ACTA TERCEIRA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES
Convócase a terceira reunión do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 09/01/2007 ás 09hs na sala de sesións coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 21/12/2006
2. Lectura e aprobación , se procede, do Regulamento do Comité de Empresa do Salnés.
3. Valoración da información solicitada a xerencia sobre os cadros de persoal e petición de medios para o comité.
4. Creación da comisión de traballo para o seguimento das contratacións de persoal.
5. Elección dos membros do comité de empresa nos tribunais para as oposicións convocadas.
6. Revisión dos criterios petición e concesión de días de libre disposición.
7. Rogos e preguntas.
Asistentes
Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramon Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (D.S. UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
María Dolores Mouriño Maquieira (UGT)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Silvia Rodríguez Pérez (CIG)
Concepción Sanchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Montserrat Villar Mouriño (CIG)
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior da sesión anterior
Tra-la lectura da acta da sesión ordinaria celebrada ó 21/12/2006, queda aprobada por unanimidade do pleno
2. Lectura e aprobación , se procede, do Regulamento do Comité de Empresa do Salnés.
Dacordo unánime non se procede a lectura regulamento en base a existencia de lectura privada previa de tódolos delegados quedando aprobado o Regulamento Do Comité de empresa do Hospital do Salnés.
3. Valoración da información solicitada a xerencia sobre os cadros de persoal e petición de medios para o comité.
Debido a ausencia da entrega da información solicitada por parte da xerencia acórdase instar a dirección a entrega da mesma solicitada ó día 21/12/2006.
4. Creación da comisión de traballo para o seguimento das contratacións de persoal
Decídese por unanimidade a creación da devandita comisión quedando como segue:
Por UGT a María Dolores Mouriño Maquieira
Por CEMSATSE a Jaime Grande Freire
Por CCOO a Sol Barreiro Pulido.
Por CIG ......................(solicitan tempo para a elección do seu membro)
5. Elección dos membros do comité de empresa nos tribunais para as oposicións convocadas
En relación ó disposto no artigo 2.6 do acordo do 30 de decembro de 2005, do Padroado da Fundación Pública Hospital Comarcal do Salnés, corresponde o comité de empresa a proposta dun representante sindical (vocal) así como un suplente para cada unha das once comisións de selección para cadansúa categoría recollidas no anexo I publicadas no DOG nº 229 , 28 de novembro de 2006.
UGT propón o reparto aleatorio entre os distintos sindicatos das once categorías e posterior consenso do pleno sobre os candidatos propostos.
CCOO e CEMSATSE non comparte o criterio de aleatoriedade.
CIG propón que sea cada sindicato quen propoña candidato.
Sométese a votación o criterio de aleatoriedade quedando como segue:
UGT: 5 votos a favor
CCOO, CEMSATSE; CIG: 8 votos en contra
Polo tanto tra-la votación queda excluído o criterio de aleatoriedade acordándose que a elección de representantes a participar en cada unha das comisións de selección sexa froito do consenso maioritario dentro do pleno do comité tomando como base o principio de representatividade do mesmo e analizando cadansúa categoría de maneira individual, quedando como segue:
CATEGORIA / AREA DE TRABALLO TITULACION
PROPOSTA COMITE DE EMPRESA
Matrón/a Matrón/a
DUE coa especialidade
de enfermería
Obstétrico- Xinecolóxica
Vocal: Felipe García Calvo
Suplente: Noemí Cortes Rey
Diplomado/a no
sanitario
Traballador/a
Social
Diplomado en Traballo
Social
Vocal: Noemí Cortés Rey
Suplente: Felipe García Calvo
Tec.F.P
superior ou
equivalente non
sanitario
Informática
FP 2º na rama de
informática de empresa
ou xestión ou BUP
Vocal: Sol Barreiro Pulido
Suplente: Monserrat Villar Mouriño
Facultativo Uroloxía
Especialidade en
Uroloxía
Vocal: Antonio García Blanco
Suplente: Antonio Ramón González Campaña
Facultativo Obstetricia
Especialidade en Xinecoloxía e Obstetricia
Vocal: Ramón Barreiro Paz
Suplente: Jaime Grande Freire
Facultativo
Medicina
Interna
Especialidade en
Medicina Interna
Vocal: Rafael Martinez-Almeida Fernández
Suplente: Antonio García Blanco
Facultativo Radioloxía
Especialidade en
