15/02/2007

ACTA PRIMEIRA

ACTA PRIMEIRA COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES


Convócase a primeira reunión do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 18/12/2006 na sala de sesións coa seguinte orde do día:

1. Constitución do Comité de Empresa
2. Elección de Presidente
3. Elección de Secretario
4. Asuntos Varios


Asistentes


Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Nieves Villadamigo Freire (CIG)
Montserrat Villar Mouriño (CIG)
Silvia Rodriguez Perez(CIG)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia Maria Iglesias Franco (CCOO)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Maria Dolores Mouriño Maquieira (UGT)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Rafael Martínez-Almeida Fernández (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (Delegado sindical UGT)
Concepción Sanchez Tomé
(Delegado sindical CCOO)
Begoña García Agrelo (Asesor CIG)
Jose Vazquez (Asesor UGT)


1. Constitución Comité de Empresa

Coa presencia de tódolos delegados electos no proceso electoral celebrado o 17/10/2006 queda constituído o Comité de Empresa, quedando formado polos seguintes representantes:




COLEXIO I


COLEXIO II
UGT • Rafael Martínez-Almeida Fernández
• Felipe García Calvo
• Noemí Cortes Rey

• Maria Dolores Mouriño Maquieira
• Andrea Mariño Álvarez
CCOO • Sol Barreiro Pulido • María do Rosario Iglesias Santiago
• Celia María Iglesias Franco
CIG • Montserrat Villar Mouriño
• Silvia Rodríguez Pérez
• Nieves Villadeamigo Lede
CEMSATSE
• Jaime Grande Freire
• Beatriz Poceiro Hermida





Por acordo unánime do pleno decídese que asuman as funcións de presidente e secretario de xeito provisional (tomando como criterio a idade) Maria do Rosario Iglesias Santiago como presidenta e delegado de mais idade, e Felipe García Calvo como secretario e delegado mais xoven.

2. Elección Presidente:

UGT propón con carácter indivisible a: Rafael Martínez-Almeida e a Felipe García como candidatos a Presidencia e Secretaria.

CCOO propón a: Sol Barreiro e Celia Iglesias como candidatos a Presidencia e secretaria.

CIG propón a: Silvia Rodríguez e a Montserrat Villar a candidatos a Presidencia e secretaria.

CEMSATSE non propón candidatos.

Por acordo unánime do pleno óptase polo voto a man alzada, sendo os resultados da primeira votación:

UGT: obten 5 votos dos seus delegados.
CCOO: obten 5 votos dos delegados de CCOO e do CEMSATSE.
CIG: obten 3 votos dos seus delegados.

(Decídese tomar un receso de 10 minutos para deliberación privada.)

Tralo receso vólvense a presentar candidaturas a Presidente, sendo o único cambio con respecto ao anterior a retirada por parte da CIG da súa candidatura.
Vótase de novo a man alzada, sendo os resultados:

UGT: obten 5 votos de sus delegados.
CCOO: obten 5 votos de los delegados de CCOO y de CEMSATSE.
CIG: os seus 3 delegados abstense.


Ante a persistencia de empate acórdase convocar pleno o día 21/12/2006 ás 9:00hs para nova votación. En previsión da posible ausencia dalgún dos membros chegase ó acordo
unanime de que cada grupo contará co número de votos iguais ó de representantes que a súa organizacin ten no comité.

2. Elección Secretario

Non procede ante o empate da anterior votación








3. Asuntos Varios, Elaboración orde do día da seguinte reunión.

Cada grupo presenta as súas prioridades:

CIG

G.F.H
Comisión Hospitalaria de Productividade.
Aumento de Persoal


CEMS/SATSE

Designación de membros para tribunais de selección OPE médicos.
Subvención gardería


UGT

Aumento de Persoal
Acoplamento interno
Revisión criterios de petición LDs
Cumprimento Pacto Contratacións
Situación das interinidades
Plan director da ampliación do Hospital
CPV integro
Gardería de Tarde
Política Reximen de Visitas
Rexistro de entrada aberto para os traballadores
Desligar funcións nas gardas dos servicios de cirurxía e obstetricia


Por acordo maioritario decídese elaborar unha orde do día onde figuren as prioridades inmediatas co fin de poder abarcalas na próxima reunión:

ORDE DO DIA REUNION 21/12/2006

1. Elección Presidente/Secretario
2. Reglamento
3. Delegados de Prevención
4. Local: uso e necesidades materiais
5. Aumento de persoal e acoplamento interno
6. Oposición
7. Reclamación obxetivos 2005
E sen mais que tratar levántase a Sesión



En Vilagarcía de Arousa a 18/12/2006

En funcións de Presidente En funcións de secretario



Maria do Rosario Iglesias Santiago Felipe García Calvo

Nenhum comentário: