31/03/2009

Prensa 31/03/09

Diario de Arousa

A Comisión Cidadá detecta a demanda de máis especialidades no Salnés na súa constitución


REDACCIÓN > VILAGARCÍA

Os membros da Comisión, presidida por Adoitar, reuníronse onte no Hospital do Salnés. E. DOMÍNGUEZ
A Comisión Cidadá da área sanitaria do Salnés constituíuse onte nun encontro que durou máis de tres horas e ao que só faltaron os representantes das organizacións empresariais. Os veciños reclamaron máis especialidades no Hospital para evitar os desprazamentos a Vigo e Pontevedra.

Propor medidas de carácter sanitario que permitan unha mellor planificación dos servizos e melloren a atención á saúde da poboación da comarca é o obxectivo da Comisión de Participación Cidadá da área sanitaria do Salnés constituída onte. O primeiro encontro serviu non só para a constitución deste organismo, senón tamén para establecer as normas de funcionamento e analizar o informe de xestión sanitaria correspondente aos anos 2005-2008, tanto en Atención Primaria como en Especializada.
Tras máis de tres horas de debate e intercambio de opinións, o director do Hospital do Salnés, Pedro Adoitar, que preside esta Comisión, eloxiou o interese mostrado por todos os participantes, o que levou a unha ampla participación e duración do encontro, ao que só faltaron os representantes das organizacións empresariais.

A reunión contou cunha ampla exposición por parte das autoridades sanitarias do funcionamento tanto dun centro de saúde como do Hospital, especialmente para dar un coñecemento claro do traballo que se realiza a diario aos veciños. Desta forma, clarificaron cuestións como as urxencias e cando se ha de acudir ao momento de Atención Continuada de San Roque ou ao Hospital do Salnés, especialmente se se trata de nenos.

Unha vez que lle chegou a quenda aos representantes veciñais para presentar as súas primeiras demandas, estas centráronse en reclamar un maior número de especialidades para O Salnés, de forma que se eviten os desprazamentos que a poboación da área de referencia ten que realizar a Vigo e Pontevedra para ser tratados de determinadas doenzas.

Pedro Adoitar tamén explicou ao termo do encontro que a principal reclamación por parte dos sindicatos foi a necesidade dun maior número de persoal.

O encontro, desenvolvido no centro sanitario de Ande, estivo presidido polo director do Hospital do Salnés, Pedro Adoitar, ocupando a vicepresidencia da Comisión Antonio Regueiro Martínez, xerente de Atención Primaria Norte, e a secretaría Ana María González Sánchez, asesora xurídica do Hospital do Salnés.

Como representantes das entidades locais, ao encontro de onte asistiron Vitoria Ferro, concelleira de Vilagarcía, José Manuel Vázquez, alcalde da Illa, José Manuel Cores Tourís, rexedor local de Cambados, e Ana Isabel Lorenzo Fraga, edil de Vilagarcía. Como suplentes están Dores Couso Rodríguez, concelleira de Vilagarcía, Juan Luciano Otero Bicada, edil da Illa, Salomé Pena, alcaldesa de Ribadumia, e Rosa Abuín, concelleira de Vilagarcía.

Por parte das asociacións de veciños, acordouse que estarían representadas por María Branco Mariño, Juan Antonio Conde Touriño, Víctor Narduzzi González e Mercedes Prado Cores. Como suplentes están Diego David Bouzada Loureiro, Faustino Laya, Roberto Mariñó Castro e Celia Vilas Martínez.

Tamén se atopan representadas nesta Comisión de Participación Cidadá as organizacións empresarias, pero ningún dos seus representantes acudiu á convocatoria de onte.

Finalmente, en nome das organizacións sindicais elevarán as propostas á Comisión Begoña Agrelo García, de CIG, Sol Barreiro Puído, de CCOO, Felipe García Calvo, de UXT, e Cándido Sartier Boubeta, por parte de CIG. Neste caso os suplentes serán este último, que será membro rotatorio por un ano, Fernando Ramos, de CCOO, e Rafael Martínez-Almeida, de UXT.

La Voz de Galicia

Os colectivos veciñais piden máis especialidades e unha uci no hospital
As queixas que os pacientes trasladan aos concellos refírense, sobre todo, ás listas de espera


Autor:
Susana Luaña
Data de publicación:
31/3/2009

Enlace a noticia completa premendo eiqui

9 comentários:

Anônimo disse...

pero por Sol Barreiro va de la mano de la dirección hasta donde haga falta, lo de los ugts ya es lo de siempre.
esta miembra del comité de empresa y supervisora de la dirección, ¿no irá a las reuniones del comité a supervisar para la dirección?.
Dimisión de uno de los cargos ya, si no hay incompatibilidad normativa si debería haberla moral.

Anônimo disse...

no tengo nada personal contra nadie que busque medrar, pero coincido con el anterior es que me parace una tomadura de pelo a los trabajadores lo de estar en los dos lados a la vez.

Anônimo disse...

Donde estará Begoña Agrelo para denunciar en los medios cuando se la necesita?¿

Anônimo disse...

Isto e vergonzoso. Sol non tes dignidade eres unha vendida. Iso e o que penso e pensareino sempre de aqueles que utilizan ós traballadores para trepar sexa dende o comité ou sexa dende unha supervisión machacando ós seus propios compañeiros e non vale que me digas que de a cara cando ti so a das por dirección e tería que ver si algún día a deches por os que te votaron.

Anônimo disse...

Está todo amañado, que verguenza, seguiremos así otros 4 años, salvo que los Populares defenestren a los que nos dirigen.

REGENERACIÓN YA¡¡¡

Anônimo disse...

Amigo meu, a decepción de Sol só é para os oito que a votaron, non dudes que o persoal xa coñecia a persoa.

Anônimo disse...

yo soy uno de esos ocho y estoy decepcionado, pero otros y otras aunqe no tan directamente me han decepcionado antes. El comité suena a escalón previo para los puestos de la dirección, se supone que está para defender los intereses de los trabajadores/as y por el resultado se diría que se pasan las horas sindicales haciendole la rosca a la dirección pues siempre acaban siendo reclutados. Cuando alguien te nombra colaborador es porque ve que piensas en su línea, lo cual no debería ser el caso del comité, sobre todo de los que han sido nombrados que son los que más ruido hacian en contra de la dirección, se ve que una vez a puerta cerrada las cosas cambian mucho y hay secretitos de alcoba.

Anônimo disse...

Antes de poner nada nuevo, que funcione lo que hay.

Anônimo disse...

Y seguimos sin dirección.
Bueno, sin dirección de enfermería.
Lo otro sería mejor decir sin rumbo.