Radiodiagnóstico
Vocal: Antonio Ramón Gonzalez Campaña
Suplente: Rafael Martinez-Almeida
Facultativo Pediatría
Especialidade en
Pediatría
Vocal: Jaime Grande Freire
Suplente: Rafael Martinez-Almeida Fernández
Facultativo Cirurxía
Especialidade en
Cirurxía Xeral e
Dixestivo
Vocal: Jaime Grande Freire
Suplente; Ramón Barreiro Paz
Facultativo Urxencias
Licenciado en
Medicina e Cirurxía
Vocal: Rafael Martinez-Almeida Fernández
Suplente: Antonio García Blanco
Facultativo Neuroloxía
Especialidade en
Neuroloxía
Vocal: Antonio García Blanco
Suplente: Rafael Martinez-Almeida Fernandez
6. Criterios petición e concesión de días de libre disposición
Tomase como referencia a hora de abarca-lo devandito punto o pacto de concertación social do sergas do 2001 en relación ós Días de Libre disposición, que recolle no seu punto 4.1 o seguinte :
“O persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo terá dereito a desfrutar 9 días ó ano de permiso retribuído por asuntos propios, cando a prestación de servicios abarque os
doce meses do ano natural. Nos supostos de que a prestación de servicios sexa inferior, os
días de libre disposición calcularanse de xeito proporcional a razón de 1 día por cada
período de 40 días naturais de servicio ininterrompido, redondeándose por exceso a
fracción que se puidera producir.
Os centros facilitarán ós profesionais o desfrute do permiso nas quendas que sexan
solicitadas. A denegación da solicitude deberá de ser motivada e fundada en necesidades
de servicio, contendo as causas concretas que impiden a súa aceptación, téndose que
informar á Xunta de Área das denegacións que se produzan.
A Dirección establecerá, previa negociación coa Xunta de Área, os criterios que permitan
resolve-la concorrencia de solicitudes en datas concretas. A falta de acordo, a
concorrencia resolverase aplicando o criterio de rotación”
E no seu punto : 4.2.- Desfrute
“Os días de libre disposición desfrutaranse con carácter xeral, dentro do ano natural, e non
despois do 15 de xaneiro do ano seguinte. Non se poderá acumular ó período das
vacacións anuais cando estea comprendido dentro do período ordinario, permitíndose a
súa acumulación á licencia por matrimonio, nacemento de fillo, adopción ou acollemento,
tanto preadoptivo como permanente, ós permisos por necesidades de orde familiar ou outras necesidades debidamente xustificadas e ás vacacións anuais cando non estean
comprendidas dentro do período ordinario.
Nos distintos centros de xestión, as Direccións poderán establecer, previo acordo coa
Xunta de área, criterios de proporcionalidade nas solicitudes ó longo do ano, coa finalidade
de evita-la acumulación das mesmas en determinadas épocas”
E no punto 4.4. Procedemento para as solicitudes.
“Nos distintos centros de xestión a Dirección poderá establecer, previa negociación cos
representantes legais dos traballadores, os procedementos que regulen as condicións das
solicitudes, os prazos con que se teñen que formular, así coma as condicións e prazos de
resolución.
No caso de non existi-los ditos acordos prevalecerán con carácter xeral os seguintes
criterios: o prazo para presentar solicitudes será de 15 días con antelación á data
solicitada, agás nos supostos de acumulación ós permisos por nacemento de fillo,
adopción, acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou necesidades de orde
familiar ou outras necesidades debidamente xustificadas, que o prazo será de 72 horas a
contar dende a data da resolución administrativa ou xudicial, ou dende que acontece o feito
causante
Non se poderán solicitar permisos cunha antelación maior de 30 días.
O prazo de resolución será de 5 días habiles, a contar dende o día seguinte a recepción,
salvo no suposto excepcional de solicitudes para acumular os permisos nacemento de fillo,
En todo caso as resolucións denegatorias deben de estar motivadas e fundadas en
necesidades de servicio, contendo as razóns concretas que xustifican a denegación, e
informando á Xunta de Área das incidencias que se produzan ó respecto”
Dacordo unánime do pleno e en base os artigos citados anteriormente acórdase solicitar a modificación dos criterios da concesión dos LDs nos seguintes puntos:
• Período de petición:
Dende o un de xaneiro a 15 de Xaneiro do seguinte ano.
• Procedemento para a solicitude:
Establecer un prazo de cinco días previos a data solicitada para a súa petición.
Prazo de resolución de tres días hábiles seguintes a data de recepción da petición.
• Criterios de Concesión e exclusión:
Enténdese como único criterio de exclusión a imposibilidade de dar cobertura o servicio; dando conta dos motivos ó comité de empresa.
Por acordo unánime do pleno o amparo do artigo 4.6 do Regulamento do comité decídese incluír no orde do día os seguinte puntos:
I. Reunión con xerencia
II. Acoplamento interno
I. Reunión con Xerencia
Acórdase por unanimidade solicitar unha reunión con xerencia para trata-los seguinte puntos:
o OPE (Prazas convocadas, data e tipoloxía dos exames)
o Relación interinidades 2007
o Dotación dos locais e medios; do comité e das sedes sindicais
o Acoplamento interno
II. Acoplamento interno
Debátese no pleno sobre os criterios para a elaboración dun borrador a establecer sobre este punto, sendo a relación dos mesmo a que segue:
Procedemento:
• Os posto ofertados corresponderán ós postos vacantes e reservas de praza sen dereito a reserva de posto.
• Considerarase consolidada todas aquelas prazas ocupadas por un traballador fixo nos dous últimos anos e vacantes tódalas prazas interinas e toda aquela praza non acupada de xeito fixo por un traballador nos últimos dous anos.
Requisitos para participar no acoplamento interno:
Para participar no proceso de acoplamento interno os aspirantes deberán reunir na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes os seguintes requisitos: ser persoal fixo en activo nos dous últimos anos encadrado no Nivel ou Grupo correspondente o posto de traballo a cubrir que se indique na convocatoria.
Baremo
A CIG expresa a través da súa delegada Nieves Villadamigo Lede súa disconformidade con respecto o tramento deste punto que considera que cada grupo debe facer un estudo previo.
Sométese a votación do pleno o feito de discriminar positivamente a aqueles traballadores que non participaron no primeiro e único acomplamento interno da Fundación Pública Hospital do Salnés quedando como segue:
Votos a favor: 8, Jaime (CEMSATSE), Bea (CEMSATSE), Mª Rosario (CCOO), Celia (CCOO), Mª Sol (CCOO), Noemí (UGT), Andrea (UGT), Rafael (UGT).
Votos en contra: 3, Nieves (CIG), Montse (CIG), Felipe (UGT)
Abstencións: 1, Silvia (CIG)
Ausente: Mª Dolores (UGT)
Queda aprobado por maioría o citado criterio.
UGT propón un sistema de baremación comparativo basado na exclusión en caso de empate en base os seguinte puntos:
• Antiguedade como propietario.
• Antiguedade no hospital
• Tempo traballado a turno
• Servicios prestados na categoría profesional
Debido a diverxencia de opinións sometese a votación o devandito punto en comparación cun sistema de puntuación numérico de méritos, quedando como segue:
Votos a favor do sistema comparativo: 3, Jaime (CEMSATSE), Rafael (UGT), Felipe (UGT)
Votos a favor do sistema numérico: 5 Bea (CEMSATSE), Celia (CCOO), Mª Rosario (CCOO), Sol (CCOO), Noemí (UGT).
Abstencións: 3, Montserrat (CIG), Silvia (CIG), Nieves (CIG)
Ausencias: 2, Mª Dolores (UGT), Andrea (UGT)
Queda aprobado polo tanto a elección do sistema numérico que por acordo maioritario faráse en relación os seguintes puntos:
1. Puntuación OPE
1ª OPE: “x” ptos
2ª OPE: “y” ptos
2. Acoplamento
Sen acoplamento previo: “a” ptos
Con acoplamento previo: “b” ptos
3. Antiguedade no Hospital
Por mes completo traballado “c” ptos
4. Turnicidade
Por ano traballado a turnos “d” ptos cun máximo de 3 anos
5. En caso de empate primara o de maior idade.
7. Rogos e preguntas
A delegada de persoal da CIG Silvia Rodríguez entrega copia de escrito a dirección envíado polo persoal DUE do servicio de urxencias adxuntándose a esta acta como ANEXO I.
Sen máis que tratar levántese a sesión plenaria ás 14:15hs.
Vilagarcía de Arousa a 09/01/2006
Presidente Comité de Empresa Secretario Comité de Empresa
Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo
15/02/2007
ACTA TERCEIRA
Etiquetas: Actas
Nenhum comentário:
Postar um comentário