27/06/2007

Acta Pleno Comité de Empresa 30/05/2007

ACTA DECIMA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES

Convócase pleno ordinario do comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 30/05/2007, ás 09:30 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:


1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Novena.
2. Lectura e aprobación, se procede, da Acta II da reunión Xerencia/Comité de Empresa.
3. Implantación programa IANUS.
4. Análise dos puntos da reunión con xerencia.
5. Información da Comisión de Contratacións
6. Establecemento de calendario plenos ordinarios
7. Discusión sobre a asignación da praza de saúde laboral.
8. Rogos e Preguntas.





Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
Ramón González Campaña (D.S.UGT)
Felipe García Calvo (UGT)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Juan Carlos García García (CIG)
Antonio García Blanco (D.S CIG)


Monserrat Villar Mouriño (CIG)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
María Do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Bea Poceiro Hermida (CEMSATSE)








1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta Novena.

Apróbase a Acta Novena por acordo unánime dos asistentes ao pleno.






2. Lectura e aprobación, se procede, da Acta II da reunión Xerencia/Comité de Empresa.



Tras dar lectura a Acta II da reunión mantida entre o Comité de Empresa e a xerencia o pleno acorda ás seguintes alegacións a mesma:


No encabezamento

Debería figurar a data da reunión 23 de Marzo de2007.



No punto 4. Adscrición do persoal e alegacións presentadas polo Comité de Empresa en canto aos PSX (Parágrafo 4)

Na acta reza textualmente:

“A xerencia pide que conste en acta o compromiso que asume, no sentido de que no proceso de acoplamento interno que seguirá ó de adscrición, a ningún PSX de admisión de urxencias, que teña a praza en propiedade, se lle denegará a solicitude de integrarse noutro departamento en réxime de quenda fixa de mañá.”

O que se dixo na reunión é que se lle ofertaría todos os PSX propietarios de Admisión de Urxencias a posibilidade de pasar noutro posto a quenda fixa de mañá. A redacción debería ser entón a que segue:

“A xerencia pide que conste en acta o compromiso que asume, no sentido de que no proceso de acoplamento interno que seguirá ó de adscrición, a tódolos PSX de admisión de urxencias, que teña a praza en propiedade, se lle ofertará a posibilidade de integrarse noutro departamento en réxime de quenda fixa de mañá.”


No punto 5. Crédito horario dous representantes do persoal

Non se aceptaron en ningún momento, nin nesta nin noutra reunión restricións sobre o uso e goce do crédito horario sindical, xa que logo quedou ben patente e debe constar, se trae o tema a debate, que non se aceptan imposicións unilaterais sobre obrigacións en canto á forma de comunicalas nin de gozalas que contradigan ou coarten a lei de liberdade sindical e o reflectido no Estatuto dos Traballadores.

Debe constar en acta, como así se dixo na reunión, que os representantes dos traballadores exercen de forma responsable tanto a comunicación como o goce do crédito horario e sempre en base ás necesidades que o cumprimento das súas funcións de representación obrígalles e velando por que este dereito e obrigación ocasione os menores trastornos aos usuarios, aínda que, finalmente, que se cubra a tarefa asistencial sexa responsabilidade da Empresa.















3. Implantación programa IANUS.


Dáselle lectura o artigo 41 do estatuto dos traballadores, no que se recolle textualmente:


ARTIGO 41.- Modificacións substanciais das condicións de traballo.

1.- A dirección da empresa, cando existan probadas razóns económicas, técnicas, organizativas ou de
produción, poderá acordar modificacións substanciais das condicións de traballo. Terán a
consideración de modificacións substanciais das condicións de traballo, entre outras, as que afecten ás seguintes materias:

a) Xornada de traballo.
b) Horario.
c) Réxime de traballo a quendas.
d) Sistema de remuneración.
e) Sistema de traballo e rendemento.
f) Funcións, cando excedan dos límites que para a mobilidade funcional estabelece o artigo 39 desta
Lei.

Entenderase que concorren as causas a que se refire este artigo cando a adopción das medidas
propostas contribúa a mellorar a situación da empresa a través dunha máis adecuada organización dos
seus recursos, que favoreza a súa posición competitiva no mercado ou unha mellor resposta ás
exixencias da demanda.

2.- As modificacións substanciais das condicións de traballo poderán ser de carácter individual ou
colectivo.

Considérase de carácter individual a modificación daquelas condicións de traballo de que disfrutan os
traballadores a título individual.

Considérase de carácter colectivo a modificación daquelas condicións recoñecidas aos traballadores
en virtude de acordo ou pacto colectivo ou disfrutadas por estes en virtude dunha decisión unilateral
do empresario de efectos colectivos. A modificación das condicións estabelecidas nos convenios
colectivos regulados no Título III desta Lei só poderá producirse por acordo entre a empresa e os
representantes dos traballadores e respecto das materias ás que se refiren os parágrafos b), c) d) e e)
do apartado anterior.

Malia o disposto no parágrafo anterior, non se considerarán en ningún caso de carácter colectivo para
os efectos do disposto no apartado 4 deste artigo, as modificacións funcionais e de horario de traballo
que afecten, nun período de noventa días, a un número de traballadores inferior a:

a) Dez traballadores, nas empresas que ocupen menos de cen traballadores.
b) O dez por cento do número de traballadores da empresa naquelas que ocupen entre cen e trescentos
traballadores.
c) Trinta traballadores, nas empresas que ocupen trescentos ou máis traballadores.

3.- A decisión de modificación substancial de condicións de traballo de carácter individual deberá ser
notificada polo empresario ao traballador afectado e aos seus representantes legais cunha antelación
mínima de trinta días á data da súa efectividade.

Nos supostos previstos nos parágrafos a), b) e c) do apartado 1 deste artigo, e sen prexuízo do
disposto no artigo 50, apartado un, a), se o traballador resultase prexudicado pola modificación
substancial terá dereito a rescindir o seu contrato e percibir unha indemnización de vinte días de
salario por ano de servizo rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de nove
meses.



Sen prexuízo da executividade da modificación no prazo de efectividade anteriormente citado, o
traballador que non optando pola rescisión do seu contrato se mostre desconforme coa decisión
empresarial poderá impugnala perante a xurisdición competente. A sentenza declarará a modificación
xustificada ou inxustificada e, neste último caso, recoñecerá o dereito do traballador a ser reposto nas
súas anteriores condicións.

Cando con obxecto de eludir as previsións contidas no apartado seguinte deste artigo, a empresa
realice modificacións substanciais das condicións de traballo en períodos sucesivos de noventa días en
número inferior aos límites a que se refire o último parágrafo do apartado 2, sen que concorran causas
novas que xustifiquen tal actuación, as ditas novas modificacións consideraranse efectuadas en fraude
de Lei e serán declaradas nulas e sen efecto.

4.- A decisión de modificación substancial de condicións de traballo de carácter colectivo deberá ir
precedida dun período de consultas cos representantes legais dos traballadores de duración non
inferior a quince días. O dito período de consultas deberá versar sobre as causas motivadoras da
decisión empresarial e a posibilidade de evitar ou reducir os seus efectos, así como sobre as medidas
necesarias para atenuar as súas consecuencias para os traballadores afectados.
Durante o período de consultas, as partes deberán negociar de boa fe, con vistas á consecución dun
acordo.
O dito acordo requirirá a conformidade da maioría dos membros do Comité ou Comités de Empresas,
dos delegados de persoal, se é o caso, ou das representacións sindicais, se as houbese, que, no seu
conxunto, representen a maioría daqueles.

Tra-lo exposto anteriormente o pleno acorda tratar a implantación do programa IANUS na reunión que terá lugar a continuación coa xerencia.




4. Analise dos puntos da reunión con xerencia.


O pleno do comité debate sobre os seis puntos a tratar na reunión con xerencia:

1. Adscrición definitiva do persoal do Hospital.
2. Aprobación dos criterios que rexerán o proceso de acoplamento
3. Prazas a ofertar a acoplamento
4. Permisos e licenzas
5. Relacións Contractuais. Entrega de Copias.
6. Estudio da plantilla da Fundación.

1. Adscrición definitiva do persoal do Hospital.

O pleno do comité acepta a adscrición definitiva do persoal do Hospital

2. Aprobación dos criterios que rexerán o proceso de acoplamento

Analízase por parte do pleno a resposta as alegacións feitas por este órgano á xerencia ó respecto dos criterios reitores do proceso de acoplamento. O pleno do comité segue mantendo a postura previa nas alegacións non aceptadas como son:

QUINTA.-RESOLUCIÓN PROVISIONAL

O pleno do comité de empresa ve preciso establecer un prazo de un mes para se publiquen as resolucións provisionais non dous como mantén a xerencia.





SEPTIMA.- ADXUDICACIÓN

O pleno do comité de empresa segue mantendo que os postos adxudicados deben ter a posibilidade de renuncia non seguintes termos:

“No caso de renuncia ó posto acadado, unha vez tomada posesión do mesmo e no prazo máximo dun mes dende a resolución do acoplamento, o traballador poderá exerce-la súa opción de retorno a súa praza de orixe.”

OITAVA.-INCORPORACIÓN AO POSTO DE TRABALLO

No tocante a incorporación, o pleno do comité de empresa estima que o prazo máximo non debía de exceder os tres meses a contar dende a resolución definitiva do proceso de acoplamento. A incorporación o posto de traballo debería acontecer en función da posición acadada.

NOVENA.-ACTUACIONS PARA O CASO DE EMPATE

O pleno do comité propón en caso de empate o seguimento do seguinte criterio de desempate entre traballadores que conseguiron praza na mesma OPE, aquel que tivera mellor posto ou puntuación. En caso de persistir o empate primará aquel que aprobou na primeira, sendo a idade o último criterio de desempate.


ANEXO III

Baremo de méritos

O pleno do comité de empresa mantén que se recoñeza a baremación positiva daqueles aspirantes que non participaron, no ata agora único acoplamento interno da institución.

3.Prazas a ofertar a acoplamento

Fóronlle entregadas o pleno a relación de prazas de tódalas categorías que saíran o proceso de acoplamento exceptuando a de PSX. Acórdase reclamar a súa facilitación.


4.Permisos e licenzas

O pleno acorda por unanimidade esixir o cumprimento do convenio colectivo nos termos legalmente establecidos asi como de xeito igualitario para todolos traballadores da F.P. Hospital do Salnés tras constatarse irregularidades na concesión de permisos por enfermidade de familiar, formación e permisos sen soldo, así como a non facilitación da asistencia ás mesas electorais nas últimas eleccións municipais ós suplentes.

5. Relacións Contractuais. Entrega de Copias.

Tras constatarse queixas por parte do persoal eventual, das que informaron a membros do comité de empresa de que non se lle estaban a facilitalas copias contractuais, o pleno acorda solicitar a súa subsanación.

6. Estudo da plantilla da Fundación

Acórdase reclamar o cumprimento do compromiso establecido por parte da xerencia no eido de facilitalo estudo sobre as necesidades da plantilla de cara a vindeira estatutarización.







5 .Información da Comisión de Contratacións

Os membros da comisión de contratacións informan o pleno da última reunión mantida por esta comisión con xerencia. Nela tratouse a situación xerada por aquelas persoas presentes na listas de contratacións que se atopan ausentes da zona, abordándose a posibilidade de que se respeten períodos vacacionais de dúas quincenas previa xustificación.

Acordouse tamén, ante a situación xerada pola renuncia de persoal presente na lista de contratacións por motivos de eido persoal non recollidos no pacto, a aplicación dun criterio similar ós LDs, posibilitándoselles a renuncia por nove ocasións motivada por ditos motivos persoais.

Proponse por parte da comisión a publicación das listas de contratación no blog do comité de empresa así como nos taboleiros da institución, aceptándose a proposta por unanimidade.






Queda levantada a sesión con hora 12:55hs, quedando como puntos pendentes a tratar no vindeiro pleno:

 Establecemento de calendario plenos ordinarios
 Discusión sobre a asignación da praza de saúde laboral

Nenhum comentário: