La Voz de Galicia
O hospital contará cun profesional médico e outro de enfermería para coidados paliativos
Enlace a noticia premendo aquí
O Servizo Galego de Saúde porá en marcha, unha vez que finalice o verán, un equipo de soporte de coidados paliativos no hospital do Salnés. Esta iniciativa permitirá crear un grupo con dedicación exclusiva en coidados paliativos para atender aos casos máis complexos.
A unidade servirá de apoio a Primaria e de enlace entre estes profesionais, o persoal do hospital do Salnés e a Unidade de coidados paliativos de referencia no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Ademais, dará apoio á unidade de hospitalización a domicilio que se creou recentemente no hospital arousán e que está atendendo un gran número de casos de enfermos paliativos de Oncoloxía.
A posta en marcha dese equipo, que estará integrado por un profesional médico e outro de enfermería expertos neste tipo de casos, mellorará a calidade de vida de moitos pacientes da área sanitaria do Salnés. Ao mesmo tempo, dará apoio a outros profesionais que tratan habitualmente este tipo de casos. Actualmente, unha de cada catro hospitalizacións que se producen en Galicia corresponden a enfermos no seu último ano de vida, de aí a necesidade dunha atención especializada. A iso dedicarase esta unidade.
O xerente do hospital, Pedro Soler, destaca a importancia destas unidades, nas que se ofrecen coidados, terapias contra a dor e apoio psicolóxico tanto a enfermos como a familiares. A posta en marcha dos dispositivos de coidados paliativos nos hospitais do Salnés, Barbanza, Verín e Cee eleva a catorce os centros galegos que xa contan con algún servizo específico para este tipo de atención.
Faro de Vigo
O Hospital do Salnés terá un equipo especializado en pacientes terminais
Enlace a noticia completa premendo aquí
F.F. / VILAGARCÍA
O Hospital Comarcal do Salnés contará, despois do verán, cun equipo especializado en coidados paliativos, é dicir, en atender especificamente a pacientes terminais. Esta iniciativa, que se pon en marcha a través do Servizo Galego de Saúde, é un paso máis para a consolidación dun equipo de soporte que se dedique exclusivamente a atender este tipo de casos nos complexos hospitalarios.
A unidade que se instalará no Salnés nuns meses servirá de apoio primario e de enlace entre os profesionais que o compoñan e a unidade de Coidados Paliativos de referencia no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Así mesmo, dará apoio á unidade de Hospitalización a Domicilio que foi creada recentemente no hospital comarcal e que atende a numerosos pacientes paliativos de oncoloxía.
Características
Desde o Hospital do Salnés aclaran que o equipo estará integrado por un profesional médico e outro de enfermaría que son expertos neste tipo de casos. Desta forma mellorarase a calidade de vida dos pacientes e mesmo se ofrecerá apoio aos seus familiares.
O xerente do Hospital, Pedro Soler, destacou que estas unidades ofrecen "coidados, terapias contra a dor e apoio psicolóxico" e que o feito de que O Salnés conte con esta unidade fai que se coloque entre os centros hospitalarios máis completos do mapa sanitario de Galicia.
Desde o Sergas destacaron o servizo como "un modo de que os pacientes terminais poidan ter unha morte digna".
Nenhum comentário:
Postar um comentário