13/08/2008

Actas XXII, XXIII e XV. Pleno Xunta de Persoal do Hospital Salnés

Publicanse a continuación trala súa aprobación no pleno ordinario do comité de empresa do Hospital Salnés, celebrado hoxe día 13, as actas XXII, XXIII e XXV:


ACTA VIXESIMOSEGUNDA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES



Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
Ramón Barreiro Paz (D.S CEMSATSE)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Felipe García Calvo (UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Monserrat Villar Mouriño







Convócase pleno extraordinario do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 18/03/08, ás 09:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Resolucións integración.
II. Proxecto/borrador orde carreira profesional.
III. Escritos demanda categorías estatutarias ausentes.
IV. Lectura e aprobación actas reunión Xerencia.
V. Comisión de contratación.
VI. Rogos e preguntas







I. Resolucións integración

Toma a palabra o presidente do Comité para manifestar que o xoves 13 foi informado dende a xerencia de que a remisión das resolucións tería lugar o pasado luns 17 de marzo e que no día de hoxe tras o seu requirimento dende persoal informouse de que o motivo do incuprimento de datas é a pretensión de remisión conxunta de tódalas resolucións ás catro Fundacións Públicas Hospitalarias por parte da Consellería, agardándose estas a finais deste mes.


II. Proxecto/borrador orde carreira profesional.

Ten lugar debate plenario en relación ao Proxecto da Orde para o acceso a carreira profesional do persoal orixinariamente de entidades adscritas a Consellería de Sanidade e integrado ao réxime estatutario polos procesos previstos no Decreto 91/2007.
Chegase ao acordo unánime tras sometelo a votación de manifestar a dirección de RRHH do SERGAS o total rexeite o proxecto de orde, xa que racha co espírito de negociación presente durante todo o proceso de integración, posto que non se recollen nela a igualdade de condicións para os traballadores das institucións do sistema sanitario de Galiza que se acolleron ao réxime estatutario tal como se promulgaba no Decreto 91/2007. Solicitándoselle:
• Que a orde da Consellería de Sanidade que determine os requisitos e o sistema de avaliación para o acceso ao recoñecemento previo do nivel profesional sexa equiparebel e ecuánime os termos recollidos para o persoal estatutario
• Que se teñan en conta os servizos prestados como persoal estaturario.
• Que os requisitos deben de ser coetáneos aos efectos económicos datados e recollidos para as categorías de persoal licenciado e diplomado sanitario no Decreto 91/2007.
• Que o acceso extraordinario á carreira profesional do persoal das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional se faga dacordo a resolución conxunta do 25 de outubro de 2007, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde.


III Escritos demanda categorías estatutarias ausentes.

Toma a palabra o presidente do comité para pronunciarse sobre a idoneidad do momento da presentación da reclamación das categorías profesionais estatutarias ausentes e precisas no centro tal como se refrendou no último pleno extraordinario, xa que no momento actual ainda non se achegaron as resolucións de integración e ábrese un proceso negociador sobre o borrador de proxecto de carreira profesional.

Ábrese debate plenario ao respecto someténdose a votación dito aspecto sendo o resultado da mesma o que segue:

Votos a favor da presentación da reclamación: 7
Votos en contra: 2 (Rafael, Felipe)
Abstencións: 0


IV. Lectura e aprobación actas reunión Xerencia.

Dáselle lectura a Acta VII da reunión conxunta mantida polo comité de empresa coa xerencia en data 17/09/07.
Sométese a votación a aprobación sendo o resultado da mesma:

Votos a favor: 6
Votos en contra: 0
Abstencións: 4

Ten lugar debate plenario sobre o período de remisión por parte da xerencia das actas os membros do comité de empresa acordándose de xeito unánime a petición de remisión das mesmas cunha antelación mínima dunha semana o vindeiro feito causante .

Sendo ás 12:50 ten lugar de acordo maioritario un receso de 10 minutos.

Dáselle lectura a Acta VIII da reunión conxunta mantida polo comité de empresa coa xerencia en data 27 de Novembro de 2007 sobre a cal de xeito maioritario se presentan as seguintes alegacións:
• Que na páxina catro dentro de Cálculo de Xornada donde figura “A dirección comunica que dende o día 1 de xaneiro de 2008 comezará a aplicarse a redución de xornada por traballos en quenda de noite, de xeito proporcional para aquelas persoas que teñan un contrato inferior a o ano tale como solicitaba a parte social. A parte social manifesta a súa aprobación a esta decisión” debería figurar que o manifestado polo comité de empresa foi que dita redución tivera lugar de inmediato. Así mesmo en dito parágrafo non se desenrola o segundo punto nin o terceiro, no tocante o compromiso adquiro pola parte empresarial de cumprir o axuste de xornada para o 2008 a tódolos traballadores e o recalculo da aplicación por redución por coidados de fillos por parte da directora de enfermería cunha representación do comité de empresa tal como tivo lugar.

• Que na páxina cinco no segundo parágrafo “O Comité de Empresa manifesta o seu total acordo coa interpretación, e plena satisfacción pola adopción da decisión sobre........ao igual que outras fundacións” se suprima dito parágrafo posto que a solicitude do comité foi que dito recoñecemento se producise a efectos do 1 de Xullo de 2007.


V. Comisión de contratacións.

Toma a palabra Patricia Alonso como membro do comisión de contratacións para manifestar que lle foi remitido dende o servizo de persoal un e-mail solicitándoselle a elección sobre a remisión a esta comisión das copias básicas de contratos ou no seu defecto dos listados de contratación.

O pleno do Comité de Empresa solicita aos membros da comisión que manifesten que lles interesa máis en beneficio do traballo que desempeñan; Patricia expresa que os listados de contratación son máis útiles para o seguimento, o cal é ratificado polo pleno sen menoscabo do dereito a solicitar información puntual contractual ou copias simples do contrato en caso necesario en calquera momento por parte de calquera membro do Comité de Empresa.

VI. Rogos e preguntas

I. Toma a palabra Jaime Grande que manifesta e achega a reclamación de Dona Isabel Muñiz Lorenzo no tocante ao non abonamento da parte proporcional de obxetivos.
II. Toma a palabra Sol Barreiro para por de manifesto o incuprimento na concesión dos permisos legalmente establecidos no Sergas por parte da xerencia, acordándose de xeito unánime publicitar o cadro de permisos legalmente establecidos no SERGAS acompañados dunha nota que chame no caso de denegación a remisión por escrito do mesma a calquera dos membros do comité de empresa para levar a cabo as actuacións legalmente previstas.

III. Toma a palabra Andrea Mariño comunicando ao pleno que non se cumpriu o compromiso de máximos proposto pola xerencia perante a reclamación das auxiliares da segunda planta, acordándose tratalo na vindeira reunión conxunta coa xerencia. Manifesta tamén que non lle foron abonados os obxetivos ao persoal que estivo en situación de baixa por risco de embarazo e lactación.

IV. Abórdase no comité trala publicación en prensa (Faro de Vigo 18/03/08) no día de hoxe do probable peche da unidade de hospitalización segunda planta durante o verán reclamar a xerencia información e a búsqueda dun acordo con respecto a situación que se poda plantexar no persoal.


V. Propónse que se establezan uns prazos de resposta aos escritos dirixidos desde a Secretaria do comité aos seus membros para darlle máis axilidade e que se poida ratificar a validez dos escritos efectuados sobre os acordos plenarios. Non habendo ningunha obxección por parte dos membros do comité de empresa presentes en que se estableza un período de sete días naturais para que os membros do comité emitan a súa resposta, entendéndose que se esta non se produce nese prazo a mesma será positiva e manifestamente de acordo coa súa tramitación. Queda pendente propor na orde do dia dunha sesión plenaria o tratamento deste acordo para ratificalo e darlle validez e vixencia.


En Vilagarcía de Arousa 18 de Marzo do 2008.

Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández

(Presidente do Comité de Empresa)


Asdo. Felipe García Calvo

(Secretario do Comité de Empresa)



ACTA VIXESIMOTERCEIRA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES




Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Lidia Costa Cruz (D.S CIG)
Juan Carlos García García (CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Jaime Grande Freire (CEMSATSE)
Antonio Ramón González Campaña (UGT/D.S UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Beatriz Poceiro Hermida (CEMSATSE)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)
Monserrat Villar Mouriño













Convócase pleno ordinario do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 09/04/08, ás 09:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Lectura e aprobración, se procede, das actas: XX, XXI, XXII.
II. Elección membro do comité para representación Formación Continuada.
III. Concesión de permisos e xustificación.
IV. Acumulación horas sindicais.
V. Comisións de servizo.
VI. Celadores.
VII. Regularización nóminas
VIII. Listas de contratación.
IX. Reunión con Xerencia.
X. Rogos e preguntas.
XI. Horas sindicais.
XII. Rogos e preguntas.









I. Lectura e aprobración, se procede, das actas: XX, XXI, XXII

Dáselle lectura a acta XX, someténdose a votación a súa aprobación, sendo os resultados tal como seguen:
Votos a favor: 8
Votos en contra: 0
Abstencións: 1 (Monserrat)
Queda aprobada a acta XX.

Dáselle lectura a acta XXI, someténdose a votación a súa aprobación, sendo os resultados tal como seguen:
Votos a favor: 5 (UGT)
Votos en contra: 4 (María Sol, Jaime, Juan Carlos, María do Rosario)
Abstencións: 1 (Monserrat)
Queda aprobada a acta XXI.

Dáselle lectura a acta XXII, tras debate plenario aprázase o seu sometemento a votación para a súa aprobación.


II. Elección membro do comité para representación Formación Continuada

Aprázase por unanimidade a elección do membro do comité de empresa para a representación Formación Continuada ata a recepción da información relativa dende a xerencia.


III. Concesión de permisos e xustificación.

Toma a palabra Sol Barreiro Pulido para manifestar ao pleno a existencia de problemas na concesión de permisos así coma na solicitude de requisitos.

Jaime Grande propón a elaboración dun pacto de permisos conxuntamente coa xerencia no que se consensúen os criterios de disfrute así como os requisitos e criterios de concesión.

Tras debate plenario e por unanimidade acórdase solicitar a xerencia a elaboración duns criterios consensuados donde se unifiquen os criterios de petición de permisos retribuidos e non retribuidos así como os criterios de concesión.



IV. Acumulación horas sindicais

Toma a palabra Sol Barreiro comunicando ao pleno que noutros centros do Sergas existe a posibilidade de cesión de horas e a creación dunha bolsa de horas dentro de cada forza sindical.

Tras debate plenario acórdase tratalo no vindeiro pleno trala reunión que vai ter lugar a continuación coa xerencia na cal se abordará este punto.



V. Comisións de servizo.

Sol Barreiro manifesta ao pleno sobre a existencia de solicitudes de comisións de servizo para o noso centro e que se atopan pendentes das resolucións.

Acórdase por unanimidade solicitar a Xerencia información relativa ao posicionamento da mesma ao respeito de ditas comisións.


VI.Celadores.

Sol Barreiro informa ao pleno do apoio dos celadores da área de Santiago e de Pontevedra a unha posible reclamación de celadores dende o Hospital do Sálnes.

Acórdase de xeito unámime agardar a reunión coa xerencia que terá lugar a continuación e na que se informará ao comité de empresa sobre a previsión de ampliación da planella do centro e a incorporación de celadores.











Sendo ás 12:25hs estando prevista a reunión con xerencia para as 12:30hs ao abeiro do regulamento do Comité de Empresa os puntos que non se trataron no pleno serán incorporados de xeito ordinal non próximo pleno.


En Vilagarcía de Arousa 09 de Abril do 2008.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández

(Presidente do Comité de Empresa)

Asdo. Felipe García Calvo


(Secretario do Comité de Empresa)



ACTA VIXESIMOQUINTA, COMITÉ EMPRESA HOSPITAL DO SALNES


Asistentes

Patricia Alonso Alonso (UGT)
María Sol Barreiro Pulido (CCOO)
Lidia Costa Cruz (D.S CIG)
Juan Carlos García García (CIG)
Felipe García Calvo (UGT)
Antonio Ramón González Campaña (UGT/D.S UGT)
María do Rosario Iglesias Santiago (CCOO)
Celia María Iglesias Franco (CCOO)
Andrea Mariño Álvarez (UGT)
Rafael Martinez-Almeida Fernández (UGT)
Concepción Sánchez Tomé (D.S CCOO)










Convócase pleno extraordinario do Comité de empresa da Fundación Pública Hospital do Salnés con data 11/06/08, ás 10:00 hs. na sala de sesións coa seguinte orde do día:

I. Lectura e aprobración, se procede, das actas XXII, XXIII, XXIV.
II. Comisión seguimento obxetivos.
III. Vacacións e permisos.
IV. Valoración do estado da petición de celadores.
V. Traslado pacentes ao CHOP durante época estival.Sala observación ubicada en rehabilitación.
VI. Praza saúde laboral. Risco lactación.
VII. Gardería.
VIII. Rogos e preguntas.









I. Lectura e aprobración, se procede, das actas XXII, XXIII, XXIV.

Aprázase por unanimidade dos asistentes a lectura e aprobación das actas ao vindeiro pleno da xunta de persoal.


II. Comisión seguimento obxetivos.

Tras debate plenario acórdase por unanimidade a solicitude á xerencia da creación en forma, da comisión de seguimento de obxetivos encargada da deficinición e valoración dos obxetivos do cadro persoal facultativo.




III. Vacacións e permisos

Dado que non se produciu resposta da dirección a proposta de cadro de permisos elaborado dende a xunta de persoal, acórdase por unanimidade solicitar reunión urxente á dirección no prazo dunha semana para abordar este punto pendente.


IV.Valoración do estado da petición de celadores.


Toma a palabra Jaime Grande comunicando que a xerencia mantivo reunións por separado co CEMSATSE, CIG e CCOO no tocante a reclamación de celadores. Informa ao pleno solapándoo co punto seguimente da reclamación do CEMSATSE no tocante ao reforzo da area de urxencias e a dotación de persoal específica para a área de observación sita na área de rehabilitación, indicando que durante a negociación dende a xerencia se lle informou que a dotación persoal desa sala proviría do cadro de persoal da área de urxencias.


Toma a palabra Celia comunicando que a xerencia mantivo reunións por separado con cada organización sindical, nas cales lle esixiron a manifestación por escrito de que as funcións de celadores non se ían a desenvolver por parte de ningunha outra categoría profesional. Manifesta tamén que para a CIG, CEMSATSE e CCOO os 18 celadores non son suficientes para dar cobertura a tódolos servizos e que continuaran coas mobilizacións coa intención de aumentalas.

Toma a palabra Rafael Martinez manifestando que co acordo asinado pola UGT coa xerencia se garante non so a incorporación da categoría de celadores en Outubro, se non que tamén se consolidadaran 13 postos de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, ademais de garantirse a cobertura a tódolos servizos e coa intención de ir aumentándose o número de celadores

Sendo ás 11:55hs ten un receso de 15 minutos a petición de CIG, CEMSATSE, CCOO.

V.Traslado pacentes ao CHOP durante época estival.Sala observación ubicada en rehabilitación.

Toma a palabra Juan Carlos plantexando a necesidade de pedila distribución de cadro de persoal e cargas de traballo durante o período estival, onde figure a dotación de persoal precisa e os criterios de traslados. Acórdase por maioría achegar dita petición a dirección do centro.



VI. Praza saúde laboral. Risco lactación.


Os membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral informan que finalizou o prazo de solicitude por parte dos traballadores da praza de saúde laboral, habiendose recibido unicamente unha petición, a pesar do esforzo realizado para dar publicidade á convocatoria da praza.

Devandita solicitude parece que non cumpre os requisitos para a concesión da praza de saúde laboral por motivos inherentes ao propio traballador e ademais este xa se atopa traballando na área ambulatoria, onde se ubicaria a praza de saúde laboral.


Este asunto será tratado no seo do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, pero adiantan que se pactou coa Dirección, a proposta dos delegados de prevención, o manter aberto indefinidamente o prazo de solicitude.


En canto á concesión de baixas laborais por risco durante a lactación, infórmase que novamente se están denegando.

Actualmente non consta ningún documento emitido pola empresa Norprevención coa denegación do risco.

O INS respondeu aos traballadores afectados que o informe da mutua sobre a valoración de riscos, especialmente o biolóxico, non era detallado, polo que segundo informa Lida e Jaime, o INS pediu un informe ao servizo de prevencion de Pontevedra e a Norprevención sobre os riscos.

Solicitarase unha reunión do Comité de Saúde e Prevención con Norprevención e coa Dirección e logo verase a implicación do Comité de Empresa.

Charo expón que como Delegada de Prevención só lle deron as horas da reunión e pedira 7, o resto descontáronllas do seu credito horario sindical

VII. Gardería.

Andrea expón a posibilidade de abrilo pola tarde. Recoñece conversas coa Dirección e que esta podería ser favorable á formulación de abrir a guarderia en quenda de tarde contratando a dous profesionais máis.

Xorde o debate sobre a variabilidade do horario para adaptarse ao traballo a quendas.
Isto poderíase resolver cun custo adicional incrementado á tarifa dunha soa quenda que permitise aos pais dispor da posibilidade de alternar ambos os horarios.

Xorde o debate sobre o numero de solicitudes e traballadores afectados pola medida, reconociendose que a maior parte do persoal que leva aos seus fillos pola mañá poderían verse beneficiados ademais de novas incorporacións ao cubrir mellor as necesidades co incremento de horario.


VIII . Rogos e preguntas


Non hai rogos nen preguntas



En Vilagarcía de Arousa 11 de Xuño do 2008.


Asdo. Rafael Martinez-Almeida Fernández

(Presidente do Comité de Empresa)

Asdo. Felipe García Calvo


(Secretario do Comité de Empresa)

6 comentários:

Anônimo disse...

os habeis saltado el acta XXIV y con estilo olímpico.

Anônimo disse...

que ocultareis en el acta 24

Felipe García Calvo disse...

A acta XXIV someteuse a votación no último pleno, recibindo 3 votos a favor 3 en contra e 4 abstencións.

Anônimo disse...

FELIPE, IMOS CONTAR MENTIRAS...

Anônimo disse...

En vez de explicar lo de los votos, ponla y punto, un error lo tiene cualquiera, hasta los jefes y están ahí.
Pero así se crean más desconfianzas.
Por cierto ya que esto es el gabinete de prensa del hospi, ayer salió una noticia de lo bien que va la obra y pocos pacientes trasladados y normalidad en el asunto. Se nota que ya llegó Soler de vacaciones, lo primero que hace es sacar una noticia positiva, "antes de que me ataquen, me defiendo". Pero escusarte de algo antes de que te ataquen ... qué tendrás que ocultar? Si todo va bien y no hay problemas, eso no es noticia, sería lo normal.

Felipe García Calvo disse...

As actas do Comité de empresa aprobánse por maioria dos asistentes.

A XXIV non obtivo os votos suficientes, polo que non está aprobada ergo non se pode publicar.