12/02/2009

Prensa 12/02/09

Fonte Diario de Arousa 12/02/09

A terceira planta do Hospital estará rematada en abril e a segunda fase licitarase “nos vindeiros días”

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

A primeira fase da ampliación rematará en abril e a segunda sairá a licitación en breve.
A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, confirmou onte que a segunda fase dos traballos de ampliación do Hospital do Salnés sairán a licitación “nos vindeiros días”, incluso antes do remate da terceira planta, prevista para mediados de abril. Desta forma, a conselleira deixou patente o seu compromiso coa mellora sanitaria na comarca, logo de ter revertido a Fundación e integrado o centro sanitario no Servizo Galego de Saúde. A ampliación non será máis que a confirmación dunha búsqueda de espazos necesarios para mellorar a calidade asistencial para á área sanitaria, o que xa levou ao centro a mellorar as súas instalacións, como a dotación de sete novas consultas no soto no pasado mes de outubro.

A Consellería de Sanidade está disposta a non acumular máis retrasos na demandada ampliación do Hospital do Salnés e por este motivo onte a titular deste departamento autonómico, María José Rubio Vidal, confirmou que nos “vindeiros días” sairá a licitación a segunda fase, incluso antes de ter rematada a primeira, posto que as obras da terceira planta deberán estar listas a mediados do mes de abril.
A segunda fase, explicou a conselleira, inclúe a construcción dun novo edificio que contempla as urxencias, consultas externas, a hemodiálise e os gabinetes de exploración. Será na terceira fase cando se acometa a reforma do inmoble actual e de zonas como a do bloque obstétrico, rehabilitación e incluso ampliación de servizos como a Hospitalización a Domicilio (HADO).

A ampliación do Hospital do Salnés non será máis que o incremento de posibilidades ao crecemento que o Hospital está a buscar incluso dentro das súas infraestructuras actuais. Hai que lembrar que recentemente, no pasado mes de outubro, comezaron a funcionar no soto sete novas consultas. Catro son de Xinecoloxía, unha de Pediatría e dúas de Anestesia.

Este novo espazo, indican dende a Consellería, ocupa arredor de 400 metros cadrados e permite aumentar nun 50% a capacidade de atención en Xinecoloxía ao tempo que se fai máis cómodo o traballo dos profesionais e a estancia das pacientes, posto que agora as consultas e os espazos de espera son máis amplos que con anterioridade.

Son os novos espazos que precisa o Hospital e que se crearán a través da ampliación. O principal, e o que máis necesita na actualidade o centro sanitario, é precisamente esa terceira planta, posto que permitirá facer frente a todos os ingresos hospitalarios que se produzan, evitando os colapsos que en ocasións se rexistran en Urxencias por mor de non ter camas disponibles para ubicar aos pacientes que precisan de estancia.


Fonte: La Voz de Galicia

Sanidade calcula investir 4 millóns no macroambulatorio de Vilagarcía
María José Louro e Javier Gago sentaron ante Dolores García as bases para a cesión da antiga Comandancia


Enlace a noticia completa premendo eiqui

Nenhum comentário: