ACTA SEGUNDA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES
Convócase a segunda reunión do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 21/12/2006 ás 09hs na sala de sesións coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior da sesión anterior
2. Elección Presidente/Secretario
3. Modificación do Regulamento
4. Elección de Delegados de Prevención
5. Local: uso e necesidades materiais
6. Aumento de persoal e acoplamento interno
7. Oposición
8. Reclamación obxetivos 2005
9. Rogos e preguntas
Asistentes
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Ramon Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Begoña García Agrelo (asesor CIG)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (D.S. UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Silvia Rodríguez Pérez (CIG)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Montserrat Villar Mouriño (CIG)
Asesor CCOO
Ausentes
Escusa a súa ausencia por causa xustificada Maria Dolores Mouriño Maquieira (UGT)
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior da sesión anterior
Tra-la lectura da acta da sesión ordinaria celebrada ó 18/12/2006, queda aprobada por unanimidade do pleno
2. Elección Presidente/Secretario:
UGT propón con carácter indivisible a: Rafael Martínez-Almeida e a Felipe García como candidatos a Presidencia e Secretaria.
CCOO propón a: Sol Barreiro e Celia Iglesias como candidatos a Presidencia e secretaria.
CIG e CEMSATSE non propoñen candidatos.
Votase a man alzada a Presidencia sendo ós resultados:
UGT: obtén 5 votos dos seus delegados.
CCOO: obtén 5 votos dos delegados de CCOO e de CEMSATSE.
CIG: os seus 3 delegados abstense.
(Decídese tomar un receso de 10 minutos para deliberación privada.)
Tralo receso vólvense a presentar candidaturas a Presidente, retirándose por parte de CCOO a súa candidatura.
Vótase de novo a man alzada, sendo os resultados:
UGT: obtén 5 votos dos seus delegados
CCOO, CIG, CEMSATSE abstéñense
Queda nomeado Rafael Martinez-Almeida Fernández como presidente do comité de empresa
2.1 Elección de Secretario
UGT propón a Felipe García Calvo para Secretario
CCOO, CIG e CEMSATSE non propoñen candidatos
Votase a man alzada a Secretaria sendo ós resultados:
UGT: obtén 5 votos dos seus delegados
CCOO, CIG, CEMSATSE abstéñense
Queda nomeado Felipe García Calvo como secretario do comité de empresa.
3. Modificación do Regulamento
Procedese a dar lectura do regulamento anterior modificándose os seguintes puntos por acordo maioritario:
No parágrafo primeiro os puntos referidos a data e artigo do estatuto dos traballadores
No capitulo II/artigo 3/pto. 3 no referente a manter a revogación dos cargos de Presidente e Secretario por maioría absoluta sen o voto a favor da CIG que defende a maioría simple.
No capitulo II/artigo 3/pto. 4/ os termos referidos a comisión permanente
Non se modifica o parágrafo dous do artigo 4.1/capitulo II a petición da CIG por maioría absoluta.
No capitulo II/artigo 4.2 frecuencia dos plenos ordinarios
Non se modifica o artigo 4.4/capitulo II por acordo unánime tralo debate no pleno.
No capítulo II/artigo 4.6 parágrafo 5, no referente a data das reunións para unha segunda votación.
