13/04/2007

ACTA SEPTIMA

ACTA SEPTIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES


O presidente, Rafael Martinez-Almeida, convoca pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 20/03/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:


1.Baremo para o concurso de acoplamiento
2.Reunión con plataforma prol defensa dá sanidade publica Vilagarcía. Informe ao pleno.
3.Reclamación da publicación do Decreto de Estatutarización/Integración das Fundacións no Sergas. Estado actual e formulación a curto-medio prazo.
4.Reunión convocada por xerencia. Análise dos puntos a tratar.
5.Rogos e preguntas.





Asistentes

Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Celia María Iglesias Franco (CCOO) Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)


María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Monserrat Villar Mouriño (CIG)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)





1. Baremo para o concurso de acoplamiento

CEMSATSE mostra o seu acordo co borrador de acoplamento proposto por UGT.

CCOO mostra o seu acordo co borrador de acoplamento proposto por UGT salvo que considera que se deben engadilas resultas no proceso de acoplamento.

CEMSATSE, CIG; UGT mostrase en desacordo ca incorporación das resultas.

Nieves (CIG) mostrase en desacordo co sistema de puntuación, xa que considera que se debería puntuar o tempo traballado no SERGAS.

Noemi propón con respecto o sistema de puntuación que se siga o criterio de experiencia no servizo como criterio de desempate.

Rafael (UGT) propón como criterio de desempate, en caso de producirse, o número de orde acadado tra-la OPE en OPES iguais.

Tras debate plenario en relación o criterio de desempate, por acordo maioritario, establecese o seguinte criterio:

En caso de empate entre traballadores que conseguiron a praza na mesma OPE, primará aquel que obtivo o mellor posto ou puntuación. En caso de empate entre OPEs distintas primará o que aprobou na primeira

Debátase o punto 10 do Borrador de acoplamento no referente a asignación de postos donde por acordo maioritario acórdase incorpar o punto aportado polo borrador de acoplamento proposto por Nieves (CIG) quedando tal como ven reflectido no ANEXO I.

No referente o punto 11. Renuncias, do Borrador de acoplamento, modifícase o proposto por UGT quedando como figura no ANEXO I.

Sometese entón a votación a aprobación do Borrador de Acoplamento, aprobándose por unanimidade quedando como figura no Anexo I.




2. Reunión coa plataforma prol defensa dá sanidade publica Vilagarcía. Informe ao pleno.


Toma a palabra María Do Rosario Iglesias Santiago, a cal resume a reunión coa mesma indicando que se conversou entorno ás mobilizacións previstas pola plantilla en prol da estatutarización, a situación do Plan Funcional na que a plataforma indicou que a previsión que lle dera a consellería en Xaneiro indicaba unha ampliación de servizos.
A plataforma tamén manifestou o seu total apoio a plantilla nas súas reivindicacións, asi como o concepto e a realidade dun Hospital do Salnés independente do CHOP.
De esa reunión nace o compromiso dunha convocatoria de nova reunión para finais de Abril que verse sobre a situación do Plan Funcional.



3. Reclamación da publicación do Decreto de Estatutarización/Integración das Fundacións no Sergas. Estado actual e formulación a curto-medio prazo

Toma a palabra Antonio (CIG) que apoia medidas de forza facendo alusión que a data de hoxe o decreto debería estar xa publicado, asi mesmo manifesta que habería que pedi-la retroactividade a 1 de Xaneiro do 2007 a tódolos efectos aínda que non este recoñecida.

Toma a palabra Rafael (UGT) indicando que esa foi sempre a reinvidicación de UGT.
Alude tamén o anunciado na Comisión Paritaria o 10 de Novembro do 2005 en donde a Administración se comprometía a adiantala estatutarización, tendo o proceso rematado no ano 2006 e podendo acadar así a condición de estatutario no 2007.

Toma a palabra Celia (CCOO) invitando ó pleno a establecer unha proposta de mobilizacións para presentar na asamblea de traballadores que se celebrará a continuación do pleno.

Dentro das mobilizacións sale a debate a proposta de folga:

Toma a palabra Jaime (CEMSATSE) manifestando que facer unha folga fundación a fundación tería menos relevancia que convocar unha folga a nivel de tódalas fundacións xa que da primeira forma estaríase a protestar contra a nosa empresa e non contra o SERGAS, ademais da forza mediática que sería menor. Para convocar unha folga en tódalas fundación ve necesario que a convoque un sindicato.

Toma a palabra Rafael (UGT) expresando que unha folga de dúas horas tería a suficiente relevancia.

Toma a palabra Antonio (CIG) referíndose a non realización de peonadas como unha medida de presión con importante relevancia mediática.

Toma a palabra Celia (CCOO) indicando que se debería escoller unha medida de presión na que poda participar tódolos traballadores.

Toma a palabra Jaime (CEMSATSE) indicando que deben selos traballadores os que propoñan a non realización das peonadas como medida de presión.

Toma a palabra Antonio (CIG) referíndose que o xoves 22/03/07 teñen unha reunión os delegados sindicais da CIG en Santiago, e que como sindicato poden convocar unha folga a que se poden adherir as demais centrais sindicais.

Toma a palabra Jaime (CEMSATSE) expresando que se debería esixir as centrais sindicais que apoiaran unha convocatoria de folga dende os comités. Propón como data de comezo o Martes 10 de Abril, considerando tempo suficiente para que tódolos sindicatos se poñan de acordo en apoiar a folga e a convoquen en forma.


Existe acordo maioritario en presentar a asamblea de traballadores unha convocatoria de folga de dúas horas (entre 10hs-11hs AM) dos días 10, 11, 12 de Abril , de características similares a plantexada polos técnicos e auxiliares pola carreira profesional no SERGAS, na que se seguía un método ascendente concluíndo cunha folga de 24hs que quedaría plantexada para o día 17 de Abril .
Mentres tanto non se convocase a folga acordouse mantelas concentracións na porta do Hospital tódolos martes cunha pancarta.
Así mesmo cada grupo transmitirá as súas respectivas centrais o desexo de apoio na convocatoria de folga





4. Reunión convocada por xerencia. Análise dos puntos a tratar

Orde do día:

• Información sobre o desenvolvemento do plan funcional do Hospital
• Locais para o uso da representación do persoal

• Modalidades de contratación para xornadas de 10 e 12hs.

Esixir o cumprimento do pacto de contratacións. En contratos de máis de tres días de duración será o servizo de persoal o que contrate unha persoa para cubrir todo o período de tempo que motive ese contrato.

• Adscrición do persoal e alegacións presentadas polo Comité de Empresa

• Crédito horario dos representantes do persoal

Toma a palabra Jaime Grande (CEMSATSE) presentando a resposta entregada por parte da Xerencia ás alegacións presentadas por este grupo con respecto a data de incio de disfrute das horas sindicais. Acórdase requirir informe solicitada pola empresa a consellería en relación a petición das horas sindicais.

• Cadro de persoal para o ano 2007, entrega da documentación.



• Substitución do persoal do comité de empresa en situación de incapacidade temporal.

Toma a palabra Antonio García Blanco indicando a necesidade de modifica-lo artigo 4.5 do Regulamento do Comité de Empresa no tocante ás baixas transitorias dos Delegados do Comité de Empresa por incapacidade Laboral Transitoria derivada por enfermidade, xa que contrariamente o que este indica, a substitución dun membro do comité de empresa polo seguinte da lista conleva necesariamente a renuncia do primeiro tal como recolle a normativa laboral ó respecto.

Non é posible a substitución de Silvia Rodríguez Pérez (CIG) polo seguinte na lista de CIG se non é por previa renuncia da primeira.


5 . Rogos e preguntas.

Acceso dos membros do comité de empresa ás copias de contratos

O presidente plantea o pleno a petición, achegada por correo electrónico, de Ana González de nominar a membros do pleno que ademais do presidente e do secretario poidan requirir da dirección as copias dos contratos, asúmesmo expón que tal acreditación podería afectar os membros do pleno que pertencen a comisión de seguimento das contratacións, habida conta de que co estatuto dos traballadores na man, parece entenderse (no seu parecer) que a competencia para a petición dos contratos pertence o Comité de Empresa, e non necesariamente a título individual, os membros do mesmo.
Tralo debate entre os asistentes e tras dar lectura ó artigo 64. (Competencias do Comité de empresa) do Estatuto dos traballadores que recolle textualmente:

2.º Recibir a copia básica dos contratos a que se refire o paragrafo a) do apartado 3
do artigo 8 e a notificación das prórrogas e das denuncias correspondentes aos
mesmos, no prazo dos dez días seguintes a que tivesen lugar.

Para a maioría dos membros do comité dito artigo licita a calquer membro do comité de empresa a ter acceso ás copias dos contratos. Por tanto non cabe regulamento ou nombramentos especiais dentro do seo do comité para a solicitude a empresa dos contratos, entendéndose habilitado para tal fin a calquera membro do pleno.





Queda levantada a sesión con hora 13:45hs







Vilagarcía de Arousa a 20/03/2007


Presidente Comité de Empresa Secretario Comité de Empresa

Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo









ANEXO I


“CONVOCATORIA DE CONCURSO DE ACOPLAMENTO INTERNO PARA PERSOAL FIXO DA FUNDACIÓN PUBLICA HOSPITAL DO SALNES PROPOSTO POLO COMITÉ DE EMPRESA”


BASES:
1.- AMBITO DE APLICACIÓN:
O presente acordo regula a mobilidade interna voluntaria para o persoal sanitario non facultativo e non sanitario da Fundación Pública Hospital do Salnés.

2.- POSTOS OBXECTO DO CONCURSO:
Os postos ofertados corresponderán ós postos vacantes sen ocupar ou ocupados por:

a) Interinos en praza vacante.
b) Reservas de praza sen dereito a reserva de posto.
c) Nomeamentos provisorios.
d) Propietarios sen posto consolidado (menos de dous años no posto)

Considerárase consolidada todas aquelas prazas ocupadas por un traballador fixo nos dous últimos anos.

Non se xenerarán vacantes como “resultas” do propio Acoplamento.



3.- REQUISITOS EXIXIDOS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO.
1) Ser persoal fixo en activo.
2) Atoparse nos dous últimos anos encadrado no Nivel ou Grupo correspondente ó posto de traballo a cubrir que se indique na convocatoria.
3) Presentar instancia no modelo oficial, con rexistro de entrada, acompañada dos xustificantes de méritos que se aleguen.


4.- BAREMO

1. Por ter aprobado na primeira oposición 24 puntos.
2. Por ter aprobado na segunda oposición 18 puntos.
3. Non ter participado no anterior concurso de 6 puntos.
4. Por cada mes completo de servizos prestados en quenda rotatoria na Fundación Pública Hospital do Salnés 1 PUNTOS.
5. Por cada mes completo de servizos prestados en quenda fixa na Fundación Pública Hospital do Salnés 0,75 PUNTOS.
6. En caso de empate entre traballadores que conseguiron a praza na mesma OPE, primará aquel que obtivo o mellor posto ou puntuación. En caso de empate entre OPEs distintas primará o que aprobou na primeira.
7. De continuar o empate primará o de maior idade.

NOTA: Ós días soltos aplicaráselles a parte proporcional da puntuación por mes para o reconto do tempo traballado.


5.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Será de 10 días naturais dende a publicación da presente convocatoria, debendo acompañarse coa documentación xustificativa dos méritos alegados, sendo a acreditación da antigüidade mediante certificación expedida polo servizo de persoal.
6.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
No servizo de persoal, para a dilixencia preceptiva do seu rexistro e entrega de xustificante que acredite a presenza na data de solicitude.
7.- BAREMACIÓN
Procederase a valorar, pola Comisión paritaria constituída ós efectos, as solicitudes presentadas.

8.- PUBLICACIÓN DA RESOLUCION.
A resolución, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante concursante publicarase nos taboleiros de anuncios destinados ás comunicacións internas do persoal da Fundación, existindo unha copia para a súa consulta no Servizo de Persoal.

9.- PRAZO DE IMPUGNACIÓN OU RECLAMACIÓN
As presentes bases poderán ser impugnadas no prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte ó da publicación da mesma.
Asúmesmo, contra a resolución do concurso poderase reclamar no prazo de cinco días naturais a partir do día seguinte á publicación da mesma.


10.-ASIGNACION

A asignación dos postos a ocupar polo persoal propietario en servizos nos que haxa varias prazas ofertadas se irán ocupando, desprazando o persoal eventual ou interino, segundo a seguinte orde:

1º Nomeamentos provisorios
2º Reservas de praza sen dereito a reserva de posto.
3º Interinos en praza vacante.
4º Propietarios sen posto consolidado

No caso de concorrencia de mais de un traballador non propietario no mesmo criterio, o desempate farase atendendo a puntuación na lista de contratación vixente. E no caso de seguir empatando, sairá da unidade a persoa con menor antigüidade no servizo.
Os traballadores eventuais ou interinos desprazados elixiran destino entre os postos libres existentes, en función da súa posición na lista de contratación vixente, elixindo primeiro o que mellor posto ocupe.



11.-RENUNCIA
No caso de renuncia ó posto acadado, unha vez tomada posesión do mesmo e no prazo máximo dun mes dende a resolución do acoplamento, o traballador poderá exerce-la súa opción de retorno a súa praza de orixe.
O persoal eventual ou interino afectado pola volta o seu posto de traballo do propietario pasará a ocupar o posto que deixa libre este.

Nenhum comentário: