11/02/2009

Actas XXVIII, XXIX

Publicase a continuación as ACTA XXVIII, XIX do pleno da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés trala súa aprobación no pleno ordinario do comité de empresa do Hospital Salnés, celebrado hoxe día 11 no que se trataron ademais os seguintes puntos:

1-Lectura e aprobración, se procede, das acta: XXVII, XXVIII, XXIX
2-Recoñecemento de antiguidade e atrasos estatutarización.
3-Seguridade nas pertenzas e enseres dos traballadores do centro.
4-Preparación reunión con xerencia.
5-Rogos e preguntas.



ACTA XXVIII, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
Felipe García Calvo (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)


Convócase comisión permanente do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 28/10/08, ás 12:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Proposta formación ano 2009 Hospital do Salnés. Valoración cursos solicitados pola Dirección de Enfermaría. AFCAP 2009. 60 horas para o Hospital do Salnés

II. Despedimento de traballadores da empresa subcontratada para o servizo de Cociña e Restauración do Hospital.










I.-Proposta formación ano 2009 Hospital do Salnés. Valoración cursos solicitados pola Dirección de Enfermaría. AFCAP 2009. 60 horas para o Hospital do Salnés

Dáselle lectura a proposta de formación da Dirección para o ano 2009, detectándose a concentración da actividade formativa en tres categorías profesionais.


• RCP AVANZADA NEONATAL E PEDIÁTRICA (22 horas) (Pediatras e DUEs)

• ¿CÓMO UTILIZAR O PAE? (16 horas) (DUEs)

• OBRADOIRO DE DIABETES PARA ENFERMERÍA ( 8 horas) (DUEs)

• COMUNICACION ESCRITA E ELABORACION DE INFORMES(16 horas) (Auxiliar administrativo)


Elabórase tras lectura completa do catálogo AFCAP a proposta do comité de empresa en base a accesibilidade de tódalas categorías profesionais presentes no centro aos cursos propostos, cun total de 60hs repartidas en sete cursos tal como segue:


1) ACTUALIZACIÓN NA CALIDADE DE MOSTRAS DE LABORATORIO

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 12
iii) Destinatarios: por orde preferente: 1º) técnicos superiores en laboratorio de diagnóstico clínico e enfermeiros/as que traballen no servizo de urxencias, intensivos ou reanimación. 2º) persoal sanitario que traballe en unidades de hospitalización e e laboratorio clínico.


2) OBRADOIRO SOBRE A MANIPULACIÓN DO DOENTE ENCAMADO
i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: técnicos en coidados auxiliares de enfermaría e celadores. Terán preferencia os que traballen en unidades de hospitalización.




3) PREVENCIÓN DE RISCOS EN QUIRÓFANOS

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: persoal de quirófano (médicos, enfermeiros/as, auxiliares de enfermaría, técnicos superiores en diagnóstico por imaxe e celadores

4) VIOLENCIA NO LUGAR DE TRABALLO, ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN

i) Nº de prazas: 20
ii) Nº de horas: 12
iii) Destinatarios: Nas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1) persoal dos servizos de urxencias, admisión e psiquiatría; 2) resto de persoal de atención especializada

5) RISCOS LABORAIS NAS ÁREAS ADMINISTRATIVAS

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 4
iii) Destinatarios: por orde preferente: 1º) Persoal de xestión e servizos da función administrativa que use o equipo informático durante a maior parte da xornada laboral. 2º) Resto do persoal de xestión e servizos da función administrativa.

6) INTRODUCCIÓN Á FISIOTERAPIA RESPIRATORIA

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: médicos, fisioterapeutas, enfermeiros/as e técnicos en coidados auxiliares de enfermaría que traballen en relación co tratamento dos doentes con patoloxía respiratoria.

7) OBRADOIRO DE OSTOMÍAS

i) Nº de prazas: 25
ii) Nº de horas: 8
iii) Destinatarios: enfermeiros/as de atención primaria e atención especializada.





II.-Despedimento de traballadores da empresa subcontratada para o servizo de Cociña e Restauración do Hospital.

Dende a UGT maniféstase os traballadores afectados o apoio ante a situación que esta a vivir e ofrecéronselle de precisalos, os servizos xurídicos do sindicato entendendo que, dende o coñecemento que tiñamos como usuarios do servicio de cafetería, non houbo ningún motivo que xustificara o despedimento disciplinario dos traballadores.






En Vilagarcía de Arousa 28 de Outubro do 2008.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente do Comité de Empresa) (Secretario do Comité de Empresa)



ACTA VIXESIMONOVENA, XUNTA DE PERSOAL HOSPITAL DO SALNES




Asistentes
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón Gonzalez Campaña ( UGT/D.S UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Nieves Villadeamigo Lede (CIG)
Lidia Costa Cruz (CIG)







Convócase polo presidente, pleno extraordinario da Xunta de Persoal do Hospital do Salnés con data 21/01/09, ás 09:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Plan funcional. 1ª e 2ª fase.
II. Acoplamento interno.
III. Promoción interna.
IV. Situación dirección de Enfermaria.
V. Cita previa.
VI. Rogos e preguntas.
i. Recepción traballadores cita previa, a súa petición as 12hs.





I. Plan Funcional 1ª e 2ª Fase

O presidente da Xunta de Persoal informa ao pleno das comunicacións levadas a cabo perante os medios de comunicación o 6, 14 e 20 de Xaneiro, ante a situación de paralización aparente das obras de ampliación do centro hospitalario e que recibiron resposta atraveso dos mesmos medios por parte da Dirección Provincial o 15/01/09. Segundo a información barallada polo presidente, dita Dirección Provincial levou acabo accións de control e intervención para o remate da primeira fase no mes de Abril. Dito retraso probablemente conleve a demora da segunda fase do plan funcional polo que e vontade do pleno seguer reclamando a normal execución nos prazos acordados das obras.

