La Voz de Galicia
O Sergas redeseñará o esquema dos servizos sanitarios en Vilagarcía
Unha vez ampliado, o Hospital do Salnés combinará as consultas especializadas coas de atención primaria
Enlace a noticia completa premendo eiquí
Diario de Arousa
Pose asegura que Vilagarcía terá un novo centro de saúde e que a súa ubicación sairá da revisión do PXOM
S. L. > VILAGARCÍA
Pose cre que a ampliación do Hospital resolverá os problemas. O. VÍFER
O secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, recoñeceu, unha vez máis, que o Ambulatorio de Vilagarcía é “insuficiente” para a súa poboación e mantivo o “compromiso electoral municipal” de construir un novo centro de saúde ou un macrocentro para resolver este inconvinte. Sen embargo, recoñeceu que o problema é atopar un terreo dispoñible, unha das tarefas previstas na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. En todo caso, asegura que a Consellería de Sanidade “porase a traballar cando teña” esta ubicación. Da problemática actual do sistema sanitario de Vilagarcía, Pose aposta pola ampliación do Hospital para reorganizar todos os servicios.
O novo centro de saúde de Vilagarcía será realidade cando o Concello atope onde ubicalo. Según sinalou onte o secretario provincial do PSOE, Modesto Pose, a Consellería de Sanidade “está para poñerse a traballar” en canto se establezan os terreos para esta nova infraestructura sanitaria, polo que agora están pendentes de que se defina na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal onde ubicar o edificio.
Pose se refire a “un centro de saúde máis ou un macrocentro”, pero o que ten claro é que o Ambulatorio de San Roque é “insuficiente” para a poboación de Vilagarcía. A todo esto suma a falta de aparcamento e os problemas de “accesibilidade dos pacientes”. A situación achácaa “ás decisións de gobernos anteriores”, aos que tamén atribúe os problemas dun Hospital do Salnés no que se está a executar unha ampliación debido á saturación que rexistra. Neste sentido, o secretario provincial do PSOE apuntou que cando o centro hospitalario de Ande estea a pleno rendemento será o momento dunha reorganización dos servicios sanitarios, entre os que inclúe a Atención Primaria e o Laboratorio da Casa do Mar.
O diputado socialista no Parlamento xa advertiu neste sentido, debido ás polémicas suscitadas polos cambios temporais xurdidos nestes servicios, que “todo o que fagamos en Vilagarcía será para mellorar a calidade dos servicios”. Neste eido lembrou que os orzamentos da Xunta de Galicia para o 2009 inclúen unha partida de 1.049.597 euros para esta ampliación do Hospital.
Precisamente das previsións do Executivo autonómico para o vindeiro ano, Modesto Pose resaltou que Vilagarcía cambiará “o seu semblante”, especialmente en materia de infraestructura viaria. Os case nove millóns de euros para iniciar a construcción da autovía a Pontevedra, os catro para rematar a variante e a conexión da Vía Rápida do Salnés co acceso ao Porto farán, según Pose, que se cubran unhas necesidades e demandas históricas do municipio.
As obras en centros educativos, os 800.000 euros para a reforma do Pousadoiro e o estudio informativo para a autovía ata O Grove son partidas que mostran para Pose o “compromiso” da Xunta con Arousa.
A comarca, indicou o diputado socialista, beneficiarase tamén doutras partidas xenéricas incluidas nuns orzamentos de “austeridade e rigor”, propios de tempos de crise. Sinalou que se complementan coas partidas previstas polo Goberno central para o vindeiro exercicio económico.
No que respecta aos da Xunta, Pose sinalou que son unha aposta “pola inversión productiva, polo fomento de emprego e da actividade económica, así como hai unha clara orientación social”. Neste eido puxo como exemplo os 500 millóns de euros en avales para empresas, os 78 millóns para fomento de emprego, cos que pretenden lograr 20.000 novos contratos indefinidos, a aposta pola educación, nos que investirán 2.389 millóns de euros, e pola Sanidade, que contará con 3.547. A todo isto Pose suma 210 millóns para vivenda protexida e 570 para a Lei de Dependencia.
Castro Ratón: “O BNG participa na Plataforma, dicir o contrario é inxusto e sen fundamento” DAMIÁN PEREIRA > VILAGARCÍA
O líder do BNG, Xosé Castro Ratón, saíu ao paso das críticas do voceiro de EU, Juan Fajardo, e o da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, Chema Fernández, e sinala que “o noso grupo é membro activo deste colectivo e estivo ao seu lado. Dicir o contrario sería unha inxustiza”.
O tamén tenente de alcalde e edil de Cultura destaca a labor do Bloque Nacionalista Galego como “parte activa da Plataforma”, en contra do que apuntou onte o responsable local de Esquerda Unida, que asegurou que entre a formación nacionalista, o PSOE e a UXT estaban a “paralizar” o traballo que se viña desenvolvendo habitualmente dende este colectivo cívico que naceu coa premisa de evitar agravios para coa cidadanía saliniense no que se refire á sanidade pública.
Xosé Castro Ratón quixo deixar claro que o BNG “segue a apostar pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública” e que “as acusacións de Juan Fajardo para co noso grupo son totalmente inxustas e carentes de fundamento”.
O nacionalista asegura que “nós nunca tivemos unha postura diferente á do colectivo e parece que estas declaracións só foron feitas para facer dano ou xerar polémica”.
Castro Ratón tamén se mostra duro con Fajardo e o acusa de “facerlle un fraco favor á Plataforma con comentarios políticos como este”.
En defensa da súa propia actividade, o tenente de alcalde sinala que “eu asisto con total regularidade ás sesións do colectivo”.
Toda esta polémica xurdiu a raíz da noticia coñecida o pasado mércores na que o Sergas anunciaba que o Punto de Atención Continuada (PAC) do Centro de Saúde de San Roque pecharía a partir da pasada noite.
A pesar de que o Servicio Galego de Saúde deu rapidamente marcha atrás pola presión do Concello e a xerencia do Hospital do Salnés, o distanciamento na Plataforma foi un feito apreciable e xa indiscutible, tal e como afirmou o seu propio voceiro, Chema Fernández, que indicou que “ crise interna está latente”, polo que seguirá dando que falar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário