12/03/2009

Prensa 12/03/09

Diario de Arousa

O comité de empresa do Hospital non ten constancia de queixas de Oftalmoloxía

REDACCIÓN > VILAGARCÍA
O comité de empresa do Hospital do Salnés, que recentemente recibiu as críticas de CIG-Saúde por non secundar unha mobilización en apoio a unha oftalmóloga que foi suspendida pola dirección do centro, asegurou onte que non non ten constancia de queixas nese servizo. De feito, o presidente do comité, Rafael Martínez Almeida, confirmou que si souberon do problema hai case dous anos pero que entón os propios afectados optaron pola vía privada para tratar de atopar unha solución ao conflito.
Actualmente, sinalan que o único que recibiron foi a notificación na que multan ao Hospital do Salnés con 25.001 euros pola suspensión desta profesional, que foi xa readmitida no mes de xaneiro.

Desta forma, o comité de empresa argumenta a súa non actuación neste caso, seguindo, aseguran, as indicacións expresadas polos propios afectados o servizo de Oftalmoloxía.

Hai que lembrar que a semana pasada CIG-Saúde convocou unha concentración, da que o presidente do comité de empresa asegura que non foi comunicado, a pesar de que o día anterior a esta mobilización realizaron unha comisión permanente.

Foi CIG-Saúde a única que secundou a convocatoria desa xornada e Begoña Agrelo, representante deste sindicato, denunciou que a oftalmóloga continúa recibindo presións por parte da dirección do centro. Hai que lembrar que o caso se remonta á denuncia que realizou esta profesional polo uso compartido dun quirófano por parte de Oftalmoloxía e Urxencias.

Um comentário:

Anônimo disse...

Mintirooosoooooo.....¡¡¡