Toma a palabra Sol Barreiro pra manifestar a “situación crítica dos servizo centrais” debido a saturación do conxunto do Hospital, situación que valora a dicente se agravará coa ampliación do centro e a infradimensión do laboratorio na actualidade, citando un total de 4000 determinacións sanguíneas no pasado mes de Decembro.


II. Acoplamento interno.

Sométese a votación plenaria a solicitude dun novo acoplamento interno en base o cumplimento do criterio temporal establecido no anterior que fixa en dous anos o periodo para un novo proceso, sendo os resultados tal como seguen:

Votos a favor: 7
Abstencións: Bea Poceiro.


III.Promoción interna.

Toma a palabra Rafael (UGT) trasladando ao pleno a petición de solicitude de apertura das listas de promoción interna.

Toma a palabra Celia (CCOO) para manifestarse dacordo co presidente, sinalando que a apertura das listas abrangue a tódalas categorías profesionais.

Por unanimidade dos asistentes acórdase solicitar a dirección do centro que se inicien os trámites para que posibilite o acceso a promoción interna a tódalas categorías profesionais do centro.

Así mesmo acórdase solicitalo seu tratamento na vindeira reunión conxunta.





IV. Situación dirección de Enfermaría

Tralo cese da directora de Enfermaría o pleno da xunta considera preciso e por unanimidade solicitar unha reunión coa dirección para atender os puntos pendentes da Dirección de Enfermaría e non concluídos na data do cese, con esta parte.


V . Cita Previa


O pleno da Xunta de Persoal por unanimidade dos asistentes acorda solicitala integración do servizo de cita previa así como a cobertura das prazas que se xeneren mediante as listas de contratacións vixentes.

Non existe acordo no tocante a solicitude de apertura de listas de contratación de xeito extraordinario para a inclusión exclusiva destes traballadores, someténdose a votación sendo os resultados tal como seguen:


Votos a favor apertura listas: 4, Bea (CEMSATSE), Charo (CCOO), Sol (CCOO), Nieves (CIG)

Votos en contra da apertura listas: Celia (CCOO), Rafa (UGT), Ramón (UGT), Felipe (UGT).

Sendo ás 11:50hs ten lugar un receso de 10min tralo cal incorpórase Lidia Costa Cruz (CIG/D.S CIG)


Tras debate plenario hai unanimidade en asumir a legalidade vixente entendendo que as posibles contratacions xeradas pola asunción do Servicio de Cita previa por personal estatutario se faga pola lista de contratacions vixente no Hospital, mais non existe acordo no tocante a posibilidade de apertura de estas listas para novas incorporacions de xeito prevío a contratación, retrasándose o seu tratamento a un pleno posterior.







VI. Rogos e preguntas

1. Toma a palabra Celia (CCOO) indicando que no tocante as comisións de seguimento da carreira profesional extraordinaria e tal como se recolle nas bases correspóndelle a representación legal dos traballadores o nomeamento de seis dos seus membros pra categoría de persoal sanitario non facultativo e un por cada organización sindical para o caso do persoal de servizo e xestión. Propón que teña lugar a elección neste pleno co fin de non dilatalo proceso.

Toma a palabra o presidente para manifestar que na actualidade non existe requirimento por parte da dirección para dito nomeamento, polo que e ante a ausencia de varios membros da xunta a este pleno propón a celebración dunha comisión permanente no intre que teña lugar citado requirimento.

Por unanimidade aceptase a proposta do presidente.

2. Esperabase para as 12.00 horas a comparecencia dos traballadores de Cita Previa despois da sua solicitude e invitación feita polo presidente a súa representante sindical, non obstante no se presentou ninguen aludindo, según informou Sol, problemas de axenda. Farase unha nova invitación para recibilos tralo peche da sesion plenaria ordinaria do próximo 11 de Febreiro.

Dáselle lectura ao escrito remitido por varios traballadores de cita previa, a cal se anexa a esta acta como Anexo I.

Por unanimidade o pleno da Xunta de Persoal reitera o manifestado en sesión plenaria ordinaria do 12/12/07 (Acta XVII), expresándose en termos de recoñecemento da lexitimidade do dereito individual e colectivo de calquera traballador de mellorar as súas condicións laborais, e que débense tender as pontes de dialogo entre a Empresa e a Administración para correxir as deficiencias obxetivas.

Sen embargo non lle corresponde a este órgano a representación legal dos traballadores de cita previa a cal é propia dos seus delegados sindicais e do Comité de Empresa de Eulen tal como se recolle no E.T, sen ser esto óbice para por de manifesto a solidaridade coa reclamacións lexítimas de este ou outro colectivo que desempeñe a súa actividade profesional no centro hospitalario.




En Vilagarcía de Arousa 21 de Xaneiro do 2009.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández Asdo. Felipe García Calvo
(Presidente da Xunta Persoal) (Secretario da Xunta de Persoal )

2 comentários:

Anônimo disse...

"Tralo cese da directora de Enfermaría o pleno da xunta considera preciso e por unanimidade solicitar unha reunión coa dirección para atender os puntos pendentes da Dirección de Enfermaría e non concluídos na data do cese, con esta parte."
No. el comite de empresa debe exigir una dirección de enfermería ya.

Anônimo disse...

Totalmente de acuerdo. Los representantes de enfermería en el comité no deben presentarse a esa reunión, deberían hablar los problemas de enfermería ante una directora de enfermería que es el puesto establecido de manera mas prevalente en el organigrama de los hospitales sergas, no deberían consentirque la enfermería dependa directamente de un médico aunque sea el gerente.