13/04/2007

ACTA QUINTA

ACTA QUINTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES


O presidente en funcións, Felipe García , convoca pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 06/02/2007, a petición do CEMSATSE e CCOO ás 09hs na sala de sesións coa seguinte orde do día:


I. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 25/01/2007.

II. Análise reunión con xerencia convocada para o luns 12/02/2007.

-estudo dos puntos da reunión
-valoración da información aportada pola comisión de análise das necesidades estruturais.

III. Situación do plan de accións pola demora na publicación do decreto de estatutarización.

VI. Rogos e preguntas






Asistentes

Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)



Andrea Mariño Álvarez (UGT)
María Dolores Mouriño Maquieira (UGT)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Silvia Rodríguez Pérez (CIG)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Montserrat Villar Mouriño (CIG)






1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior da sesión anterior

Apróbase a acta da sesión extraordinaria, sen lectura no pleno debido a lectura previa de tódolos membros, celebrada ó 25/01/2007 por unanimidade do pleno.


2. Análise reunión con xerencia convocada para o luns 12/02/2007


a) Valoración da información dos cadros de persoal e plantilla así como as previsións de contratacións para o 2007

Sometese a debate do pleno a información (plantilla esctructural) entregada por xerencia, acordándose por unanimidade solicitar que se oferten tódalas interinidade e reservas de praza das categorías existentes na fundación dacordo a normativa vixente, asi como a consolidación de todolos reforzos como prazas estructurais.

Neste punto pasase tamén a analiza-la información aportada pola comisión de análise das necesidades estruturais da plantilla.
Sométese a debate no pleno o enfoque que se lle debe dar a dita información chegándose o acordo maioritario de presenta-la información detallada acompañada dun cadro xeral comparativo entre a información aportada por xerencia e o estudo das necesidades por parte da comisión. Con respecto a inclusión dos facultativos en devandito estudo acórdase engadir asi mesmo a todo grupo facultativo que asi o solicite, quedase en engadir ó estudo o grupo de facultativos de MIR, e Radioloxía, así como o colectivo de matronas.
Co fin de garantiza-la representatividade do estudo exporáse dita información nas diferentes unidades durante 24hs para que o persoal o valore realizándose ás modificacións oportunas.


b)Integración do persoal laboral como estatutario do Sergas. Pasos previos e criterios de adaptación ó Sergas

Por acordo unánime solicitar a efectos retributivos e laborais a anticipación da estatutarización dentro do posible e se non a partir do 30 de Xuño.


c) Estado da adecuación das instalacións do Comité de Empresa á nova estrutura organizativa. Dotación de material informático e de oficina mínimo para poder inicia-lo traballo do Comité de Empresa. Peticións formuladas por escrito á Dirección do Hospital o 21.12.06.

Según reza na ACTA II pto 5:

“Por unanimidade do pleno acordase solicitar a efectos de dotación mínima e prioritaria para o desenrolo normal da actividade do comité o seguinte:
 Un local sede permanente do comité
 Material de oficina
 Computador conectado a rede, impresora, Fax/copiadora, telefono con línea directa ó exterior, arquivadores.
 Conta de correo electrónico
 Selo e datador do comité

Asimesmo acordase tamén facer extensiva a mesma petición de material para ás distintas seccións sindicais en base a normativa vixente.”

Por unanimidade acórdase engadir a solicitude da sala de docencia no caso da non consecución do anteriormente exposto mantendo a petición de material na súa totalidade.


d) Acoplamento interno con carácter urxente previo á OPE.

Según reza na ACTA TERCEIRA:





“Procedemento:

• Os posto ofertados corresponderán ós postos vacantes e reservas de praza sen dereito a reserva de posto.
• Considerarase consolidada todas aquelas prazas ocupadas por un traballador fixo nos dous últimos anos e vacantes tódalas prazas interinas e toda aquela praza non acupada de xeito fixo por un traballador nos últimos dous anos.
Requisitos para participar no acoplamento interno:
Para participar no proceso de acoplamento interno os aspirantes deberán reunir na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos: ser persoal fixo en activo nos dous últimos anos encadrado no Nivel ou Grupo correspondente o posto de traballo a cubrir que se indique na convocatoria.”
e) OPE. Valoración prazas ofertadas, datas e probas obxectivas.

Por unanimidade acórdase solicita-la previsión de datas do exame, número de prazas a concurso así como o aumento das mesmas.


f) Días de libre disposición. Revisión urxente dos criterios de petición e disfrute

Según reza ACTA III no referente á este punto:

• Período de petición:

 Dende o un de xaneiro a 15 de Xaneiro do seguinte ano.
• Procedemento para a solicitude:

 Establecer un prazo de cinco días previos a data solicitada para a súa petición.
 Prazo de resolución de tres días hábiles seguintes a data de recepción da petición.

• Criterios de Concesión e exclusión:

 Enténdese como único criterio de exclusión a imposibilidade de dar cobertura o servicio; dando conta dos motivos ó comité de empresa.



g) Plan funcional.

Solicitar información sobre a situación do mesmo

h)Cobertura das prazas:

a. Auxiliar de enfermería Farmacia
b. T.E.L
c. Técnico grupo A
d. P.S.X servizos clínicos
P.S.X control de xestión/Admisión



j) Petición horas sindicais

En relación a conversa que mantivo o Presidente co Xerente o 9/02/07 da que fixo participe ós membros do comité mediante escrito. Sol Barreiro expresa a súa obxección a devanditas reunións unilaterais entre presidente do comité e xerente da fundación pública. .
Nese escrito o presidente comunicaba o desexo de xerencia de acollerse o pacto publicado no DOG 29/11/95 en relación o preaviso na petición de horas sindicais. Acórdase por unanimidade aceptalo pacto ó que fai referencia ó DOG (29/11/95) se é na súa totalidade, é dicir , se acepta a concesión dás 40 horas mensuais que aparecen recollidas nel. Non tendo cabida outra negociación ó amparo da L.L.O.S, e ó estatuto dos trababalladores así como na xurisprudencia do tribunal supremo ó respecto.


k) Comunicación dos membros do comité de empresa que integrarán a comisión de seguimento do pacto de contratacións.

Acordo co pacto de contratacións deben de ser dous os membros designados para formar devandita comisión, sen encontrar obxeccións por parte de xerencia por manter os catro membros sempre e cando se designen dous referentes á hora de recibi-la información e acordo ca comisión quedan nomeados Monserrat Villar Mouriño e Sol Barreiro Pulido como tales referentes ante a renuncia voluntaria de Jaime e Loli para esa función.

l) Prelación dos chamamentos para oferta das interinidades (turno libre/promoción interna

Acórdase por unanimidade do pleno solicita-lo comezo de chamamento polo último que corresponda, é dicir se o ultimo chamamento foi por turno libre, nesta ocasión comezarase por promoción interna.

m) Rogos e preguntas.

• Trata-las reclamación feitas por Carlos Nodar e Juan (enfermeiro planta 2ª) e DUEs urxencias.
• Trata-la tipoloxía dos contratos temporais en relación a división da xornada en turnos de noite donde se lle realizan dous contratos distintos para un mesmo turno.
• Esixi-lo rexistro de entrada para tódolos traballadores.
• Trata-las intencións sobre unha UCE
• Trata-la finalización do contrato do neumólogo
• Esixi-lo pago integro dos obxectivos a tódolos traballadores
• Situación programática da chegada á Fundación da categoría de celadores.





III. Situación do plan de accións pola demora na publicación do decreto de estatutarización


Un vez analizada a información entregada polo presidente ó respecto dos contactos cos outros comités de empresa e vendo que os pensamentos fronte a solicitude da celeridade na publicación do decreto e a petición de participación no vindeiro concurso de traslados no SERGAS son coincidentes, acórdase por unanimidade mante-los contactos cos citados comités de empresa para barallar unha primeira toma de contacto entorno ó día xoves 15/02/2007 en terreo neutral, sempre e cando este sexa o dexeso maioritario dos comités.



IV. Rogos e preguntas.


• Sol solicita en alusión ó contrato de reserva de praza de auxiliar en farmacia, que se siga o criterio escrito do Sergas na concesión e cese das interinidades.

• Felipe García propón a creación dun Blog do Comité de Empresa do Salnés donde se poidan colgar tódolos comunicados do comité de empresa e os traballadores poidan engadir os seus comentarios. Por unanimidade acéptase dita proposición, establecéndose como criterio de eliminación dos comentarios vertidos en devandito Blog, aqueles que sexan ofensivos ou faga promocións de índole persoal.




Vilagarcía de Arousa 06/02/2007

Asdo: Presidente en funcións



Felipe García Calvo

Nenhum comentário: