21/10/2007

La Voz de Galicia 21/10/07


A lista de espera para operarse no hospital duplicouse tras o verán
Os atrasos séguense acumulando en ginecología, con case catro meses de demora recoñecidos


A pesar diso, segue sendo das máis baixas de Galicia, tanto en cirurxía como en consultas externas

Autor:
Susana Luaña

A principios de verán, a xerencia do Hospital do Salnés dera a coñecer con satisfacción as listas de espera no centro comarcal. Entón, a media cifrábase en 34 días, unha das máis baixas dos hospitais galegos, tanto en cirurxía como en consultas externas. Iso si, cunha excepción; nas revisións médicas non se tiñan en conta os atrasos en ginecología. De feito, nos datos que de forma oficial ofrece en Servizo Galego de Saúde na súa páxina web, a lista de espera de finais de xuño no Hospital do Salnés, para consultas, era de 50 días, porque nese balance si se tivo en conta ginecología.
Agora, tres meses despois, as demoras seguen sendo similares nas consultas -tendo en conta tamén as de ginecología- pero en cirurxía, duplicáronse despois do verán. Así, se no mes de xuño non había que esperar máis de 34 días para operarse no Hospital do Salnés, na actualidade a demora alárgase ata os 67 días, o dobre que entón. En cambio, nas consultas, a media está en 58 días, cando no mes de xuño era de 50.
Nas revisións médicas, a espera máis elevada rexístrase, como xa é habitual no centro de Rubiáns, en ginecología, onde a lista oficial sitúa o atraso en 110 días. A realidade é que cando as mulleres van pedir vez, non se lles adoita dar no momento e dicir que se lles chamará máis tarde por teléfono. Ás veces, pasan máis de dous anos para que se produza esa chamada. Nas demais especialidades a espera é moito menor, ata en oftalmoloxía, a pesar de que fai semanas que non hai médicos e teñen que atender as consultas os de Pontevedra. Con todo, no Salnés non se rexistran máis que 55 días de demora, cando nas consultas oftalmológicas doutros hospitais galegos a espera elévase a 110 días, como ocorre no Juan Canalejo da Coruña.
Menos de 90 días
A pesar de duplicarse os días de espera en cirurxía e aumentar algo a demora nas consultas, o certo é que o do Salnés é un dos hospitais galegos con menos listas de espera. Fai xa uns meses que o Servizo Galego de Saúde conseguiu reducir as demoras a 90 días para as consultas -na actualidade, oficialmente son 84 días-; pero no Salnés, tanto para operarse como para ir ao especialista, as demoras son moito menores. Na actualidade, a de cirurxía está en 67 días, e a das consultas, en 58.
Dificilmente eses bos resultados poderanse manter nos próximos meses se se manteñen os problemas para atopar especialistas substitutos. O centro leva semamas sen oftalmólogos porque non os hai nas listas de substitución e tivo tamén problemas para completar as baixas en cardiología, o que xa deu lugar a queixas de pacientes con problemas graves de saúde aos que non se lles daba vez.

2 comentários:

Anônimo disse...

Esto es increible, la espera para consulta de ginecología son 110 días, pero para "acceder" a ellos esperas 2 años con lo que la espera son 2 años y 110 días.
En oftalmología si llamas para opedir cita te anotan en un folio y "ya te llamarán para ponerte en espera", ¿ en qué estás mientras no tellaman?, según llamada hecha a cita previa hay "una demora bestial" seguro que ganaríamos a Juan Canalejo si figurasen todos los que son.
Y otra cosa, en la lista de espera para intervención quirúrgica ya figuran los 67 que el año pasado el hospital reconocía que "no estaban en ninguna lista estructural"??, además que cuando el hjospital reconoce 67 habrá con toda seguridad 167 por lo menos.
En resumen NO NOS MIENTAN TANTO.

Anônimo disse...

lo de las listas de espera es de coña. Es una herramienta política.
Lo que si me enfada es ue tengan el morro de publicarlo con tono triunfalista "solo 110" cuando saben que son 940 días.
Lo de oftalmología no tiene nombre, el servicio da pena, y como se va a incorporar un oculista de su baja,nota triunfal en prensa: "el servicio normaliza su actividad", y quien normalizará toda esta lista, además aquí varios consideramos que no es un problema de la dirección, es un problema provocado por la dirección, por no apoyar a los trabajadores cuando lo necesitan.
Estos días la lista de digestivo está cerrada en nuestro centro (situación habitual en casi todas alguna temporada al año), el sergas dice en la orde do 13 de xullo de 2004: "Esta espera para a asignación de data de cita só poderá ser autorizada excepcionalmente, con carácter técnico, polo director xeral da División de Asistencia Sanitaria, cando estea suficientemente motivada polo hospital e sempre por un período determinado de tempo". Alguien del comité me puede aclarar si se están siguiendo los pasos administrativos precisos?? si no está claro que nuestro hospital vende humo??.
De la lista quirúrgica no tengo ni idea, pero sus trucos tendrán, "no programar hasta preoperatorio hecho por patología posible del paciente.... pasa en muchos no se si en éste. Un saludo