ACTA CUARTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES
O presidente, Rafael Martinez-Almeida, convoca o pleno extraordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 25/01/2007 ás 09hs na sala de sesións coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o 09/01/2007
2. Plan de accións por demora na publicación do decreto de estatutarización.
3. Horas sindicais
4. Seguimento das comisións de traballo, tanto da encargada do seguimento das contratacións de persoal como da de análise das necesidades estruturais da plantilla.
5. Valoración dos puntos incluídos na orde do día da futura reunión conxunta:
I.Cobertura das prazas:
Auxiliar de enfermería Farmacia
T.E.L
Técnico grupo A
P.S.X servizos clínicos
P.S.X control de xestión
Admisión
II. Solicitude de cambio de unidade de D.U.E urxencias
III.Petición horas sindicais.
IV. Rogos e preguntas
6. Rogos e preguntas.
Asistentes
Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Noemí Cortes Rey (UGT)
Antonio García Blanco (D.S CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (D.S. UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
María Dolores Mouriño Maquieira (UGT)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Silvia Rodríguez Pérez (CIG)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadamigo Lede (CIG)
Montserrat Villar Mouriño (CIG)
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior da sesión anterior
Tra-la lectura da acta da sesión ordinaria celebrada ó 09/01/2007, queda aprobada por unanimidade do pleno.
2. Plan de accións pola demora na publicación do decreto de estatutarización
Toma a palabra Antonio García Blanco (CIG) que facendo referencia as declaracións da conselleira de sanidade no xornal “La Voz de Galicia” o ano pasado, en relación o compromiso establecido para o paso do Hospital ó Sergas expón como prioritario:
- axilizar o paso dos catros hospitais xurídica e patrimonialmente ó Sergas,
- a publicación inmediata do decreto de integración.
Asimesmo indica que iniciaron unha recollida de firmas, e presentan un plan de mobilizacións a realizar tódolos mércores ás 12:30 a partir do día 7, trala entrega, por parte dos presidentes dos 9 comités de empresa das Fundación Sanitarias, das firmas recadadas acompañadas dun escrito. Propón tamén acompaña-las manifestacións cunhas pancartas.
Toma a palabra Sol Barreiro Pulido (CCOO) mostrando o seu desacordo co escrito de recollida de firmas proposto por CIG indicando que ten pouca presenza no mesmo, a solicitude de publicación do decreto de estatutarización, sinalando que baixo seu punto de vista a verdadeira inquedanza do persoal é a publicación do mesmo e as condicións na que se produce, e non o paso da Fundación como entidade.
Toma a palabra a palabra Jaime Grande Freire (CEMSATSE) referíndose como prioritario ó paso do persoal fronte ó da institución. Propón unha reunión dos presidentes dos 4 comités de empresa das Fundacións Hospitalarias para consensuar un plan de acción.
Toma a palabra Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT) facendo referencia a situación do decreto, indicando que o proxecto do decreto superou xa a fase de estudo da asesoría xurídica sen modificacións, así como o estudo de economía e facenda, atopándose actualmente no consello consultor como paso previo a aprobación por parte do consello da Xunta, situación que non fai pensar nunha problemática entorno a publicación do mesmo. Alude tamén a reunión da mesa sectorial do 18/07/06 donde o director do Sergas dixo que o paso patrimonial das institucións era un proceso arduo que podía implicar anos, polo que cree que os plans de accións deben encamiñarse prioritariamente cara a pronta estatutarización do persoal. Refírese tamén a necesidade dunha actuación consensuada entre os 4 comités de empresa das Fundacións Hospitalarias.
Prodúcese un debate sobre ás exposicións anteriores, tra-las cales o pleno coincide na importancia de solicitar ademais da celeridade na publicación do decreto a participación no futuro concurso de traslados do Sergas.
Toma a palabra Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT) sinalando que, a parte da liberdade da que dispón cada sindicato para tomar cantas iniciativas estima oportuno, é necesario definir unha posición como comité de empresa, propondo someter a votación no pleno a secundación dos comunicados e mobilizacións propostas por CIG.
Toma a palabra Sol Barreiro Pulido (CCOO) comunicando que as actuacións que se levaron acabo ata agora con respecto a estatutarización foron froito da participación dos 4 comités, concluíndo que non sería lóxico subscribir unha proposta feita por unha parte do comité sen a participación do resto de membros. Cree que ás actuacións deberían consensuarse a través do comité ou da mesa paritaria.
Tanto UGT, como CEMSATSE expresasen en termos similares.
Engade (UGT e CCOO) que se trouxo, por parte da CIGA, un plan totalmente elaborado fora do ámbito dos Comités de Empresa, o cal dificulta a suscripción do mesmo, pois non garantiza que se recollan as necesidades reais do persoal ademais de que non se permitiu participar no seu desenvolvemento aos Comités
Por votación e acordo maioritario do pleno acordase non secundar o plan de accións da CIG.
Votos a favor de secundalo 3: da CIG. Votos en contra 9: de CEMSATSE, CCOO, UGT.
Proponse, como plan de acción do Comité do Hospital do Salnés, iniciar unha ronda de contactos cos comités de empresa das fundacións hospitalarias, buscando a unidade de acción para tratar de acadar:
a celeridade na publicación do decreto de estatutarización
a participación dos traballadores das fundación hospitalarias no concurso de traslados,
a valoración das medidas encamiñadas a consecución dos dous obxectivos anteriores
Votos a favor: 12
Ausencias: Silvia Rodríguez Pérez
Queda polo tanto o punto anterior aprobado por unanimidade, quedando o presidente en informar da situación dos contactos cos outros comités nunha semana.
3. Horas sindicais
Por acordo unánime acórdase reclama-la concesión das horas sindicais dende a data de proclamación (18/10/2007) dos membros electos por parte do presidente da mesa electoral .
4. Seguimento das comisións de traballo tanto da encargada do seguimento das contratacións de persoal e análise das necesidades estruturais da plantilla.
Dado que aínda non se dispón de ningún informe por parte da comisión encargada das necesidades estruturais da plantilla non procede valoración o respecto.
Con respecto ao cuarto delegado integrante da Comisión de Seguimento das Contratacións de persoal a CIG expresa que non quere participar aludindo a que como sindicato xa vela polo cumprimento da legalidade nas contratacións. Preséntase voluntaria Monserrat Villar Mouriño, quedando polo tanto formada a Comisión como segue:
Por UGT a María Dolores Mouriño Maquieira
Por CEMSATSE a Jaime Grande Freire
Por CCOO a Sol Barreiro Pulido.
Por CIGA Monserrat Villar Mouriño
5. Valoración dos puntos incluídos na orde do día da futura reunión conxunta
I.Cobertura das prazas:
Auxiliar de enfermería Farmacia
T.E.L
Técnico grupo A
P.S.X servizos clínicos
P.S.X control de xestión Admisión
No punto a tratar faltan as interinidades a cubrir das que informou o servizo de persoal oralmente como son:
Interinidade de DUE Urxencias
Interinidade de DUE Quirófano
Reserva de praza de DUE primeira planta
Con respecto a cobertura de prazas, acórdase unanimemente, que todo aquel cambio que supoña un traslado de traballadores se faga dentro do acoplamento interno, e na cobertura de técnico grupo A se siga o procedemento legalmente establecido mediante publicación no DOG e concurso de méritos.
Con respecto as contratacións será a Comisión de Seguimento das Contratacións a que valorará dita información velando polo cumprimento do pacto de contratacións e informando periodicamente o Pleno da evolución e incidencias nas mesmas.
II.Solicitude de cambio de unidade de D.U.E urxencias
O cambio de unidade de dita enfermeira semella basearse na dificultade para desenrolar a súa actividade profesional nun turno de 12 horas por razóns de saúde.
Debido a inexistencia de prazas de saúde laboral na Fundación Hospitalaria non cabe a posibilidade de cambio motivado por razóns de saúde, optase, por acordo unánime, por solicita-la creación das devanditas prazas.
Plantéxase entón unha situación na que dita “petición” é unha petición de traslado interno, producíndose un debate no pleno na que a postura de UGT, CIG e CCOO e a de non aceptar un traslado que non pase por un acoplamento interno, mentres que a de CEMSATSE é a de analizar cada caso particularmente aceptando neste caso a petición de traslado.
Sométese a votación que todo traslado interno de persoal do hospital se faga dentro dun acoplamento interno:
Votos a favor: 9 CIG, UGT, CCOO.
Votos encontra: 2 CEMSATSE.
Abstencións: 1, Monserrat Villar Mouriño.
Ausencias: 1, Silvia Rodríguez Pérez.
III.Petición horas sindicais
Dacordo unánime do pleno do comité non cabe debate entorno a petición de horas sindicais tomando como referente a normativa vixente, na que ven recollido que o crédito horario das horas sindicais teñen a natureza de mínimo dereito necesario e, polo tanto non pode ser rebaixado, nin por decisión ou imposición unilateral do empresario, tampouco por acordo entre os representantes e o empresario. Tampouco resulta posible deduci-la cuantía do crédito a cambio de melloras no convenio xa que como ven sinalado no Tribunal Central do Traballo na sentencia 10-1-83, esta non é materia intercambiable. Sen embargo, e polo contrario, sí resulta posible amplia-la cuantía de crédito horario mediante acordo co empresario, como así o interpretou TCT en reiterada doctrina entre outras nas sentencias de 30-10-80, 19-11-80, 1-12-83. Tamén recolle o TCT, en sentencias 27-1-78 e 10-1-83 que unha vez que exista acordo por escrito ou práctica pacificamente aceptada ó longo do tempo, na que se ampliara o crédito horario por riba do mínimo legal, o empresario non pode reducilo unilateralmente, de novo, ó mínimo.
En canto a libre disponibilidade de dito crédito horario é un dereito subxectivo do representante, e corresponde a él, según criterio xurisprudencial, a libre disponibilidade do mesmo, o que supón que sea da súa elección o modo adecuado de utilización, según reza a Sentencia do Tribunal Supremo de 12-2-90. E o representante a quen lle corresponde decidir si utiliza o crédito por horas ou xornadas completas e calqueira inxerencia empresarial en dita materia constitúe un atentado contra a liberdade sindical ó mediatizar o libre exercicio da súa actividade representativa, según recoñece en diferentes sentencias, entre outras, TCT 23-11-87 e TSJ de Madrid de 7-5-93. Corresponde ó representante a libre disponibilidade do crédito, sendo polo tanto da súa elección o modo de facelo, sen requerir concesión ou autorización do empresario, según sinalan outras sentencias como a do Tribunal Supremo de 12-2-90 e dos TSJ do País Vasco de 3-12-91 e de Cantabria 13-10-92. Existe a obriga, por parte do representante, de preavisar e xustificar o uso do crédito horario. No obstante, esta facultade empresarial non pode convertirse nun dereito de inxerencia da patronal no dereito de representación dos membros de Comités de empresa ou de Delegados de Persoal. De modo que debe quedar claro que a xustificación debe de facerse ante a petición do empresario pero non será preciso entrar en detalles, se non que, con unha acreditación o citación do sindicato de estar nos seus locais ou de ser requeridos ós mesmos ou que o Comité de empresa reuniuse sen especificar os temas debatidos, ou ben unha certificación dos organismos oficiais ós que se acudiu, debe de ser necesariamente suficiente
Co fin de sustentar das anteriores argumentacións pasase a reflexar copia literal da normativa vixente asi como dalgunha das numerosas sentencias a favor.
Estatuto de los trabajadores. Articulo 48
“e) Disponer de un crédito de horas mensuales retribuidas cada uno de los miembros del comité o delegado de personal en cada centro de trabajo, para el ejercicio de sus funciones de representación, de acuerdo con la siguiente escala: delegados de personal o miembros del comité de empresa:
1.º Hasta cien trabajadores, quince horas.
2.º De ciento uno a doscientos cincuenta trabajadores, veinte horas.
3.º De doscientos cincuenta y uno a quinientos trabajadores, treinta horas.
4.º De quinientos uno a setecientos cincuenta trabajadores, treinta y cinco horas.
5.º De setecientos cincuenta y uno en adelante, cuarenta horas.
Podrá pactarse en convenio colectivo la acumulación de horas de los distintos miembros
del comité de empresa y, en su caso, de los delegados de personal, en uno o varios de
sus componentes, sin rebasar el máximo total, pudiendo quedar relevado o relevados del
trabajo, sin perjuicio de su remuneración.”
Convenio Colectivo da Fundación Pública Hospital do Salnés tal como segue
“Artículo 50.- Comité de Empresa
O comité de empresa, sen prexuízo das competencias, funcións, garantías e
dereitos en xeral recoñecidos polas disposicións legais, terán os seguintes dereitos:
1º.- Disporán de tempo retribuído para realizar as xestións conducentes á
defensa dos intereses dos traballadores. As horas mensuais necesarias para cubrir
esta finalidade serán as que se contemplan na escala fixada polo Estatuto dos
Traballadores.
2º.- O presente capítulo rexerase pola normativa xeral de aplicación así como
polos pactos sobre dereitos sindicais aplicables no sector sanitario en canto á
acumulación de crédito horario para exención de prestación de servizos por período
mínimo de seis meses.”
STC 70/2000, de 13 de marzo de 2000
“El llamado crédito de horas sindicales, esto es, el derecho de los representantes a disponer de un determinado número de horas retribuidas para el ejercicio de las funciones sindicales, constituye una facultad del representante necesaria para el desarrollo de tales funciones, cuya finalidad es, en palabras de nuestra STC 40/1985, FJ 2, otorgarles "una protección específica en atención a la compleja posición jurídica que los mismos asumen frente a los empresarios". La acumulación de los créditos horarios de los representantes con la posibilidad de poder dejar a alguno o algunos de ellos relevados o exentos de la prestación de trabajo sin perjuicio de su remuneración, ya se encuentre prevista legal o convencionalmente, precisa en todo caso de la libre voluntad concurrente del empleador y los representantes de los trabajadores, constituyendo su utilización una decisión interna de cada sindicato en aras de un eficaz desarrollo de su actividad sindical en la empresa y fuera de ella. De ello se deduce, en consecuencia, que la privación empresarial de la facultad de que se trata podrá entrañar la violación del derecho de libertad sindical consagrado en el art. 28.1 CE al estar afectado el derecho de autoorganización sindical y el de actividad sindical del representante sindical.”
Recollese tamén na sentencia do Tribunal Supremo 4-11-02. Sala do Contencioso en relación a procedemento especial da lei 62/1978. Crédito horario de representante sindical, na que se fai referencia o que segue:
“Don Rogelio interpuso recurso contencioso-administrativo, por el procedimiento especial la Ley 62/1.978, de Protección Jurisdiccional de los Derechos Fundamentales de la Persona, contra la resolución de la Jefe de Servicio de la Gerencia de Atención Primaria, Área de Salud de Tenerife, del Servicio Canario de Salud, de 23 de junio de 1.998, en virtud de la cual, siendo Delegado Sindical, en relación con el crédito horario que tiene derecho a disponer, se acordó que debía modificar las horas a disfrutar, dado que no se admiten fracciones horarias, así como que el uso de las horas sindicales tendríaque ajustarse al número de horas mínimas establecidas para la oferta de contratación del personal, es decir cuatro horas. La Sala de este orden jurisdiccional del Tribunal Superior de Justicia de Canarias, con sede en Santa Cruz de Tenerife, dictó sentencia el 30 de abril de 1.999, por la que estimó el recurso contencioso-administrativo y anuló la resolución impugnada, entendiendo que la imposición de un mínimo de cuatro horas en el uso del crédito horario vulnera el derecho del recurrente, como garantía integrada dentro del derecho fundamental a la libertad sindical reconocido por el artículo 28.1 de la Constitución, ya que impone unas condiciones al ejercicio del derecho que no tienen amparo en la legislación”.
IV. Rogos e preguntas
En relación a futura reunión con xerencia:
• Trata-las reclamación feitas por Carlos Nodar e Juan González Bernárdez e DUEs urxencias.
• Trata-la tipoloxía dos contratos temporais en relación a división da xornada en turnos de noite donde se lle realizan dous contratos distintos para un mesmo turno.
• Esixi-lo rexistro de entrada para tódolos traballadores.
• Trata-la finalización do contrato do neumólogo.
• Trata-las intencións sobre a creación dunha UCE e a dotación de persoal que require.
• Tratar aquelas cuestións que cada grupo considere oportuno.
6.Rogos e preguntas:
O presidente, Rafael Martinez-Almeida, informa da súa ausencia dende o 4 ó 11 de Febreiro período no que delegará as súas funcións na figura do secretario, Felipe García.
Nieves Villadamigo expresa en relación ó punto II da Acta III, no tocante a votación do tema do Acoplamento interno, e a discriminación positiva dos traballadores que non se acoplaron no primeiro e único acoplamento interno, que quere deixar constancia de que errou no seu voto e que a súa vontade foi, precisamente a contraria, votar favorablemente á discriminación positiva.
Antonio García Blanco expón que o seu grupo ten a intención de entrar a tratar no pleno do comité, se este o aproba, os seguintes puntos:
• Comisión de produtividade.
• Gardas.
• Solicitude de información sobre a autoconcertación.
Vilagarcía de Arousa a 25/01/2007
Presidente Comité de Empresa Secretario Comité de Empresa
Rafael Martinez-Almeida Fernández Felipe García Calvo
15/02/2007
ACTA CUARTA
Etiquetas: Actas
Nenhum comentário:
Postar um comentário