No capitulo II/artigo 5/pto. 2 no referente a representatividade do Presidente
No capitulo II/artigo 6/pto. 5 no referente a información por parte do Secretario
No capitulo II/artigo 9/Garantías no referente a participación dos asesores sindicais
No capitulo II/artigo 10 no referente a revogación do regulamento
4. Elección de Delegados de Prevención
O amparo da Lei de Prevención de Riscos Laborais artigo 35.2 correspóndenlle o Hospital do Salnés 3 delegados de prevención designados por e entre os representantes dos traballadores. En base a este artigo propóñense as seguinte candidaturas:
UGT propón a Noemí Cortes Rey
CCOO propón a María Sol Barreiro Pulido
CIG propón a Monserrat Villar Mouriño
CEMSATSE propón a Jaime Grande Freire
Sometese a votación a man alzada quedando os resultados como seguen:
UGT obtén 7 votos; dos seus delegados e dos do CEMSATSE
CCOO obtén 10votos; dos seus delegados, dos do CEMSATSE e de UGT
CIG obtén 3 votos dos seus delegados
CEMSATSE obtén 10 votos; dos seus delegados, dos de CCOO e de UGT
Quedan nomeados como delegados de prevención María Sol Barreiro Pulido (CCOO), Noemí Cortes Rey (UGT), Jaime Grande Freire (CEMSATSE).
5. Local: uso e necesidades materiais
Por unanimidade do pleno acordase solicitar a efectos de dotación mínima e prioritaria para o desenrolo normal da actividade do comité o seguinte:
Un local sede permanente do comité
Material de oficina
Computador conectado a rede, impresora, Fax/copiadora, telefono con línea directa ó exterior, arquivadores.
Conta de correo electrónico
Selo e datador do comité
Asimesmo acordase tamén facer extensiva a mesma petición de material para ás distintas seccións sindicais en base a normativa vixente.
6. Aumento de persoal e acoplamento interno
Acordase por unanimidade a petición a efectos informativos con carácter urxente da relación do cadro de persoal por servicio, categoría profesional e vinculación coa empresa así como a previsión de contratación para o 2007.
Así mesmo acordase a creación dunha comisión de traballo, formada dacordo ca unanimidade do pleno, por:
• Andrea Mariño Álvarez (UGT)
• Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
• Celia María Iglesias Franco (CCOO)
• Monserrat Villar Mouriño (CIG)
Sendo as súas funcións o análise das necesidades estructurais do cadro de persoal do Hospital do Salnés.
Acordase aprazar o debate sobre o aclopamento interno a espera da obtención dos datos referentes o parágrafo primeiro deste punto.
7. Oposición
En relación ó disposto no acordo do 30 de decembro de 2005, do Padroado da Fundación Pública
Hospital Comarcal do Salnés, e posterior anuncio da convocatoria de probas de selección de persoal no DOG nº 229 , 28 de novembro de 2006 corresponde ó comité a proposta dun representante sindical e un suplente para os tribunais de oposición; acórdase, tra-la entrega a cada grupo do anexo I coa distintas categorías profesionais a concurso, que cada grupo traia a seguinte reunión do comité a relación de propostas para citada comisión de selección.
8. Reclamación obxetivos 2005
Informase ós traballadores da Fundación Pública do Hospital do Salnés do remate do período de reclamación de obxetivos do 2005 a data 31 de Decembro do 2006.
9. Rogos e Preguntas.
Tratase no pleno a reclamación presentada polo traballador do centro Carlos Nodar Ron en relación a denegación LDs.
Acordase debido a que a denegación de LDs afecta a tódolos traballadores da Fundación Hospital do Salnés tratalo na seguinte reunión do comité de empresa.
Establecese como data para a seguinte reunión do comité de empresa o 9/01/2007 ás 09hs coa seguinte orde do día:
I. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 21/12/2006
II. Lectura e aprobación , se procede, do Regulamento do Comité de Empresa do Salnés.
III. Valoración da información solicitada a xerencia sobre os cadros de persoal e petición de medios para o comité.
IV. Creación da comisión de traballo para o seguimento das contratacións de persoal.
V. Elección dos membros do comité de empresa nos tribunais para as oposicións convocadas.
VI. Revisión dos criterios petición e concesión de días de libre disposición.
VII. Rogos e preguntas.
Vilagarcía de Arousa a 21/12/2006
Presidente Comité de Empresa Secretario Comité de Empresa
Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo
15/02/2007
ACTA SEGUNDA
Etiquetas: Actas
Nenhum comentário:
Postar um comentário