11/02/2009

Prensa 11/02/09

Fonte Diario de Arousa 11/02/09

O Hospital do Salnés é unha das principais empresas xeradoras de emprego na comarca

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

O Hospital do Salnés conta con máis de 350 traballadores e o plantel incrementarase coa terceira planta.
O Hospital do Salnés é na actualidade unha das principais empresas xeradoras de emprego na comarca. Nestes momentos son un total de 350 traballadores os que forman parte do plantel deste centro sanitario. O cadro de persoal foi medrando de forma progresiva dende a apertura das instalacións, adecuándose en todo caso á demanda, que foi en incremento nos últimos anos. Un destes exemplos é a recente incorporación de celadores, no pasado mes de outubro, que reforzaron unha plantilla na que se carecía desta categoría profesional, de forma que o Sergas logrou non só aliviar o traballo dos profesionais, senón mellorar a atención aos pacientes da área sanitaria do Hospital do Salnés.

A demanda sanitaria e a mellora dos servizos que o Sergas está a prestar no Hospital do Salnés son claves á hora de abordar o número de persoas que traballan no centro sanitario. Na actualidade son 350 profesionais os que están a atender á poboación de referencia deste centro sanitario, o que converte ao Hospital nunha das principais empresas xeradoras de emprego da comarca.
O plantel foi crecendo conforme se incrementaron os servizos dende a apertura do centro e, por suposto, atendendo á demanda de atención sanitaria que non deixa de crecer no Salnés. De entre as cifras máis recentes hai que salientar que no ano 2006 había 310 traballadores, mentras que no exercicio seguinte contabilizáronse 317. Actualmente a cifra supera xa os 350 profesionais.

Sen embargo, esta cantidade non é un teito para o plantel do centro sanitario, ao que non lle quedará máis remedio que continuar crecendo para responder ao constante aumento de demanda da área de referencia. De feito, as íncorporacións de traballadores realizadas dende a apertura do Hospital obedeceron a dar unha mellor resposta ás necesidades dos pacientes, incluso con novos servizos que eviten os desprazamentos ao centro de referencia.

A incorporación de máis persoal ao centro permitiu mellorar incluso a calidade de vida de todos os pacientes. Non só non é preciso realizar moitos desprazamentos a Pontevedra, un exemplo é que as mulleres xa poden someterse no Hospital do Salnés á proba de amniocentese, senón que agora é posible superar as doenzas na casa a través da Unidade de Hospitalización a Domicilio e os enfermos de coidados paliativos están actualmente atendidos por profesionais do centro sanitario, mentras que ata o momento eran traballadores do Complexo Hospitalario de Pontevedra os que se facían cargo das necesidades destes pacientes.

O incremento de persoal estivo en todo caso acompañado de medios técnicos para facer doado o seu traballo e dar respostas rápidas aos pacientes do Salnés

Nenhum comentário: