a petición da integración patrimonial e reversión das fundacións o Sergas foi unha demanda descartada inicialmente polo pleno do comité de empresa como consta na acta cuarta......

.” Toma a palabra a palabra Jaime Grande Freire (CEMSATSE) referíndose como prioritario ó paso do persoal fronte ó da institución. Propón unha reunión dos presidentes dos 4 comités de empresa das Fundacións Hospitalarias para consensuar un plan de acción.

Toma a palabra Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT) facendo referencia a situación do decreto, indicando que o proxecto do decreto superou xa a fase de estudo da asesoría xurídica sen modificacións, así como o estudo de economía e facenda, atopándose actualmente no consello consultor como paso previo a aprobación por parte do consello da Xunta, situación que non fai pensar nunha problemática entorno a publicación do decreto.
Alude a reunión da mesa sectorial do 18/07/06 donde o director do Sergas dixo que o paso patrimonial das institucións era un proceso arduo que podía implicar anos, polo que cree que os plans de accións deben encamiñarse prioritariamente cara a pronta estatutarización do persoal. Refírese tamén a necesidade dunha actuación consensuada entre os 4 comités de empresa das Fundacións Hospitalarias.”




.........e que tra-la reunión do dia 15.02.07 dos comités de empresa, e aprobado por unanimidade dos presentes (40 membros dos oito comités de empresa das Fundacions) se tomou o acordo, renunciando cada comité (en aras da unidade de acción) a cada unha das súas particulares reclamacións e aceptando como propias as seguintes reivindicacions -según consta na acta de dita reunión-......

.” Hai acordo unánime por parte de todos os representantes dos traballadores das distintas institucións presentes en que a situación de demora ó que esta sendo sometido este proceso de integración no réxime estatutario é inaceptábel e hai que esixir o cumprimento dos compromisos feitos no prazo establecido. Nese punto xurden as seguintes peticións:

• A publicación do Decreto de Integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas a Consellería de Sanidade de maneira inmediata no prazo máximo de quince días.
• Entrega inmediata do borrador das Órdes ós representantes dos traballadores en cada centro no prazo dunha semana xunto co calendario de negociación. Publicación das mesmas o día seguinte da entrada en vigor do Decreto.
• Recoñecemento da retroactividade a todos os efectos dende o 1 xaneiro de 2007.
• Comezo dos pasos necesarios para a integración das Fundacións. Marcar cronograma para acadar a reversión antes do fin da presente lexislatura.




Vanse achegar estas reivindicacións ás distintas organizacións sindicais para que se posicionen e buscar o seu apoio.””………. polo que non foi o Presidente do Comité de empresa do Hospital do Salnés o que mudou de opinión, se non que se limitou a defender os acordos adoptados e vixentes en cada momento.


Rafael manifesta tamén que a súa labor como presidente é a de representar e defender os acordos plenarios deste comité de empresa, e todos aqueles que este comité subscriba fronte a outras partes, e non acordos privados fora das sesións ordinarias ou extraordinarias. Engade que defendeu en todo momento o posicionamento maioritario e lexitimamente adoitado polo pleno.

Establecese un intercambio de pareceres na que interveñen fundamentalmente Sol Barreiro, Jaime Grande e Rafael Almeida con apreciacións e posicionamentos de caracter sindical, ademais de valoracións sobre a rolda de prensa do mercores 28.02.07 en Santiago e conclusións sobre a comparecencia pública da plataforma unitaria sindical para a reclamación da publicación do decreto de integración.


Sometese a votación do pleno a revogación do presidente, quedando os resultados como segue:

Votos a favor da revogación: 5 (Sol, Celia, Charo, Jaime, Bea)

Votos en contra da revogación: 2 (Dolores, Felipe )

Abstencións: 4 ( Noemí , Rafael, Monserrat, Nieves)

Ausencias: 2 (Juan Carlos García, Andrea Mariño)


O amparo do regulamento do comité de empresa non procede a revogación do presidente xa que non se alcanzan ós 7 votos, que constitúen a maioría absoluta, necesarios para que teña lugar.










4. Elección do novo presidente, se resultase positivo o punto anterior

Non procede o non resultar positivo o punto anterior.


5 Rogos e preguntas

Jaime Grande (CEMSATSE), plantexa a situación de cobertura dos postos dos coordinadores por acumulos de tarefas, solicitando que se lle de cobertura con interinidade ou reserva de praza. E tamén pregunta sobre a situación da oposición de enfermería e de técnico en coidados auxiliares.

Felipe García (UGT) recorda ó pleno, que actualmente están pendentes de contestación as reclamacións feitas por Juan e Carlos así como a de Rosa Oubiña presentadas ante o comité. Tendo en conta que o regulamento do comité de empresa no seu artigo 7.1 indica a obriga de notificarlles as xestións levadas a cabo polo seus órganos, con respecto a ditas reclamacións.
Despois de debater no pleno sobre este punto chegase o acordo maioritario de que se lle remitirán o traballador ás actas (tanto a do pleno como a da reunión conxunta con xerencia) donde veñan recollidas ás distintas actuacións do comité de empresa ó respecto.


Chegase tamén ó acordo maioritario de reclamar os acordos acadados na última reunión con xerencia.

Rafael Martinez-Almeida comunica a renuncia de María Dolores Mouriño Maquieira (UGT) por motivos persoais e a súa sustitución por Patricia Alonso Alonso que ocupa o seguinte lugar na lista de UGT.











Vilagarcía de Arousa a 12/03/2007


Presidente Comité de Empresa Secretario Comité de Empresa

Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo





























ANEXO I


“CONVOCATORIA DE CONCURSO DE ACOPLAMENTO INTERNO PARA PERSOAL FIXO DA FUNDACIÓN PUBLICA HOSPITAL DO SALNES PROPOSTO POR MEMBROS DE UGT”


BASES:
1.- AMBITO DE APLICACIÓN:
Persoal da Fundación Pública Sanitaria Hospital Comarcal do Salnés.
2.- POSTOS OBXECTO DO CONCURSO:
Os postos ofertados corresponderán ós postos vacantes e reservas de praza sen dereito a reserva de posto.
Considerárase consolidada todas aquelas prazas ocupadas por un traballador fixo nos dous últimos anos e vacantes tódalas prazas interinas e toda aquela praza non acupada de xeito fixo por un traballador nos últimos dous anos
Na asignación de vacantes desprazaráse os/as interinos, indo de menor a maior puntación nas listas de contratación.
Non se xenerarán vacantes como “resultas” do propio Acoplamento.

3.- REQUISITOS EXIXIDOS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO.
1) Ser persoal fixo en activo.
2) Atoparse nos dous últimos anos encadrado no Nivel ou Grupo correspondente ó posto de traballo a cubrir que se indique na convocatoria.
3) Presentar instancia no modelo oficial, con rexistro de entrada, acompañada dos xustificantes de méritos que se aleguen.
Na instancia especificarase o orde de preferencia dos postos solicitados, cun máximo de tres opcións.



4.- BAREMO

1. Por ter aprobado na primeira oposición 24 puntos.
2. Por ter aprobado na segunda oposición 18 puntos.
3. Non ter participado no anterior concurso de 6 puntos.
4. Por cada mes completo de servicios prestados en quenda rotatoria na Fundación Pública Hospital do Salnés 1 PUNTOS.
5. Por cada mes completo de servicios prestados en quenda fixa na Fundación Pública Hospital do Salnés 0,75 PUNTOS.
6. En caso de empate primará o de maior idade.

NOTA: Ós días soltos aplicaráselles a parte proporcional da puntuación por mes para o reconto do tempo traballado.

5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Será de 10 días naturais dende a publicación da presente convocatoria, debendo acompañarse coa documentación xustificativa dos méritos alegados, sendo a acreditación da antigüedade mediante certificación expedida polo servicio de persoal.
6.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
No servicio de persoal, para a dilixencia preceptiva do seu rexistro e entrega de xustificante que acredite a presencia na data de solicitude.
7.- BAREMACIÓN
Procederáse a valorar, pola Comisión paritaria constituída ós efectos, as solicitudes presentadas.
8.- PUBLICACIÓN DA RESOLUCION.
A resolución, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante concursante publicaráse nos taboleiros de anuncios destinados ás comunicacións internas do persoal da Fundación, existindo unha copia para a sua consulta no Servicio de Persoal.
9.- PRAZO DE IMPUGNACIÓN OU RECLAMACIÓN
As presentes bases poderán ser impugnadas no prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da mesma.
Asimesmo, contra a resolución do concurso poderáse reclamar no prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte á publicación da mesma.
10.- RENUNCIA
No caso de renuncia ó posto acadado, unha vez tomada posesión do mesmo e no prazo máximo de 3 meses dende a resolución do acoplamento, o traballador poderá exerce-la súa segunda opción sempre que dito posto non estivera ocupado por un propietario. Condición esta última que se aplicará igualmente no caso de optar a súa terceira opción, ou de retorno a súa praza de orixe. No caso de non poder exercer ningunha das opcións anteriormente mencionadas incorporarase ó posto vacante ocupado polo interino con menos puntuación na lista de contratación.
No caso de renuncia, o posto automáticamente será ofertado á persoa con maior puntuación que concursara a dito posto, na mesma categoría.

A renuncia limitará a participación no vindeiro procedemento de acoplamento interno.

Nenhum comentário: